Mostrando entradas con la etiqueta Paisaxes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Paisaxes. Mostrar todas las entradas

jueves, 4 de junio de 2015

Paisaxes do Condado



Dende Guillade (Ponteareas) no Val do Uma vistas os Montes da Paradanta
Vía cruzis nun dos cumios do monte da Picaraña (Ponteareas), antigamente un santuario pagán.
Vista a Vilasobroso (Mondariz) e o fondo fondo Serra do Faro de Avión (teito de Pontevedra) en terras de Covelo.
Vista as parroquias San Lourenzo de Oliveira e Cumiar (Ponteareas) e o fondo Montes da Paradanta.
Lúa chea no monte Picaraña, cos Montes da Paradanta o fondo.
Últimos raios de sol sobre o perfil da Serra do Galleiro cos cumios Monte do Castelo e Salgueirón, e no val a noite xa cae sobre a parroquia de Ribadetea (Ponteareas)
Ponteareas noccturna dende o monte Picaraña.







miércoles, 19 de marzo de 2014

Paisaxes do Condado, o Río Borbén

O río Borbén e un dos afluentes máis importantes do río Tea, baixa dende as montañas de Pazos de Borbén e crea o val entre a Serra do Galleiro e os montes da Pedraquetiña, desembocando no cauce medio do Tea entre as parroquias de Padróns e Fozara.
O seu paso podemos ver un río bravo durante o inverno e tranquilo e mesmo caudaloso nos meses de verán. Aquí unhas fotos de seu cauce final desembocando no Tea, onde a natureza inda se pode ver nun estado especial. 





Agora un pouco de flora nesta última etapa do río Borben antes de darlle súas augas o seu pai, o Tea.


 Azafrán silvestre.
 Xibarda ou como chamanlle por aquí "azoute de cristos", en castelán "rusco"
Por último festos en crecemento coa chegada do bo tempo, neste caso son característicos os fentos do xénero "palmeira" na ribeira do Tea e seus afluentes.
E para remate este antigo muíño case absorbido polo natura deste especial e máxico lugar.

miércoles, 5 de marzo de 2014

Primeira subida a Serra do Galleiro do 2014

Despois de meses de constantes choivas coa chegada dun día soleado e despexado preludio da eminente chegada da primeira, subín por primeira vez no ano 2014 os montes da Serra do Galleiro. Co obxectivo de ver o estado da serra despois de meses sen percorrela e ademais, intentar ver a flora e sobre todo fauna que aprobeitaria este día de sol para saír de seus tobais e niños.


  Co despexado día a paisaxe faise fermosa no ascenso polas vertentes do Pico Salgueirón, o outro lado o esplendor do verde e arborizado val do Tea e súa vida, e máis alá pódese ver serras distantes como a portuguesa da Peneda, os Montes da Paradanta ou os sistemas montañosos do Faro de Avión ou o Suído con algúns picos xa ourensáns.
 Pasando os 400 metros chegando o Paso do Marco, nos topamos cos primeiros animais pastando ceibes en armonia, tratase dunha parella de tranquilos cabalos que como muitos outros inda campan pola Serra do Galleiro en liberdade.
Máis adiante a uns metros atopase o antigo Paso do Marco, onde dende épocas inmemoriais as xentes do val o utilizaban como paso natural na quebrada entre o monte Salgueirón e Castelo para pasar do Val do Tea as terras do val da Louriña e a Ría de Vigo, inda son muitos os vellos que contan que por alí cruzaban a pe para ir a lonxa de Redondela, onde o peixe era máis barato.

Collendo logo o desvío cara o Alto do Marco, dirección o Pico Salgueirón topamos coa primeira alteración de destrución deste ano 2014 na zona, tratase no lugar da Lomba do Marco da mámoa a cal leva o mesmo nome. Esta mámoa xa atopábase en perigo por a ampliación dun cortalumes, pero vemos que esta vez unha maquina pasoulle por enriba de seu vulto artificial no terreo, seguramente como marca de que o cortalumes chegara ata alí, cousa que tentaremos impedir, pois aparte este monumento funerario neolítico esta protexido por patrimonio.
Seguimos o camiño e chegamos as empinas subidas de acceso a cima do Pico Salgueirón, dende alí na cima, con 633 metros sobre o nivel do mar o vento faise máis bravo nun miradoiro fascinante sobre unha ría de Vigo con bretemas e o outro lado, un fermoso val do Tea. 
Agora comezamos o descenso pola vertente norte, onde se nos asoma un colosal Galleiro na fronte. Por esta vertente, do lado da parroquia de Louredo nos topamos cun fermoso piñeiral de montana, case único por desgraza agora mesmo na serra, onde no seus redores cheos de vida cantan en forma de poesía pequenas aves como o mirlo común. Podemos ver como en muitos piñeiros co acercamento da estación primaveral vanlle nacendo novas piñas rexenerando as xa secas caídas que deron alimento os esquíos e outros animais do entorno.
Sen marchar aínda do piñeiral, destaca a presenza abundante nas puntas dos piñeiros de colonias da coñecida oruga “a procesionaria”,  a cal chaman así por que cando se desprazan van en fila india estirada.  Agora atópanse no seu ultimo mes do seu ciclo nas copas dos piñeiros, coa primavera baixaran a terra e sobre o mes de xuño converteranse en bolboretas para aparearse soltando os seus ovos sobre os piñeiros, voltando así nacer seu ciclo da vida. 

As intensas choivas deste ano invernais, fixeron charcos e pequenas lagoas ocasionais na serra, as cales facilitan a vida dos animais que a habitan, un exemplo pódese ver nos restos de feces o lado dunha charca que parecen ser de corzo, estás parece que apenas descompoñeranse polo que non faría muito que a posible parella de corzos fose beber a esta charca ocasional.
 Chegando xa as saias da serra preto da aldea de Cillarga, comezan a aparecer pequenas fragas autóctonas, onde destaca nunha a presenza de sobreiras, en castelán “alcornoques”, os cales por desgraza están case extintos na zona e só pódense ver superviventes dispersos en fragas entre outras árbores autóctonas.
Comeza xa a cair a escuridade sobre a serra, e no ceo escoitase o gabián, pero o cal a cámara non me da pola súa altura a sacalo. Si puiden sacar unha pequena bandada de catro corvos que rebuscan pequenos insectos entre os toxais e as novas plantacións de árbores. 
E así remata a primeira visita a serra do ano 2014, na cal vexo desgraciadamente menos vida e máis destrución, sen ser o pequenos oasis como o piñeiral de Louredo pouco máis se aproveita, cada vez menos masa forestal e máis destrución do entorno, cortalumes, replantacións destrutivas… o que non se dan conta é que acabando co monte como tal, non só acabase con árbores, senón cunha fauna e cun ecosistema que vive nela.

miércoles, 18 de septiembre de 2013

Viaxe a chapada de Diamantina II parte, O Poço do Diabo

O Poço do Diabo (Pozo do Demo) atopase na Chapada de Diamantina a 22 Km da localidade de Lençôes. Tratase dun descenso pola montaña escarvado na pedra polo río de augas escuras debido a ter elementos orgánicos nas súas augas. No seu descenso forma pequenos canóns así como tobogáns naturais.
O camiño baixa dende a estrada pegada a marxe do río cos seus rápidos no medio dunha paisaxe fermosa. A uns 15 minutos río abaixo chegamos o lugar coñecido como “Poço do Diabo”, tratase dun salto de auga abrupto de gran altura en forma de fervenza caendo nunha gran poza de augas escuras.
Se descende a poza por un estreito camiño que ten unhas vistas espectaculares sobre a fervenza e poza. Dende a fervenza a o final da poza hai un tira-liña para os máis valentes que fai un descenso espectacular dende a altura da fervenza as augas da poza.
Unha vez abaixo, abraiado pola beleza do entorno, que millor cousa que darse un baño nas escuras augas da poza acompañado polo meu pai, as cales están muito frías, pero unha vez dentro delas entre o son da mata (fraga) de fondo e a tranquilidade do lugar, pódovos asegurar que limpa ata a alma.
Despois do relaxante baño de pureza, abandonamos este lindísimo e máxico lugar escondido nun pequeno recuncho do interior do estado da Bahía, seu encanto e presenza sempre serán recordados no meu interior como unha doce lembranza. 
Foto de familia xunto a meus pais despois de pasar unha xornada en grande.