Mostrando entradas con la etiqueta O Condado. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O Condado. Mostrar todas las entradas

jueves, 4 de junio de 2015

Paisaxes do Condado



Dende Guillade (Ponteareas) no Val do Uma vistas os Montes da Paradanta
Vía cruzis nun dos cumios do monte da Picaraña (Ponteareas), antigamente un santuario pagán.
Vista a Vilasobroso (Mondariz) e o fondo fondo Serra do Faro de Avión (teito de Pontevedra) en terras de Covelo.
Vista as parroquias San Lourenzo de Oliveira e Cumiar (Ponteareas) e o fondo Montes da Paradanta.
Lúa chea no monte Picaraña, cos Montes da Paradanta o fondo.
Últimos raios de sol sobre o perfil da Serra do Galleiro cos cumios Monte do Castelo e Salgueirón, e no val a noite xa cae sobre a parroquia de Ribadetea (Ponteareas)
Ponteareas noccturna dende o monte Picaraña.







lunes, 9 de marzo de 2015

Mondrico, da fundación de Mondariz os paquetes de tabacos Celtas

Mondrico, un antigo nobre de orixe xermano do Reino Suevo da Gallaecia, apodado "O Bravo" foi segundo a lenda o fundador de Mondariz nos tempo do rei Resismundo fillo de Maldrás (que realmente encaixaria co o rei Remismundo). Este articulo esta basado no libro "Lendas, contos e outros relatos de Mondariz e o Balneario" escrito por Xoan Xosé Pérez Labaca.

Imos resumir un pouco esa lenda e que nos conta no seu libro Labaca, aínda que esta mezcle datas e etapas históricas, pero o interesante aparte da lenda e que se mezclamos o nome de Mondrico coa terminación que ben do xermano -iz (que posiblemente significa pertenza ou de alguén) nos sae  Mondariz, ou como di a lenda antigamenente, "Terras de Mondrico".

Mondrico era fillo de Andrico e Tornela, que residían na capital do Reino Suevo, Braga, os dezaoito anos decidiu participar en apoio a corte de Braga contra as revoltas Aunensis, a cal no libro segundo a lenda data no 561, data que para encaixala na historia habría que quitarlle 100 anos e situala no 461 durante o reinado de Remismundo. Aquela revolta fora provocada o parecer por antigos aristócratas galaico-romanos que non querían perder seus privilexios das terras ante o dominio suevo, o lugar da revolta foi probablemente nas terradas dos redores da antiga cidade de Tui, inda que algúns estudosos a sitúan na zona de Ribadavia, eu persoalmente ata engadiría a posibilidade do val do Tea.

Remismundo, rei da Gallaecia do 459 o 469.

O certo e que a Mondrico foille moi ben na loita e unha vez que conseguiron sofocar a revolta, foille concedido o privilexio nobre de poder levar sempre en calque lugar a espada no cinto, escudo redondo e casco. Despois disto Mondrico coa súa xuventude e valentía viva andivo pola Gallaecia dun lugar a outro na procura de aventura. Rematando no que na lenda chama Varda (A Guarda), onde namorouse da filla do gobernador desas terras Garderico, a fermosa Sabaxiana, a cal xa estaba prometida o gobernador das terras do val do Tea, Antróñico, o cal gobernaba dende o antigo castro de Tróñica (Troña).

Polo seu estatus de ser o máis nobre dos que se atopaba na Varda, seu gobernador Garderico mandoulle levar súa filla Sabaxiana ata Troña, para ser tomada por seu prometido Antróñico, isto partiulle o corazón a Mondrico, pero por súa nobreza decidiu aceptar a levala. 

No camiño fixeron noite na zona das Gándaricas de Budiño (Gándaras de Budiño), onde ambos uniron súas ialmas. Retornado o camiño a Troña seu amor fíxose real, e o chegar Mondrico cegamente namorado retou a Antróñico polo amor de Sabaxiana. Este indignado maldeciuno, pero como tiña condición de nobre tivo que aceptar seu reto, pero coas súas condicións. 

Segundo a lenda Mondrico tiña que derrotar dous dos seus máis feros guerreiros, e despois se sobrevivía a el nunha loita sen casco nin escudo, de conseguilo o millor tirador de fonda de Troña lanzaría unha pedra e a dúas distanzas máis lonxe do tiro podería asentarse con Sabaxiana. A loita foi feroz pero Mondrico conseguiu vencer a ambos guerreiros e despois o propio Antróñico, o cal coa súa espada na cabeza perdonou a vida pola súa nobre decisión de aceptar o reto.


Mondrico e Sabaxiana foronse dirección a pedra e chegaron a un lugar onde unha fonte clara de augas cristalinas, onde Mondrico bebeu e despois berrou cos brazos o ceo, "¡aquí neste sitio, quédanse Mondrico e Sabaxiana! ¡esta fonte deitará auga para min e para os meus! ¡estas son, dende agora, as miñas terras! ¡Terras de Mondrico!"

Mondrico asentouse o parecer na zona do Castromao, nos redores de Mondariz na estrada que vai do colexio a antiga Ponte de Cernadela. A seu asentamento achegaronse algúns guerreiros os cales levaron tamén súas familias creando un prospero núcleo de poboación.  Mondrico fecundou unha estirpe, a cal en tempos de San Martiño de Braga (Martiño de Dumio) por intervención directa deste converteuse o catolicismo. De Mondrico segundo conta Labaca surxíu este cantar popular nestas terras:
Esta é a terra dun home
que loitou por ser feliz
terra de Mondrico, O Bravo,
fundador de Mondariz.

Na foto lugar actual do Castromao.

Desta lenda de Mondrico e a fundación de Mondariz, e de destacar de forma interesante un aporte que engade Labaca, o cal di que nos anos vinte do século pasado escavando Pericot e Cuevillas na zona do Castromao de Mondariz atoparon a figura esculpida de Mondrico. Esta nun principio foi depositada no museo Etnográfico de Pías (Pías, Ponteareas), onde perdeuselle posteriormente a pista para logo ser topada na posesión dun boticario catalán coleccionista no ano 1954, morrendo este sen descendencia perdendose de novo súa pista. Agora sábese con certeza segundo Labaca, que se atopa nunha colección privada dun acaudalado americano en Sausalito, San Francisco (EE.UU), unha magoa pero isto por desgraza non e estrano co noso patrimonio galaico.

Pero o curioso, e que a figura de Mondrico serviu de modelo pola mala información ou documentación de algunha persoa, a cal pensou que era celta e non de estética xermana como modelo ilustrado dos paquetes de tabacos Celtas, antiga marca de Tabacalera S.A. Non e fascinante a onde chegou Mondrico!


viernes, 22 de agosto de 2014

Fauna do O Condado

Millafre Real (Milvus milvus)
Esta ave rapaz e das que máis se ve na nosa zona, non e doado distinguilas na natureza por exemplo do millafre negro ou mesmo do falcón. Soese confundir muito co famoso “gabián” (falcón). Foto sacada en Meder, Salvaterra de Miño. 



Cobra de Escaleira (Rhinechis scálaris)
Esta cobra só atopase na Península Ibérica e nas costas francesas mediterráneas, as femias poden chegar o 1,50 m pero seu tamaño normal e medianeiro, non e velenosa. Destaca por ter unha decoración nas escamas escura por arriba con forma de escaleiras, de hai o nome. Fotografada na Serra do Galleiro, Ponteareas.



 Corzo (Capreolus capreolus)
Inda bastante común nas nosas serras e ribeiras dos ríos este cervido, este en cuestión case escapáseme do obxetivo polo discretos que son do ser humano. Soen andar en parellas sempre e este, o estar só aínda fai pensar que aínda sexa novo. Fotografado no lugar do Viveiro, Ribadetea.


Eiruga ou larva
Inda que non pareza, este insecto tratase dunha eiruga cunha especie de caparazón que ben sendo unha pel dura, na cabeza pódese ver millor súa característica de eiruga coas súas antenas. Fotografada na Serra do Galleiro, Ponteareas.



miércoles, 14 de mayo de 2014

Os Pasos de Tantín, un ancestro paso no Tea

O longo dos séculos a vida prosperou a ambas ribeiras do val do Tea,  transformando este nun insólito paraxe natural e histórico, cheo de patrimonio, historia, lenda e como dicimos algúns, máxico.  Pero un dos problemas que toparon os ancestros poboadores destas terras foi a forma de cruzar a fronteira natural do Tea dunha ribeira a outra, para elo sabemos que os romanos construíron unha serie de pontes como o de Cernadela ou as Partidas, e moi probablemente tamén o das Cons e dos Remedios. Pero a pregunta ben máis alá, como fixeron os anteriores para vadear as augas do Tea, pois temos importantes castros a ambos lados do cauce anteriores a conquista romana como o de Troña ou a Cidade de Caneira, como puideron facilitar o paso para ir de un poboado a outro, ou xa anteriormente.

Entre os concellos de O Covelo e Mondariz, no lugar de Foxaco, pode que se conserve inda perfectamente un destes “pasos” ou “poldras” que eses poboadores puideron construír e utilizar para facilitar a comunicación entre ambas ribeiras do Tea.
Os pasos de Tantín atópanse nun fermoso paraxe encaixado nun val cerrado sobre o Tea, esta formado por máis dunha véntena de pedras perfectamente talladas e suxeitas baixo as augas do Tea de forma seguida unha detrás da outra.

Co paso do tempo estes pasos non só foron utilizados para vadear o Tea, senón que tamén pasaron o uso pesqueiro en forma similar as pesqueiras, sobre todo para a pesca da afamada lamprea do Tea, troitas ou ata salmóns, facilitando así a importante base económica que existiu no Tea con respecto a pesca fluvial. Aínda só fai un par de décadas podíase ver case a diario xentes da zona cruzando con seu gando polos pasos.

Muitos estudosos dos pasos aseguran seu orixe romano, pero outros o levan ata o neolítico, a aqueles habitantes que construían monumentos funerarios como as famosas mámoas, cousa que simpatizo con ela. No lugar tamén atopase un muíño en bastante bo estado nesta fermosa paraxe (como outras muitas que temos na ribeira do Tea) que fan que aparte de sitio histórico e natural, danlle un toque de máxico.


FICHA TÉCNICA

Tipo de ben:  Ponte ou paso fluvial   
Lugar: Foxaco, Mondariz-O Covelo

Cronoloxía: Descoñecida, inda que algús a situan no periodo romano ou anteriormente dende o neolítico.                 

Estado de conservación: ben conservado.
Entorno: O lugar atopase nunha fermosa paraxe nun cerrado val sobre o Tea, conserva tamén un muíño.

COMO CHEGARDe Mondariz pobo coller a estrada que vai cara Lougres e O Covelo, a uns 3 kilometros despois de subir pola estrada na zona alta, a man esquerda na entrada dun camiño esta senalizado cunha sinal de cor marron. Baixar ese camiño de terra ata o río.

martes, 11 de marzo de 2014

Memoria da Terra, tras os pasos do lobo na Serra do Galleiro

Con este vídeo presentamos no You Tube unha serie de pequenos capítulos de varia temática, como patrimoniais, arqueoloxíí ou fauna. Aquí este primeiro (inda que xa existen outros pero sen este título) co tema da procura do rei dos nosos montes, o lobo, pola Serra do Galleiro.


martes, 27 de agosto de 2013

Os ratos encántanlle o ratibrón

Hoxe 27 de agosto do 2013 na miña parroquia, Ribadetea (Ponteareas), o noso monte voltou sufrir e chorar por mor duns mensaxeiros da morte que aínda utilizan a lei do salvaxe oeste as costas de todos os veciños, tratase da Comunidade de Montes de Ribadetea.

Despois do conflito que vivimos na aldea por mor dos herbicidas actualmente, onde a CC.MM, a AA.VV e outros colectivos da aldea como das augas defenderan fumigar con herbicida nunha parcela de mais de 12 Ha no noso monte, mentres os veciños nos opuñamos a esa barbaridade, hoxe nos espertamos sabendo que estaban fumigando eles mesmos co herbicida Garmón GS (que só o poden aplicar empresas especializadas) nun corta fogos entre Cillarga e Mouro.

A CC.MM de Ribadetea herdeira dese caciquismo primitivo do rural galego, decidiu por súa conta como se do salvaxe oeste se tratase sen nin sequera falar cos veciños fumigar a maquina de sulfatar de forma totalmente desprevida os nosos montes.  

Pero como na última vez, madrugadores e comprometidos como verdadeiros heroes da aldea, algúns veciños voltaronse pegar o madrugón e subiron as saías da Serra do Galleiro, no lugar onde estaban “traballando” para protestar, podendo gravar un vídeo co que se abriu unha denuncia contra os responsables desa barbaridade.

Nese vídeo pódese ver un señor xubilado da CC.MM de Ribadetea cunha maquina de sulfatar as costas (maquina da morte) e tres operarios dos montes, os cales son uns mandados (xa seguramente teñen bastante con aguantar os demos). A tan só 35 Km do maior incendio da Galiza neste momento, sen cercar o monte e sinalizar o veleno, sen ningún tipo de protección nin traxes, utilizando desbrozadora nesta época, sen permiso... se pode ver no vídeo certo señor da CC.MM, xubilado fumigar coa sulfatadora herbicida, mentes os operarios cortan eucaliptos e os recollen.

O vídeo da muita pena e impotencia, amin persoalente que estou moi lonxe me parte un anaco da alma, e máis cando se trata da aldea onde creceu e criouse un mesmo, a cal a considero un paraíso. Esperemos que agora os responsables o paguen caro con todo o peso da xustiza. O vídeo podédelo ver no facebook no Grupo de Chentrails Galicia ou O Condado Historia Viva.

Nos arrepiamos cando escoitamos falar de Monsanto e demais, pero neste caso temos os demos na casa, polo que por muito que nos mintan e enganen en Ribadetea deberiamos saber a estas alturas que “o que demo é, demo se queda”. Pero o pior non son eles, senón os palurdos pro-caciques que os defenderan a morte mesmo así, mentres noso monte sufre e chora en silenzo, pero nunca se pode perder a esperanza en Ribadetea, pois se algúns nestes meses cambiaron, tod@s podemos cambiar.




viernes, 5 de julio de 2013

El castillo de Vilasobroso, por fin Bien de Interés Cultural

La Consellería de Cultura ha inscrito esta fortaleza, situada en Mondariz pero propiedad de Ponteareas, en el registro gallego

El castillo de Vilasobroso, situado en el municipio de Mondariz pero gestionado por el de Ponteareas, ha logrado el reconocimiento de Bien de Interés Cultural. La consellería de Cultura ha inscrito la fortaleza en este registro y hoy se ha publicado en el Diario Oficial de Galicia.

El castillo de Sobroso fue declarado monumento en 1949 y su inclusión como BIC fue reclamada el año pasada por el cocnello de Mondariz. La petición logró los informes favorables de la Comisión Territorial de Patrimonio Histórico de Pontevedra.

Se trata de una de las fortalezas emjor conservadas de Galicia y que fue cosntruida entre los siglos IX y XII. Está situada en la ladera del monte de Landín y fue levantada sobre un poblado castreño. Aunque inicialmente fue usada con fines bélicos, posteriormente pasó a ser la residencia de nobles y alcaldes y de los marqueses de Sobroso. Así se mantuvo hasta 1835, momento en el que cayó en abandono. A finales del siglo XIX fue adquirido por el conde de Torrecedeira y en 1923 fue comprada por Alejo Carrera Muñoz, que se encargó de su restauración. En los 80 Ponteareas compró el castillo de Vilasobroso para rehabilitarlo y abrirlo al público.

FONTE: A Voz de Galicia

miércoles, 3 de julio de 2013

Salvemos o Tea, a fonte do noso paraíso esta en perigo

Cientos de personas sufren vómitos tras un baño en el Tea

Un cartel recomendando 'no bañarse' en la Praia do Val de Mondariz desató la alarma

El alcalde de Mondariz, Julio Alén asegura que no hay problema, pero lo cierto es que un verano más, la Praia do Val, bañada por el río Tea, está en el ojo del huracán. Un cartel, colocado por el ayuntamiento porque la normativa y la Xunta así lo exige, alertaba el domingo de que las aguas, tras el análisis efectuado por sanidad 'no son 'recomendables' para el baño'.
Este cartel desató la alarma este domingo en la playa de O Val, abarrotada de gente.
Este cartel desató la alarma este domingo en la playa de O Val, abarrotada de gente.

La causa, según explicaba ayer a este diario el propio Alén, fue 'una avería en una estación de bombeo en Cernadela, pero no hay ningún problema, fue una rotura puntual que ya está solucionada'.

Lo cierto, es que el domingo, más de 2.000 personas abarrotaron esta playa fluvial y algunas de ellas, después de tomar un baño, comenzaron a sentirse indispuestas. Vómitos, diarrea y fiebre, son los síntomas que afectan a más de una decena de personas que se pusieron en contacto con este diario y a quienes los servicios sanitarios, recomendaron tratarse con antibióticos.

El alcalde, insiste: la casuística, en verano y con tanto calor, es muy diversa y no se puede achacar 'así como así' a la contaminación del río. 'La gente vio el cartel y asoció los síntomas, pero la causa puede ser otra y no es lógico ponerle un 'sanbenito' a una playa, yo mismo me bañé el domingo en O Val y no detecté nada anormal y cuando el agua de un río está sucia se ve o se huele', concreta Alén, que pide 'tranquilidad' a los usuarios.

Algún vecino también se comunicaba con este diario para 'protestar' porque 'un solo cartel no es suficiente para avisar a la gente'.

Otros, muy próximos a la zona de Cernadela, coincidían con el grupo ecologista Adenco, que a causa de la rotura de la estación de bombeo 'lo que se produjo fue un vertido de aguas fecales'.

El presidente de los ecologistas, Anxo Saborido indica 'que hay gente más vulnerable que otra, por eso no 'todos' los bañistas del domingo están afectados', y aprovecha para 'exigir' a los políticos que tomen medidas de una vez por todas y doten de saneamiento los núcleos rurales para evitar vertidos de pozos negros al cauce. '¿Cómo pretenden vender turismo, paisaje y hasta un paseo a orillas del Tea, cuando no se cuidan los entornos ni los espacios protegidos?'.

El caudal del Tea es muy variable, indican los ecologistas. Ahora, está bajo. Y hay zonas 'contaminadas'. Si durante varios años seguidos la analítica detecta que una playa no es 'apta' para el baño', deja de considerarse 'playa' y queda sin control sanitario. 'No existe'. En esa tesitura, al parecer, estrían las de Maceira (Covelo); As Partidas (Ponteareas), y podrían entrar en el lote las de O Val (Mondariz) y San Roque (Ponteareas).

FONTE: Atlántico Diario

miércoles, 10 de abril de 2013

As Tres Cruces, Mondariz-Balneario

No barrio de San Pedro, no pequeno concello de Mondariz-Balneario moi preto da ribeira do río Xabriña, no lugar coñecido como O Bosque nos atopamos con este peculiar monumento.

Tratase de As Tres Cruces, o conxunto fórmao unha grande pedra granítica apoiada en dous chanzos que o fan moi similar a un dolmen. Na súa parte superior foron colocadas tres grandes cruces tamén en granito sen imaxes que representan o Calvario. Na pedra hai tallada unha data, que marca o ano 1700, seguramente ano no que se colocaron estas tres cruces.

Pero en As Tres cruces hai moito máis, xa que na pedra base tamén hai petróglifos, algúns cristiáns, como representación de cruces, pero outros parecen moito máis anteriores, así distínguense al menos tres coviñas ou cazeroletas. Tamén na cima, xunto as cruces, hai un cavada na pedra unha pequena pía con forma rectangular (ES-OS) que de seguro tiña un uso relixioso ou de culto.

Este monumento e un claro símbolo de cristianización dunha representación pagán, de entrada pode ser que no seu orixe fose un dolmen ou un lugar de culto pagán, o cal tamén tiña petróglifos polo menos na pedra base. Nos redores tamén se atopa a capela de San Pedro, do século XIII.
Vista os apoios da pedra base, os cales nos recorda os dos dolmens.
Na pedra base podemos ver petróglifos como esta coviña (esquerda) e a outra representación (dereita).
Na cima, xunto as cruces pía rectangular.

FICHA TÉCNICA

CATEGORIA DO BEN: Catalogado (Catálogo da Xunta e do PXOM)
PARROQUIA: Barrio de San Pedro, Mondariz-Balneario
ADSCRIPCIÓN TIPOLÓXICA:  Varios, ben histórico/cultural
DATACIÓN: Descoñecida / Moderna
CLASIFICACIÓN DO SOLO: Protexido
 USO DO SOLO: Público (zona recreativa)
PROPIEDADE: Pública
ESTADO: Bastante bo a que pertence a cronoloxía máis actual, e dicir a cristián, a anterior pagán atopase moi deteriorada.

DEBUXOS DE ALGUNHAS REPRESENTACIÓNS GRÁFICAS DA PEDRA (PETRÓGLIFOS)



martes, 26 de marzo de 2013

Paisaxes do O Condado, a Costa do Alén

Fermoso, abrupto e testemuña dun rico pasado, así se pode definir o val do río Alén ou "Costa do Alén". Situados na parroquia de Barcia de Mera, no concello do Covelo, atopase enclavado este abrupto e natural val que descende dende a montaña ata a máis ampla conca do Tea.

Fervenzas, rápidos, vexetación autóctona e un amplo patrimonio fan deste enclave natural un sitio máxico. Por aquí pasaba unha antiga calzada que aínda se conserva empedrada que nun primeiro momento seguramente uniría a antiga cidade romana de Bracara Augusta (Braga) con Lucus (Lugo) e as terras do norte como Iria Flavia. Pasados os séculos tamén posiblemente utilizarían este ramal peregrinos que acudían a cidade santa de Compostela. Posiblemente recordo disto sería a capela San Xoán de Mosteiro, construída antes do século XII e reformada entre o 1705 e 1709.


Capela medieval de San Xoán de Mosteiro.

Cascadas no descenso do río Alén.

Calzada romana aínda perfectamente empedrada.

Entre o máxico paisaxe autóctono atopase a solitaria ponte romana.

Rápidos e bravo descenso do río Alén.

lunes, 18 de febrero de 2013

Vocabulario autóctono do O Condado ou característico

Nesta nova sección farase un pequeno vocabulario de palabras autóctonas do O Condado ou características, e dicir, das que no resto de Galiza foron perdéronse e pola contra aquí aínda utilízanse na fala.

Pontareas, o nome oficial do pobo e “Ponteareas”, ou pola contra castelanizado en Puenteareas ou máis galeguizado en Ponte Areias, pois ben,  en moitas zonas do concello sobre todo en núcleos máis rurais utilizan o topónimo de Pontareas, que ben sendo un diminutivo perdendo o primeiro “e”. Hai un colectivo futboleiro do club Cultural Areas que colleu este topónimo para seu nome, Horda Pontareán. 

Monico, este refírese a un recipiente de uso maioritariamente agrícola que son as tinas ou capachos. Neste caso, “o monico” e característico practicamente só das terras e vales do O Condado.

Carripano, e unha forma moi peculiar de chamar en estas terras os tradicionais vehículos agrícolas dos chimpíns e motocultores.
Fasto ou fasco, moi popular nesta zona, e como se chama as follas secas xa caídas dos piñeiros, o coñecido “bullo” que se usa nos magostos para asar as castanas. Moito máis usado “fastos” que “fasco”.

Pateiro, nome co que se coñece aquí o tradicional xogo da “billarda” ou “xogo do pau”. O pau que se usa para bater e coñecido tamén como “pateiro”, que dálle nome o xogo.

A cabra do monte, paxaro mitolóxico relacionado coa cultura da morte, aquí moi popular no rural do O Condado. Neste caso se di que cando canta este paxaro polas noites vai morrer unha persoa na zona onde canta. O paxaro se atribúe o canto das aves nocturnas coma o moucho, a curuxa ou outras aves nocturnas rapaces. Outros nomes que se atribúen noutras zonas da Galiza son “a cabra do aire” ou “avelaione”.
Estantiga, nome galego tradicional que refírese a espírito, pantasma ou espectro. Mentres noutros lugares do pais foi desaparecendo pouco a pouco aquí no rural conservase sendo moi utilizada esta palabra.

Moro, neste caso do galego “mouro”, que eran os antigos habitantes dos castros, mámoas e derivados da antiga cultura galega tradicional ou céltica. Dicir que mentres noutros lugares do pais seguen chamándolle polo correcto nome de mouro, aquí pasou a chamarse a “moro” ou “os moros” referíndose nas lendas e restos onde viviron os antigos mouros, que non ten nada que ver cos actuais musulmáns, pois o único que tiña en común e que ambos eran pagáns o cristianismo.


Pouco a pouco iremos sumando palabras características na fala do O condado e sumándoas a este pequeno dicionario.