lunes, 5 de julio de 2010

O medievo ponteareán, introducción

Este longo período historico que abrangue dende a caida do imperio romano ala polo 476 d.C (aínda que en Galiza poido empezar antes coa chegada dos xermanos encavezados polos Suevos no 410), ata o descubrimento de América 1492.
Esta longa fase da historia deixou no concello unha forte pegada das diversas culturas que por estes lares pasaron, chamandose estas terras co nome de Toroño ou Toronio, xa que aparece no século XIII nos foros de Tui que o castelo do Sobroso estaba nesas terras. Tamén nos deixou personaxes ilustres como o trobador Xoan García de Guillade, natural de esa parroquia na que naceu no S.XIII.

Da primeira étapa xermana foi atopado cerca da antiga Vila Romana de Angoares un sillar de pedra con liñas entrelazadas, seguramente Sueva ou Visigoda. Sabase tamén que Areas ou Aureas pertencia o obispado de Tui o ser nomeada no concilio Lugo do 569.

Coa conquista musulmana temos restos desta civilización nos redores do concello, concretamente entre Cans e Couso, onde no emblematico penedo de Betoven hai restos dunha pequena fortaleza arabe, o cal o resto máis claro e a bañeira cavada na pedra xunto os muros do fortin.

Xa de novo en poder cristián estas terras sabese que entorno o século IX as terras cercanas o Tena (Tea) foron doadas as terras Composteláns.

Apartires do século X xa abondan máis os restos, sobre todo da arquitectura relixiosa, pois sabese que as igrexas de Angoares, Cumiar, Padróns, Moreira, Paredes, a Capela de San Gregorio e capela de Cillaga súa orixe situase entre os séculos X e XV, sendo a máis importante a de angoares o ser a unica de Galiza que conserva na súa forma a cruz látina.

Outros restos notables desta época som os castelos, sendo o máis destacado o do Sobroso, construido ala polo siglo IX, sendo dos máis antigos da Galiza. A este posiblemente se lle poderian engadir dous máis, o da Picaraña, aínda que súa ocupación foi moi curta e nom quedan restos visibles pero si escritos. Tamén coñecese outra posible torre na parroquia de Nogueira no barrio do Castelo, posiblemente destruida na revolta irmandiña da que tampouco quedan restos visibles a simple vista.

Tamén se arreglaron outras estructuras coma a Ponte dos Remedios no século XIII e posiblemente a das partidas, asi coma a ponte medieval do Cabalon en Angoares.


Debuxos tallados en pedra da época medieva atopados na igrexa de Angoares

Patrimonio en perigo, O Monte do Castro (Prado)

O xacemento castrexo do Monte do Castro, na Parroquia de Prado, atopase en grave perigo polo avance descontrolado da canteira que fai perigar o recinto a desaparecer, na súa cara este atopase apenas a dez metros do seu parapeto defensivo.

Este xacenmento que xa estudaremolo máis adiante atapase nun lugar privilixiado estratexicamente, xa que dende el divisase a principal curva do Río Tea, divisandose case a totalidade do val do Tea ata a súa desmbocadura no Miño e ata case Mondariz río arriba. Conserva restos notables pese o seu deteriodo, como seu perfecto parapeto defensivo na cara este e restos de muros semi-aterrados.

O recinto foi limpado fai pouco tempo deixando estes claros restos o aire libre, polos cales podese case datar que foi construido en período romano. O que poida visitar este extraordinario recinto castrexo cas suas fermosas vistas o val, podera ver que nun principio ten os seus dias contados, xa que como outros moitos patrimonios sera absorvido pola codiza humana perdendose na historia sen tan sequera ser estudado, como se nunca existise.

Dende aqui voltase a denunzar e protestar por esta criminalización do noso patrimonio máis antigo abusado e despreocupado da man dos mandatarios.




martes, 29 de junio de 2010

Actualidade, noite de San Xoán


Fotos dunha fogueira veciñal en Ribadetea.
De novo o 24 de xunio na que se considera a noite máis curta do ano ,Galiza igual que moitisimos rincons do mundo celebrou a noite máxica do solsticio de veran, coñecida en occidente polo nome San Xoán.

Esta tradición antiquisima nos ven como herenza dos celtas en esta zona, onde bailando o redor da fogueira nun grabn banquete daban paso a estación do bo tempo e expulsaban o meigallo dos trasnos do inverno.

No concello prendoronse decenas de fogueiras recordando esta tradizom dos nosos ancestros, o mesmo tempo surxiron novos rituais como a tradizom de comer sardiñas, facela queimada, saltar a fogueira ou queimar nun papel o que máis odie cada un, e decir expulsar os trasnos como facian antaño. Dende aqui e un pracer ver como aínda unha tradizom tan fermosa sigue viva.

Ponteareas romana, introducción

Solar no que se ubicava a Vila Romana de Angoares
Ponte Das Partidas

Capitel tardorromano no cruceiro de couso, Gulans.

Neste periodo historico que abarca dende o século I d.C ata mediados do V d.C, e a transición entre o mundo castrexo e o mundo romano, o cal tivo en Galiza unhas pecualidades na chamada romanización que se caracterizaron nesta zona xeográfica chamandose co nome de Cultura Galaico-Romana.

Despois da conquista definitiva romana destas terras, posiblemente entre o 26 a.C e 19 a.C, os romanos foron impondo suas costumes e idioma pouco a pouco entre os indixenas galaicos, pero deixando unha certa marxe a cultura autóctona, desta forma segurironse construindo novos castros como mostran algúns dos redores como A Croa (Ribadetea) ou Altamira (Taboexa), contruidos en perido romano.

No que infunde a Ponteareas, aparte dos castros de época romana temos moitos máis restos importantes da pegada romana aínda que como sempre pouco estudados e con pouco interese por estudalos.

O máis importante para o estudo deste periodo sería a Vila Romana de Angoares, a cal súa importanza na época deveu ser importante, facendo tal vez de rexentadora das terras de casi todo o val do Tea. Súa ubicación estaria xusto onde se atopa hoxe en día o solar da igrexa parroquial de Angoares, onde se atopou o hipocausto (sistema de calecfacción da época) ademais de importantes restos coma tégulas, moedas, ladrillos e restos carbónicos.

Outros restos moi importantes no concello som as pontes, nas que seguramente oubo tres na época, serián as duvidosas dos Remedios, a Das Partidas e a desaparecia de Cons. Esta última perdeuse súa ubicación, posiblemente estaria entre Pias e Fozara con Padróns, hai quen di q seus restos estan debaixo da Ponte de Caneira, Fozara. As outras duas nos chegaron a hoxe moi modificadas dende o medievo ou ata máis tardios.

Tamén atopouse un tesoriño de moedas en San Mateo, nunha anforiña.
Por último destacar o capitel tardorromano que esta actualmente nun cruceiro do barrio de Couso, Gulans. Este din que foi atopado no monte de San Cibran.

miércoles, 16 de junio de 2010

Actualidade: Habilitación e limpeza das mámoas de A Armada, Mondariz

O concello de Mondariz toma unha boa iniciativa de conservar seu patrimonio limpando e habilitando as mámoas de A Armada, no parque de Carballo da Armada, cercans o campo de fútbol entre Mondariz e Queimadelos. Primeiro imos especificar que é unha mámoa para os que lles soe pero descoñezan o orixe destes monumentos funerarios Prehistoricos.

Mámoa: como bem dixen arriba as mámoas som monumentos funerarios Prehistoricos do Neolítico, esta cultura funeraria estendeuse por toda Europa coñecendose como o "Megalismo", tendo gran auxe na Galiza entre o 4.500 a.C e o 2.000 a.C. Hai varios tipos de manifestacións deste tipo, estan as "mámoas ou túmolos" que som as que se atopan enterradas pero sobresaltando o terreo e os "dolmens ou antas", que quedan coa estructura petrea o aire libre.
Nestes munumentos enterraron os antigos poboadores destas terras, os cales eran nómades e vivián en clans pouco númerosos. Nom se conservan restos humanos pola acidez do noso solo, pero si materias personais dos individuos enterrados.
Sinonimos ou toponimias que refirense a restos de mámoas ou dolmens som medela, madroa, mouro, pedra dos mouros...

Com esta habilitación das mámoas da A Armada o concello de Mondariz amplia súa rede de conservación do seu patrimonio máis antigo. A estas hai que engadir as xa conservadas de Gargamala, que se encontran nos redores do seu pastizal e onde se conservan tamén estacións de petroglifos tamén Neolíticos.

Como chegar: Chegar a este recinto arqueoloxico e moi doado, estando unha vez en Mondariz pobo coller a carretera que vai a Queimadelos e Meirol, pasando polo campo de futbol. Unha vez pasado o campo de futbol a uns 300 m a altura do parque de Carballo da A Armada as mámoas atopanse no lado dereito da carretera. No lugar hai carteis informativos do recinto.


Natureza e fauna: Parque do Castelo do Sobroso, carcere miserable e penosa de animais.

Critica e a situazóm na que viven os poucos animais que aínda mal viven no parque do Castelo do Sobroso. Tan só quedan un par de avestruces e burros, que viven na penuria e nun entorno carcelario e miserable. A vexetación cubre case todo seu habitat cerrado, a iso añadir o derrubamento de varias estruccturas de madeira e o deteriodo das que aínda quedan en pé, todo nunha soledade total e avandono.

Nom me quero imaxinar como sera a alimentazóm destes pobres animais, presos da man máis despreciable do ser humano. Aparte se atopan no contorno dun dos patrimonios máis significativos da zona, o Castelo de Sobroso, polo que calquer visitante que se acerque pode contemplar a vergoña que é este concello. O que nom entendo e como ata agora ningunha defensora dos animais denunciou esta "animalada".


jueves, 25 de febrero de 2010

Parroquias: Ribadetea, entre o val e a montaña

Estado ruinoso da casa do gardabosques, O Viveiro (Ribadetea)

Río Tea a altura da Croa, nas cercanias do castro.

Penedo da Cruz
Vista de Ribadetea e o val do Tea onde se asenta

Ribadetea e unha parroquia que se atopa entre as orillas do río Tea e as faldas da Serra do Galleiro, a 2 km de Ponteareas. A poboación roda os 1.000 habitantes é concentranse en núcleos no val, mentres que pequenos núcleos dispersos espandense polas faldas do Galleiro (Cillarga).

Súa demografía aumentou considerablemente nas decadas dos 90 e principios do 2000 grazas o crecenmento de Ponteareas e a cercania a capital do concello. Tubo unha industria significativa nesas decadas dentro do concello, que agora atopase en retroceso xa que as suas míticas fabricas coma a Ceramica, Avigan e a Serreria encontranse nestes momentos pechadas.

En canto a agricultura esta presente pero de forma significativa, os antigos campos de millo foron subtituidos polos cultivos de vide e patacas, e dende fai pouco añadir tamén o kiwi. A ganderia case esta desaparecida, quedando viva practicamente só no barrio de Cillarga (caprina) e nagunhas granxas de coellos e polos.

Esta parroquia conta con rico patrimonio natural e histórico, pero en estado ruinoso e roldando a desparizom, quedando só conservado o patrimonio relixoso. Neste campo destaca a igrexa parroquial (principios do XX), a capela de Cillarga (finais da Idade Media), capela da Santa Cruz (seculo XVI) ou o cruzeiro de Ribadetea.

Destacar aparte do patrimonio relixioso os restos do castro da Croa, a orillas do Tea, co cal se demostra que as terras de Ribadetea xa esaban pobladas dende a Idade de Ferro. Tamén a casa do gardabosques, no lugar do Viveiro de principios do XX, en estado penoso e ruinoso. Asi como 12 muiños arruinados, e na zona da Casa dos Mouros, onde posiblemente existiran mamoas polo seu topónimo, o mal estado do monte e seu abandono e explotazom forestal e canteira descontrolada.

En canto a lendas e folclore destacar a lenda do Penedo da Cruz, o cal ten unha cruz enriba de pedra. Esta segun di a lenda foi "colocada pola virxe mentras tiña o meniño Xesus no colo e tecia". Decir que a explicación deste feito e que durante a guerra de independenza contra os franceses polos redores do penedo sería fusilado un oficial frances ala polo 1.810, e como honor a sua morte se colocou a cruz no penedo.
Tamén se di que na curva do río Tea na zona da Croa (frente xusto do castro), hai unha onza de ouro debaixo das augas do río, claramente esta lenda ten como protagonista o castro xa que antigamente os castros eran considerados lugares onde abundaba o ouro enterrado.

Personaxes ilustres: Reveriano Soutullo Otero (1880-1932)


Reveriano Soutullo foi un famoso compositor de zarzuelas que nace en Ponteareas no ano 1880, aínda que tamén se dice que nace en Redondela nunha visita que sua nai fai a uns familiares.

O seu pai dirixia a banda de música de Redondela, polo que sempre tubo o mundo da música moi cerca. Con 19 anos marchouse a estudar música a Madrid, primeiro nun conservatorio gañandose a vida tocando o cornetín. Logo fixo a proba de asceso ao curso de armonía e composición, onde nesta última deronlle un premio extraordinario, algun dos seus mestres foron os famosos Arin e Fontanilla. Tamén e por esta época cando por culpa dunha infeczom de oido quedase medio sordo.

No 1906 voltou a Vigo onde recibiu unha beca pra estudar no extranxeiro, entrando en contacto con compositores italians, alemans e sobre todo franceses. Despois da sua andadura por Europa volta a Madrid onde empezaria a centrarse nas zarzuelas, compoñendo algunhas famosas coma Amores de aldea.

Xunto o valencián Juan Vert forma un famoso tándem entre 1919 e 1932, onde compoñerian grandes éxitos como La del Soto de Parral, La leyenda del beso o El último romántico. Juan Vert morreria no 1931 a causa dun infarto.
Reveriano Soutullo morreria tamén pouco despois, tan só un ano máis tarde que Juan Vert. A causa da sua morte seria unha complicazom nunha operación de oido, no 1932. Nos 52 anos de sua vida deixou grandes composicións coma o famoso pasodoble Ponteareas, Suite Vigo o La leyenda del beso que seria máis tarde utilizada por Mocedades.

Prehistoria: Introducción


Nesta sección estudarase e verase a nosa historia máis pasada, dende os primeiros poboadores deste concello ata a primeira cultura propiamente dita.

Primeiro habera que dividir nosa prehistoria en dous apartados, o Paleolítico e o Neolítico. O primeiro abarca o longo tempo dende os primeiros poboadores, e a segunda abarca dende que o ser humano empeza a traballar a pedra e os metais, aparte de empezar a sembrar as terras de forma estable nun lugar e coidar do gando.

Do Paleolítico atoparonse utensilios cos cales demostrase que por estas terras anduberon clans nomadas ala polo 15.000 a.C, ou mesmo anteriormente. No Neolítico desarollanse en Galiza duas correntes moi cotidians en case todo o territorio, tratase do Megalismo e a Arte Rupestre, tamen coñecidos como a cultura da mamoas ou dolmens e a cultura dos petroglifos.
Por desgraza no concello o contrario que nos redores apenas quedan restos destas duas culturas, aínda que hai unha gran falta de investigazom e estudo.

Neste apartado tentarase de estudar e ver os poucos restos conservados e investigar posibles restos novos atopados polo autor.

Cultura Castrexa: Resumo da Cultura no concello


Castro de Troña, Pias.


Restos da muralla do Castromao, Cumiar.


Restos de muros da Cidade de Caneira, Fozara.

Dende finais da Idade de Bronce, abarcando toda a Idade de Ferro e mesmo despois da primeira conquista de Galiza militar por parte dos romanos, o pobo Galaico desembolveu unha cultura diferente do resto da Europa Occidental, A Cultura Castrexa.

A principal característica desta cultura son os seus poboados ou castros, recintos moi bem protexidos naturalmente e artificialmente con foxos, parapetos e muros. Soen estar situdos en outeiros cerca dos vales e o material de construcción que soian utilizar era a pedreria.

Esta cultura abarca máis de mil anos e deixou unha forte pegada no noso concello, rexistrando asi unha alta densidade de castros, os cales a maioria encontranse aterrados e en perigo de desaparecer. No concello contabilizanse máis dunha vintena case só pola toponimia conservada e nom e descarta que haxa máis.

Según os historiadores, seguramente neste val o igual que en todos os arredores estaria habitado pola tribu dos Grovios ou Grovis, a cal sua capital estaba en Campillun Tide (nalgun lugar cercano a actual Tui, seguramente a máis antiga no alto do Monte Aloia).

Case todos os castros ponteareáns presentan síntomas de estar moi romanizados, polo cal serian da etapa máis moderna da cultura. Pero alguns como o máis coñecido e mellor conservado, o castro de Troña, atoparonse restos de estar xa habitado ala polo século V a.C.

Neste apartado estudarase e veranse o estado dos castros pontareáns, todo de maneira amateur polo autor pero da forma máis seria posible.

Benvidos o novo blog de estudo e actualidade da historia pontearean

Este blog e publicado por unha persoa a cal nom o só fai pra manter a historia viva de Ponteareas, senom para que todo o que queira velo vexa tamén o deteriorado que esta o noso rico patrimonio natural e historico. Este concello esta situado nun sitio privilexiado para o florecer da vida, polo que nosa historia abarca dende a prehistoria ata os nosos diás, deixando un rico patrimonio en perigo e o cal case todos os habitantes deste concello descoñecen. Por iso vos invito pouco a pouco a coñecer o nosa historia artistica e natural, asi veremos en que estado penoso se atopa. Graciñas e espero que disfrutedes lendo este blog. J.Z.P