Blogue adicado a historia e vida do concello de Ponteareas, O Condado e seus redores, onde tocarase máis pa fondo a historia máis antiga e marxinada destas terras. concello de Pontevedra así como actualidade, patrimonio e outros temas.
jueves, 27 de marzo de 2014
miércoles, 19 de marzo de 2014
Paisaxes do Condado, o Río Borbén
O río Borbén e un dos afluentes máis importantes do río
Tea, baixa dende as montañas de Pazos de Borbén e crea o val entre a Serra do
Galleiro e os montes da Pedraquetiña, desembocando no cauce medio do Tea entre
as parroquias de Padróns e Fozara.
O seu paso podemos ver un río bravo durante o inverno e
tranquilo e mesmo caudaloso nos meses de verán. Aquí unhas fotos de seu cauce
final desembocando no Tea, onde a natureza inda se pode ver nun estado
especial.
Agora un pouco de flora nesta última etapa do río Borben antes de darlle súas
augas o seu pai, o Tea.
Azafrán silvestre.
Xibarda ou como chamanlle por aquí "azoute de cristos", en castelán "rusco"
Por último festos en crecemento coa chegada do bo tempo, neste caso son característicos os fentos do xénero "palmeira" na ribeira do Tea e seus afluentes.
E para remate este antigo muíño case absorbido polo natura deste especial e máxico lugar.
martes, 11 de marzo de 2014
Memoria da Terra, tras os pasos do lobo na Serra do Galleiro
Con este vídeo presentamos no You Tube unha serie de pequenos capítulos de varia temática, como patrimoniais, arqueoloxíí ou fauna. Aquí este primeiro (inda que xa existen outros pero sen este título) co tema da procura do rei dos nosos montes, o lobo, pola Serra do Galleiro.
viernes, 7 de marzo de 2014
jueves, 6 de marzo de 2014
SOS Mámoa do alto do Marco (Ribadetea)
Aquí podemos ver fotos dos danos que sufriu a mámoa do Alto do Marco nos montes do Salgueirón, como se ve sufriu alteracións polo paso dunha maquina limpadora que pasoulle por enriba. Pero este non e o maior problema, xa que isto ben de que están ampliando un corta-lumes que xa pasaba moi preto do monumento funerario, e posiblemente esa marca sexa o linde ata onde chegue tal corta-lumes arrasando desa maneira a mámoa. Dende aquí xa puxemos isto en coñecemento do concello e esperemos que actúen rápido con patrimonio e así paren este novo atentado contra o patrimonio. a mámoa esta protexida por patrimonio coa clave GA36042066 e atopase nas coordenadas LONX.: 08º 34' 10'' LAT.: 42º 12' 48''.
miércoles, 5 de marzo de 2014
Primeira subida a Serra do Galleiro do 2014
Despois
de meses de constantes choivas coa chegada dun día soleado e despexado preludio
da eminente chegada da primeira, subín por primeira vez no ano 2014 os montes
da Serra do Galleiro. Co obxectivo de ver o estado da serra despois de meses
sen percorrela e ademais, intentar ver a flora e sobre todo fauna que
aprobeitaria este día de sol para saír de seus tobais e niños.
Co
despexado día a paisaxe faise fermosa no ascenso polas vertentes do Pico
Salgueirón, o outro lado o esplendor do verde e arborizado val do Tea e súa
vida, e máis alá pódese ver serras distantes como a portuguesa da Peneda, os
Montes da Paradanta ou os sistemas montañosos do Faro de Avión ou o Suído con
algúns picos xa ourensáns.
Pasando
os 400 metros chegando o Paso do Marco, nos topamos cos primeiros animais
pastando ceibes en armonia, tratase dunha parella de tranquilos cabalos que
como muitos outros inda campan pola Serra do Galleiro en liberdade.
Máis
adiante a uns metros atopase o antigo Paso do Marco, onde dende épocas
inmemoriais as xentes do val o utilizaban como paso natural na quebrada entre o
monte Salgueirón e Castelo para pasar do Val do Tea as terras do val da Louriña
e a Ría de Vigo, inda son muitos os vellos que contan que por alí cruzaban a pe
para ir a lonxa de Redondela, onde o peixe era máis barato.
Collendo logo o desvío cara o Alto do Marco,
dirección o Pico Salgueirón topamos coa primeira alteración de destrución deste
ano 2014 na zona, tratase no lugar da Lomba do Marco da mámoa a cal leva o
mesmo nome. Esta mámoa xa atopábase en perigo por a ampliación dun cortalumes,
pero vemos que esta vez unha maquina pasoulle por enriba de seu vulto
artificial no terreo, seguramente como marca de que o cortalumes chegara ata
alí, cousa que tentaremos impedir, pois aparte este monumento funerario neolítico
esta protexido por patrimonio.
Seguimos o camiño e chegamos as empinas
subidas de acceso a cima do Pico Salgueirón, dende alí na cima, con 633 metros
sobre o nivel do mar o vento faise máis bravo nun miradoiro fascinante sobre
unha ría de Vigo con bretemas e o outro lado, un fermoso val do Tea.
Agora comezamos o
descenso pola vertente norte, onde se nos asoma un colosal Galleiro na fronte.
Por esta vertente, do lado da parroquia de Louredo nos topamos cun fermoso
piñeiral de montana, case único por desgraza agora mesmo na serra, onde no seus
redores cheos de vida cantan en forma de poesía pequenas aves como o mirlo
común. Podemos ver como en muitos piñeiros co acercamento da estación primaveral
vanlle nacendo novas piñas rexenerando as xa secas caídas que deron alimento os
esquíos e outros animais do entorno.
Sen marchar aínda do piñeiral, destaca a
presenza abundante nas puntas dos piñeiros de colonias da coñecida oruga “a
procesionaria”, a cal chaman así por que
cando se desprazan van en fila india estirada. Agora atópanse no seu ultimo mes do seu ciclo
nas copas dos piñeiros, coa primavera baixaran a terra e sobre o mes de xuño
converteranse en bolboretas para aparearse soltando os seus ovos sobre os
piñeiros, voltando así nacer seu ciclo da vida.
As intensas choivas deste ano invernais,
fixeron charcos e pequenas lagoas ocasionais na serra, as cales facilitan a
vida dos animais que a habitan, un exemplo pódese ver nos restos de feces o
lado dunha charca que parecen ser de corzo, estás parece que apenas descompoñeranse
polo que non faría muito que a posible parella de corzos fose beber a esta
charca ocasional.
Chegando xa as saias da serra preto da aldea
de Cillarga, comezan a aparecer pequenas fragas autóctonas, onde destaca nunha
a presenza de sobreiras, en castelán “alcornoques”, os cales por desgraza están
case extintos na zona e só pódense ver superviventes dispersos en fragas entre
outras árbores autóctonas.
Comeza xa a cair a escuridade sobre a serra, e
no ceo escoitase o gabián, pero o cal a cámara non me da pola súa altura a
sacalo. Si puiden sacar unha pequena bandada de catro corvos que rebuscan
pequenos insectos entre os toxais e as novas plantacións de árbores.
E así remata a primeira visita a serra do ano
2014, na cal vexo desgraciadamente menos vida e máis destrución, sen ser o pequenos
oasis como o piñeiral de Louredo pouco máis se aproveita, cada vez menos masa
forestal e máis destrución do entorno, cortalumes, replantacións destrutivas… o
que non se dan conta é que acabando co monte como tal, non só acabase con
árbores, senón cunha fauna e cun ecosistema que vive nela.
martes, 4 de marzo de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)