Millafre Real (Milvus milvus)
Esta ave rapaz e das que máis se ve na nosa zona, non e doado distinguilas
na natureza por exemplo do millafre negro ou mesmo do falcón. Soese confundir
muito co famoso “gabián” (falcón). Foto sacada en Meder, Salvaterra de Miño.
Cobra de Escaleira (Rhinechis scálaris)
Esta cobra só atopase na Península Ibérica e nas costas francesas mediterráneas,
as femias poden chegar o 1,50 m pero seu tamaño normal e medianeiro, non e
velenosa. Destaca por ter unha decoración nas escamas escura por arriba con forma
de escaleiras, de hai o nome. Fotografada na Serra do Galleiro, Ponteareas.
Corzo (Capreolus capreolus)
Inda bastante común nas nosas serras e ribeiras dos ríos este cervido, este
en cuestión case escapáseme do obxetivo polo discretos que son do ser humano.
Soen andar en parellas sempre e este, o estar só aínda fai pensar que aínda
sexa novo. Fotografado no lugar do Viveiro, Ribadetea.
Eiruga ou larva
Inda que non pareza, este insecto tratase dunha eiruga cunha especie de
caparazón que ben sendo unha pel dura, na cabeza pódese ver millor súa característica
de eiruga coas súas antenas. Fotografada na Serra do Galleiro, Ponteareas.