Mostrando entradas con la etiqueta Dende o Brasil. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Dende o Brasil. Mostrar todas las entradas

jueves, 19 de septiembre de 2013

Fauna fotografiada no Brasil II parte

Tórtolas (neste caso a Stroptopelia Senegalensis)
De familia das pombas, ave migratoria de África cara sur América
Fotografiado en Praia do Forte, Bahía

Marabunta, formiga Guerreira ou Lexionaria 
Tipo de formiga migratoria e agresiva, móvense como auténticos exércitos cazando o seu paso súas vítimas. Algunhas colonias poden ter máis de 2 millóns de formigas, o ser migratorias non constrúen formigueiros e destaca súa forte mandíbula.
Fotografiado na reserva Sapiranga, Bahía

Mico ou Sagui (Callitrichidae) 
Especie de primates de pequeno tamaño expandidos polas zonas tropicais de sur América, tamén coñecidos como titís.
Fotografiados por distintas zonas da Bahía

Chama-maré (Ocypodidae)
Cangrexos atlánticos polo xeral de pequeno tamaño, soen andar en grandes grupos polos areais. destaca no macho por ter unha pinza muito maior e desenvolvida ca outra. 
Fotografiados en distintos areais da Bahía

Calango (Tropidurus oreadicus)
Especie de lagarto que pode chegar os 30 cm, non e agresivo e soe habitar en lugares tranquilos onde abunda a madeira para camuflarse.
Fotografiados en distintas zonas de Praia do Forte, Bahía

miércoles, 18 de septiembre de 2013

Viaxe a chapada de Diamantina II parte, O Poço do Diabo

O Poço do Diabo (Pozo do Demo) atopase na Chapada de Diamantina a 22 Km da localidade de Lençôes. Tratase dun descenso pola montaña escarvado na pedra polo río de augas escuras debido a ter elementos orgánicos nas súas augas. No seu descenso forma pequenos canóns así como tobogáns naturais.
O camiño baixa dende a estrada pegada a marxe do río cos seus rápidos no medio dunha paisaxe fermosa. A uns 15 minutos río abaixo chegamos o lugar coñecido como “Poço do Diabo”, tratase dun salto de auga abrupto de gran altura en forma de fervenza caendo nunha gran poza de augas escuras.
Se descende a poza por un estreito camiño que ten unhas vistas espectaculares sobre a fervenza e poza. Dende a fervenza a o final da poza hai un tira-liña para os máis valentes que fai un descenso espectacular dende a altura da fervenza as augas da poza.
Unha vez abaixo, abraiado pola beleza do entorno, que millor cousa que darse un baño nas escuras augas da poza acompañado polo meu pai, as cales están muito frías, pero unha vez dentro delas entre o son da mata (fraga) de fondo e a tranquilidade do lugar, pódovos asegurar que limpa ata a alma.
Despois do relaxante baño de pureza, abandonamos este lindísimo e máxico lugar escondido nun pequeno recuncho do interior do estado da Bahía, seu encanto e presenza sempre serán recordados no meu interior como unha doce lembranza. 
Foto de familia xunto a meus pais despois de pasar unha xornada en grande.

viernes, 23 de agosto de 2013

Fauna fotografiada no Brasil I parte

Bem-te-vi (Pintagus sulphuratus)
Abunda en sur América, destaca pola cor amarela no peito o que faino un ave moi fermosa.

Fotografiados na zona da Praia do Forte.

Centopeia ou quilópedes
Artrópodo de gran tamaño que segundo a especie soe ter entre 15 e 191 pares de patas, e alargado e con antenas.

Fotografiado na Reserva Sapiranga (Mata de Sâo Joâo)

Jararaca (Brothrops)
Serpe moi velenosa de pequeno tamaño que abunda no Brasil, ten as escamas con cores acastañadas e soe ser nocturna, estrana de ver recomendase non acercarse muito a ela.
Fotografiada na Reserva Sapiranga (Mata de Sâo Joâo)

Lesma do mar (Aplysia)
Estés animáis sonsimilares as lesmas de terra, cando están ameazadas liberan nubes de tinta para dificultar a vista do atacante. Moi abundantes nos recifes do Brasil.
Fotografiado nos corais de Praia do Forte.

Urubu (Condor) (Cathartidae)
Tamén coñecido como o "buitre do novo mundo" polo seu parecido co buitre, pero non son a mesma especie, aínda que ten muitas similitudes como a alimentación de carroña como animáis mortos.

Fotografiado nas cercanias da Chapada da Diamantina, no interior do estado da Bahía na zona semi-árida ou "Sertao Bahiano".

sábado, 10 de agosto de 2013

Dende Brasil: Viaxe a Chapada de Diamantina I parte

A Chapada de Diamantina e un paraíso situado no interior do estado brasileiro da Bahía. A conforman unha sucesión de serras onde nacen unha importante rede de ríos, sendo así un autentico oasis natural rico en biodiversidade rodeado das áridas terras do interior centro do Brasil.
Río Leçoes o seu paso pola localidade de Leçoes.

O nome Chapada de Diamantina ben de “chapada” pola protección das montañas e “diamantina” porque era unha rica rexión en diamantes. Conta con un enorme abanico de atractivos naturais como a cachoeira da Fumasa, o Pozo Azul ou a Gruta da Torrinha entre outros. Súa principal localidade e Leçoes, de onde parte nosa primeira ruta polos seus redores, coñecida como ruta dos Serranos polo escuro río Leçoes e súas cachoeiras (fervenzas).
Vista do centro de Leçoes.

O as augas escuras do río Leçoes por causa de antigos restos de materias orgánicas, o que fai que sexan moi boas para a pel humana. O río non sempre vai por enriba da terra, senón que ten tramos subterráneos,este e o caso da zona de Caldeirôes o pouco de comezar a ruta, onde pódese ver por buratos na pedra o río. Aparte forma pequenas cascadas e pozas entre as abruptas rochas cunha fermosa vista sobre a pequena cidade de Leçoes. 
Saímos da zona de Caldeirôes comezamos a ascender co cauce do río Leçoes, chagando así as Salas das Areias, unha serie de covas formadas de pedras moi erosionadas e distinto tipo de areas e outros minerais, así podemos topar diferentes cores, arxilas e ata purpurina natural, coñecida aquí como "falso ouro".
Seguindo o cauce do río nos topamos nunha zona moi pétrea dentro das augas e unha fermosa mata (flora) nas súas ribeiras, observadores dos rápidos e pozas do Leçois que se introduce na montaña en forma de canón.
Máis arriba nos topamos cunhas fermosas fervenzas e pozas onde nos damos un baño moi relaxado nas súas frías augas, tratase da Cachoeira da Primavera e o Pozo Paraíso.
Cachoeira Primavera

Abandonado o río comezamos a subir por un escarpado e estreito camiño cara o alto mirador da Pedrinha de Leçoes, no alto nunha longa estreita meseta percorremos o “Caminho das Mulas”, chamado así porque era por onde cruzaban antigamente os comerciantes polas montañas coas súas mulas para chegar a Leçoes e os pobos da zona.
O final da estreita meseta entre as montañas chegamos o mirador da Pedrinha de Leçois, que e unha gran pedra sobre un impresionante acantilado, onde se contempla o val do río Léçoes e a propia localidade de Leçois, e por detrás da montaña a interminable planicie do interior brasileiro.
Unha vez abandoado o mirador comezamos a descender por outro sendeiro de novo rumbo a Leçois sen antes parar e darnos un baño na fermosísima Cachoeirinha, unha fervenza cunha poza entre a mata de selva onde meterse debaixo das súas augas limpa ata a propia alma.
Despois dese divino baño na Cachoeirinha descendemos ata chegar de novo o punto de saída, a localidade de Leçois. Aquí remata noso primeiro día de ruta, aventura e actividade na fermosa Chapada de Diamantina, espero que vos gustase. Pouco a pouco irei publicando diferentes rutas e visitas nesta paradisíaca terra. Un saúdo dende o Brasil.






sábado, 27 de julio de 2013

Ponteareas romana: A Ponte das Cons ou Pontecóns

Os barrios de Puntacóns na parroquia de Pías máis o barrio de Chan da Gándara en Padróns atópanse actualmente separados polas augas do Tea, pero isto non sempre foi así, e máis a antiga vía de comunicación que cruzaba o val do Tea cambiaba neste punto de ribeira para continuar cara o norte as terras de Mondariz.
Como ben di o actual nome do barrio de Pías, Puntacóns, conserva aínda o nome da ponte, “Cons”, pois antigamente o nome da zona debeu ser “Ponte das Cons” ou “Pontecóns”, a cal o derrubarse a finais do século XVIII, quedando simplemente o resto da base do costado do lado de Pías, e dicir, a “punta” ou estremo, polo que seguramente na actualidade o nome pasou a “Puntacóns”.

No campo arqueolóxico, na actualidade só conservase ese costado de comezo da ponte do lado de Pías, onde o terreo remata no río de forma de barranco abrupto, estando os restos na actualidade case camuflados entre a vexetación. Na parte superior, hai un camiño que acedía a ponte, pero na actualidade vese interrompido por unha finca privada cerrada, o parecer na arrancada do camiño na ponte aínda conserva restos da antiga calzada. Polo abrupto da zona do lado de Pías, non hai máis acceso os restos que ese, polo que o mellor e ver os restos do outro lado do río, na ribeira de Padróns.  

En canto o lado de Padróns, en Chan da Gándara, onde o terreo remata no río de forma muito menos accidentada facendo unha planicie, non se conserva restos algúns da ponte. 


Temos algunhas referencias históricas da ponte, pero mesmo así non e fácil saber seu orixe polos poucos restos que nos chegaron a día de hoxe, uns din que é de orixe medieval, mentres que outros retornan a ponte máis o pasado, a época romana. O que sabemos da Ponte das Cons e que a finais do século XVIII estaba en estado moi ruinoso e unha riada o parecer a derruba. Temos algunhas referencias escritas posteriores, por exemplo Ávila e Lacueva escribiron que era orixe romana: “Hubo antiguamente un puente con la misma denominación sobre el citado río, construído por los romanos, para dar paso al camino que estos abrieron, del que aún se descubren vestigios. Hallé una cepa de los arcos del puente y el cotado de Pías, arrimado a la tierra, se conserva el extremo y el arranque del arco.” Claudio González Pérez tamén na súa Historia de Puenteareas nos indica que a ponte estaba arruinada a finais do século XVIII.


POSIBLE ORIXE

Agora imos investigar un pouco sobre a súa posible orixe e marco histórico, dicir, que eu persoalmente defendo súa orixe romana non pola ponte en si, senón pola historia e outros restos dos seus redores. Recordar que nos atopamos nunha zona de pasado mineiro romano nas ribeiras do Tea, non lonxe da ponte nos topamos cos restos da mina romana da Croa e castro mineiro da Croa (Ribadetea), río abaixo máis abaixo temos resto dunha sucesión de seis minas romanas máis descubertas ata a parroquia de Moreira, así como castros mineiros de orixe romana como o das Searas en Angoares, polo que estamos nunha importante zona mineira romana. Tamén non lonxe da ponte, atopariamos castros romanizados como Outeiro de Castro (Fozara) ou mesmo, máis lonxe de orixe galaica pero que chegaron a época romana temos Troña e o Castro de Prado. Tamén río arriba na zona de Mondariz Balnearios hai posibles restos de castros mineiros achegados o Tea.

Engadir tamén, que moi posiblemente en época romana por aquí pasase unha vía ou calzada romana que uniría as capitais dos conventus romanos de Bracara (Braga) con Lucus Augusti (Lugo), pasando pola importante cidade romana de Tude (Tui), que posteriormente no tempo pasaría a “Camiños Real”. Conservase aínda tramos desta vía por exemplo nas costas do Alén en Barcia de Mera ou nas propias pontes sobre o Tea e seus afluentes, tamén se fala que a 16 millas romanas de Tude (Tui) na vía había unha antiga pousada o masio chamada “Búrbida”, a que hoxe pode ser a actual Mondariz Balneario, posto que o nome pode vir de burbulla polas augas minerais. Esta vía pasaría entón polas importantes minas auríferas do Tea, onde posible polo restos de castros romanizados tería alta densidade poboación, polo que pode xustificar a cantidade de pontes romanas que puido ter o val do Tea na época romana.

Pola contra na etapa medieval, aínda que puido ter certa importanza o val o Tea medio, unha mostra e o castelo do Sobroso en Vilasobroso, ou os restos de pequenos castelos e mosteiros, no período medieval de 1.500 anos parece que tanto a intensidade comercial como poboacional baixo con respecto a época romana, onde súas minas e castros atoparíanse xa aterrados.  Seguramente co avance do medievo pouco a pouco o val do Tea foi gañando vida, aínda que seu camiño real perdera peso ante o novo camiño dos peregrinos chamado “portugués”, que ía pola alternativa romana da costa, neste caso polo val da Louriña e non do Tea. Pouco a pouco tamén se irían arranxando pontes de orixe romana como puido pasar coa dos Remedios ou das Partidas, e mesmo construíndo novas máis pequenas como a do Cabalón en Angoares sobre o río Uma, pero pola contra algunhas perderían uso polo que pasarían a ruínas, este puido ser o caso das Ponte das Cons, polo que seu orixe puido ser anterior, e dicir, romano. Dicir que esta e unha hipótese do autor.
Fermoso entorno nos restos da ponte.

CURIOSIDADES DESPOIS DAS CONS

Despois de que a finais do século XVIII a ponte en ruínas derrubarase, seus restos pétreos baixaron arrastrados río abaixo, neste caso sendo o autor de Ribadetea (río abaixo), sempre chamoume a atención que na cascada da praia fluvial da Croa o igual que na cascada de Gelas ou depositadas no propio río, existan pedras talladas. Isto sabendo que a ponte derruíuse fai pouco máis de 200 anos, e lóxico que seus restos aínda consérvense nas cascadas ou nos muíños das ribeiras do Tea. Outra curiosidade e que tras desaparecer a ponte o camiño seguiu río arriba, construíndose despois a ponte do Caneiro, entre Fozara e Pías. En Padróns tras o cambio de ruta, o novo trazado chamouse “Rúa Nova”, nome que aínda conserva ata o día de hoxe. Recordar ademais que o outro lado da ponte, o barrio de Puntacóns pertencente a Pías, no pasado cando existía a ponte pertencía a parroquia de Padróns.

Serpe fotografiada nas pedras da ponte saíndo do Tea

FICHA TÉCNICA

Tipo de ben: Ponte         Lugar: Pontecóns, Pías

Cronoloxía: Romana/Medieval?     Propiedade: Pública/Privada

Catalogado pola Xunta: Si (GA36042096)

Protexida pola Xunta: Si, protección integral (PI)

Estado de conservación: En ruínas dende antes de finais do século XVIII, fecha na que o parecer unha riada tirou practicamente toda a estrutura que conservaba. A día de hoxe só conserva o extremo da marxe de Pías e moi cuberto pola vexetación, o cal esta cercada por unha finca privada que dificulta o acceso.

Tradición Oral: Atopándome neste momento no Brasil, quédame par outra o voltar este campo pendente de ledas  folclore.

Contorno: O millor sitio para observar os restos da ponte e do de Padróns, onde atoase a praia fluvial coñecida por muitos nomes, como “río de Padróns” ou do “Cristo do Piñón”, este último nome ben por unha romaría no mes de agosto onde pasean o santo en barca polo río, todo no barrio de Chan da Gándara.

COMO CHEGAR




jueves, 18 de julio de 2013

Dende o Brasil, nos recifes de Praia do Forte (Bahía)

Fotos nos fermosos e vivos recifes de corais na Praia do Forte, na costa de Sauipe, no litoral norte do estado da Bahía.