Cunha idade que supera os 90 anos a súas espaldas, María Martínez veciña de As Cortellas demostrou que a memoria non fallalle, e así de ben explicounos unha das formas de "cortar o herpio" (herpes) de forma tradicional.
Blogue adicado a historia e vida do concello de Ponteareas, O Condado e seus redores, onde tocarase máis pa fondo a historia máis antiga e marxinada destas terras. concello de Pontevedra así como actualidade, patrimonio e outros temas.
Mostrando entradas con la etiqueta Memoria da Terra. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Memoria da Terra. Mostrar todas las entradas
martes, 17 de noviembre de 2015
lunes, 5 de octubre de 2015
jueves, 9 de julio de 2015
Incrible efecto solar nas mámoas da Armada, Queimadelos (Mondariz)
Tal vez só sexa un efecto que se pode observar neste periodo de transición de solsticio celta de verán, pero o certo que visitando estas dúas mámoas da Armada na parroquia de Queimadelos, no concello de Mondariz no lugar do Carballo da Armada quedei abraiado co que meus ollos observaron cando o sol caía polo occidente.
Estas dúas mámoas, que están seguidas dirección norte sur a uns 10 metros unha da outra, son moi similares, ambas se atopan enterradas pero perderon a súa pedra de arriba, polo que e probable que en tempos pasadas foran saqueadas por bandidos buscando riquezas no seu interior, polo tanto notase perfectamente o seu punto de inflexión na súa parte de arriba.
Nunha zona chan a día de hoxe plantación de piñeiros, se atopan as dúas soas, o cal de seguro fixeron a posta polo efecto solar que imos falar a continuación, pois e probable que no seu interior descansan os restos de duas persoas do noso pasado remoto cun legado e liñaxe que decidiron que foran eternas e recordadas na historia.
O caso e que descoñezo se este fenómenose se repite igual todo o ano, pero o certo que neste periodo do ano cando o sol se pon, e antes de desaparecer entre os piñeiros os últimos raios quedan tan só uns minutos dando luz no espazo que queda entre as dúas mámoas, quedando este espazo soamente iluminado en todo o entorno que un pode ver, nin máis para un lado que para o outro, nin máis para adiante que para atrás, xustamente no medio das dúas mámoas.
Despois deste fascinate fenómeno de un par de minutos só cunha luz moi luminosa pero feble o sol ponse entre os dous monumentos funerarios prehistóricos.
Cando observei isto, chegando xusto no momento preciso, e voltando o día seguinte de novo e ver o mesmo espactáculo de arqueoloxía funeraria relacionada coa solar, quedei paspado. O que toca investigar e se durante o resto do ano sucede o caso exposto.
Esta pode ser unha proba máis do conectados que se atopaban nosos anacestros fai máis de 5000 anos con este mundo, pois este efecto non e casual para nada, e que decidiran soamente construír dúas mámoas no lugar con este suceso solar nos pode dicir que podian tratarse de dous individu@s mi importantes nesa sociedade do lugar. Na última foto saio entre as dúas mámoas con último raio de sol iluminandome na fronte, para marcar máis o fenómeno.
Engadir que nesa zona nos atopamos seguramente nun lugar sagrado máis amplo, pois un pouco máis abaixo se atopa o famoso Carballo da Armada, un increible exemplar desta árbore con muitos séculos de vida, sagrado para os veciños da zona.
Este carballo segundo a lenda popular foi plantado polo druida Lambrico, neto do fundador suevo de Mondariz, Mondrico. Dicir que no mundo celta os carballos eran unha árbore sagrada adicada o deus supremo Lugh. E posible que a lenda este confusa pois un druida en tempos dos suevos parece que igual e moi hipotético, o que si e certo e que o Carballo da Armada ten carácter sagrado pagán para os veciños do lugar, o cal merece un post propio coa súa rica historia.
O Carballo debe seu nome de "Armada" pois en tempo de Felipe II cando construíu a Armada Invencible quixeron talar esta árbore por ser a maior e frondosa da zona, pero os veciños nunha heroica resistenza opuxeronse conseguindo salvar a mesma ata nosos días.
Por último como anécdota, e falando de carballos como antiga árbore sagrada, xusto no centro da mámoa do sur, onde estaba antigamente a pedra superior ou coraza, esta crecendo un pequeno carballiño, facendo sentir máis a maxía e gran enerxía do lugar, non e curioso?
lunes, 8 de junio de 2015
lunes, 11 de mayo de 2015
Presentación do proxecto Memoria da Terra
Pequena presentación do proxecto Memoria da Terra no Pozo dos Mouros do Castro da Croa, Ribadetea (Ponteareas)
domingo, 22 de marzo de 2015
A lenda do Penedo dos Mouros, Ribadetea
Grazas a meu avó e súa boa memoria, puiden recuperar esta lenda a cal descoñecia por completo, a cal forma parte da noso rico folclore e mitoloxía.
Nos montes de Ribadetea, o pe da antiga estrada de Cillarga, que vai da Lomba (Areas) o Viveiro (Ribadetea) atopase o antigo Penedo dos Mouros , o cal na actualidade e coñecido como Penedos dos Moros, o cal a xente de forma errónea confunde cos "musulmáns que trouxo Franco na guerra civil".
Como todos os lugares "mouros" da nosa terra, o lugar esta relacionado cunha lenda de "ouro ou encantamento por parte dos mouros", inda que cada vez esa tradición oral de avós a netos, de contar esas historias mitilóxicas da nosa terra por desgraza vaise perdendo, e como din, cada vez que morre un vello nunha aldea se perde unha lenda, pero esperemos que agora esta non.
Conta a lenda, que o Penedo dos Mouros estaba encantado, pois ali no pasado os antigos mouros meteran ouro dentro e cerraran no penedo.
Por aqueles tempos inda antes de nacer meu avó, fai entorno uns 80 anos atrás, Amador "o canteiro de San Blas" da parroquia de Areas, non tiña crenza nesas lendas de que había ouro dentro do penedo e este estivera encando. Mesmo así, dixo que de existir ouro no seu interior sería para el, dicía que as pedras non puideran ter poderes polo que ía dinamitala como outra pedra máis e ver se tiña de verdade ouro dentro.
O experimentado canteiro Amador entón subiu o monte, o Penedo dos Mouros, fixolle un pequeno burato e comezou a meterlle dinamita para barrenala. Cando este inda non rematara de meterlle a dinamita, esta explotou soa sen que déralle tempo a saír do pendo, saíndo este disparado.
Amador sobreviviu, pero quedou sen un brazo, coxo dunha perna e sen a vista dun ollo, a xente xa o avisara, O Penedos dos Mouros ten un encantamento.
Na actualidade o mesmo Penedo dos Mouros ten unha pequena construcción no seu interior, unha porta feita en pedra a cal e anterior a o suceso do canteiro de San Blas, Amador. Esa pequena construcción a fixera anteriormente o primeiro garda bosques da Serra do Galleiro vido de Pontevedra. Este residiu na primeira casa do Viveiro (Ribadetea) a cal foi feita con ese proposito, ser a vivenda do garda bosques. voltando o penedo, este aproveitara a forma da pedra para facer esa porta a cal a usaba de pequeno almacén para gardar ferramentas.
Nos redores do Penedo dos Mouros non se atoparon restos arqueolóxicos, pero si ten muita riqueza folclorica en forma de lendas sendo moi coñecido nas parroquias dos redores, de seguro no pasado inda tivo máis lendas mouras.
Pode ser que este penedo, no pasado fora lugar de rituais ou mesmo lugar sagrado de nosos antepasados pagáns, e dicir inda non cristiáns. Mesmo e posible que nos redores do penedo vivirá un druida ou chaman que a día de hoxe e recordado como ese "mouro" que habitaba no penedo.
martes, 16 de septiembre de 2014
Camiño de Paraños a Franqueira
Que peregrino galaico nunca escoitou falar da peregrinación a Señora da
Franqueira? Insólita e cunha tradición que se perde na noite dos tempos, miles
de devotos percorreron e seguen percorrendo os camiños que a ela chegan, a
Señora e non virxe, ata o corazón dos abruptos Montes da Paradanta.
Sempre reflexionei sobre o orixe desta devoción e camiño, a adoración dunha
Señora divina nun espectacular paraxe insólito e cheo de tradición popular e
lenda, cousa que sempre me recordaba a nosos devanceiros celtas e súas
devocións. Meu camiño particular ía comezar na parroquia de Meirol (Mondariz),
onde ía na procura duns restos patrimoniais orixinarios do noso pasado máis
celta, pero que a día de hoxe por magoa, están en paradoiro descoñecido. Disto
para non cambiar de tema, falaremos noutro artigo.
Paraños
Despois da desilusión que levei en Meirol, me desprazo a fermosa parroquia
de Paraños, xa no concello do Covelo. Paraños, unha das localidades máis
importantes do municipio, atopase enclavada nunha zona de paso da N-120 entre
Vigo e Ourense. Isto fai que parte da aldea viva dos servizos, sobrevivindo así
o despoboamento tan masivo que sofren as aldeas de seus redores.
Pero Paraños e muito máis que iso, súa
arquitectura popular, súa paisaxística e seu rico pasado fan dela un lugar de
parada obrigatoria os camiñantes. De seu rico pasado, conserva como xoia da súa
industria popular as antigas casas da cera, pois estes paraxes montañosos,
foron noutro tempo un activo gremio dedicado ma realización e comercialización
de cera, chegando esta a terras de Valencia. Todo cobra vida e comezase a
entender cando visito o coñecido e restaurado Largar de Tío Bernardo, no cal pódese
ver o proceso para a elaboración da cera comezando coa recolección da cera dos
panais das abellas, e así pouco a pouco pasando por o fabricado tradicional
chegase a cera para utensilios como velas. Na casa da cera de Tío Bernardo pódese
ver a perfección o mecanismo, onde destaca o pau grande do trabe para prensar.
Nos redores tamén se pode ver un gran lagar empedrado da cera que era onde secábase.
Despois de visitar estas reliquias da industria da zona noutros tempos, me
dirixo a zona central da aldea, por onde co seu rico patrimonio e traballos de canteira
parece que non pasou o tempo por aquí, fontes, canastros, cruceiros, rúas
empedradas… ata que chego o lado da igrexa o “Botiquín”, pequena casa
restaurada que seu uso pasou a centro de interpretación.
Pero o que procuraba,
para sentir máis ese camiño que busco cara a Franqueira atopase no patio deste,
pois alí amarrado como todo un símbolo de Paraños atopase un fermoso mehir que
segundo teño entendido, o atoparon cando arranxaban as rúas empedradas de arredor
da igrexa. Este e de forma estreita alongada chegando o metro setenta, e ten
tallada na parte alta unha cruz cristián, que se pode ver que e recente. Na súa
parte media ten outra talladura que parece máis antiga e menos marcada que si
pode ter outro orixe. Toda unha xoia dos nosos antepasados, a cal sería moi
parecida a que buscaba anteriormente en Meirol, agora, con muito máis animo,
prosigo meu camiño montaña arriba.
A Lamosa
Deixo atrás Paraños para seguir ata A Lamosa, sen saír do concello do
Covelo. Esta pequena parroquia, situada tamén os pes da N-120 garda igual xoias
dun rico pasado popular nas serras da Paradanta. O chegar me decato que se
atopan en de festas, pois están na romaría da Virxe do Libramento, na cal os
devotos fan promesas de e destaca a utilización brazos e penas de cera. Tamén
me levo a sorpresa de toparme con queridos veciños da miña aldea, Ribadetea, os
cales tamén se alegran de verme por eses lares.
Pero para chegar o que busco, teño que saír da zona de poboamento sen antes
preguntar, cousa que os seus habitantes moi amablemente me guían ben, pois
busco a antiga casa da cera. Como vedes non só Paraños vivía desta industria
popular, senón que máis lugares dos redores tamén especializáronse nese gremio.
Saíndo da Lamosa subindo por un camiño alí me atopo, case absorbida súas ruínas
pola natureza, o cal dálle un toque máxico, a antiga casa da cera. Esta atopase
estratexicamente no centro dun cruce de camiños, que pola pinta podíase tratar
do antigo camiño real onde se bifurcaba para dirección O Covelo e a propia
Franqueira. Pese a seu estado ruinoso esta inda conserva seu pau principal, a
traba e seus lagares, unha magoa seu estado.
Sen saír da encrucillada, me chama a atención un curioso cruceiro cunha estrutura
de cuberto en pedra e cunha cruz no medio dentro, a cal ten pintada un curioso Cristo,
que fai que o lugar inda dálle un toque máis máxico.
Volto meu camiño dirección a Lamosa, pensando que posiblemente por alí
antes de existir as nacionais, pasasen viaxeiros e comerciantes con carros
cheos de cera, cultivos, gando… Cando entro nas primeiras casa, a maioría en
ruínas construídas con pedras graníticas, subo o patio dunha para ver un antigo
lagar da cera empedrado, por aqueles tempos de seguro era unha fonte de vida e
traballo para os veciños do lugar, hoxe só e un testemuña dese pasado case
cuberto pola maleza e ruínas. No lugar aparéceme un amiguiño que parece que sae
a saudarme para logo saír correndo como unha bala, tratase dun coello que non
contaba con miña silenciosa presenza alí.
A Franqueira
Agora si que me desvío no meu camiño do trazado da N-120,
desviándome montaña arriba cara a Franqueira. Paso a fermosa aldea de Corzos
cunhas bonitas vistas, aquí non e difícil toparte con manadas de cabalos e
vacas, así ata que chego A Franqueira, santuario de devotos peregrinos.
O templo, o cal só conserva a igrexa moi modificada co
paso dos tempos do antigo mosteiro, e actualmente o centro de devoción cristián
da señora da Franqueira. Mesmo así, inda conserva un altar fora para dar misa o
ar libre como se facía na súa fase máis primitiva. Paso tamén por diante da “capela
das limosnas”, onde non deixa de entrar xente, entre elas curiosos como eu ou
devotos que ofrecen súas ofrendas a cambio dunha promesa. Mesmo así, miña vista
se queda cravada no alto da montaña, onde se ve unha gran cruz de formigón no
alto, pois alí, no santuario máis primitivo que non coñece muita xente e foi onde
comezou todo, e onde acaba meu camiño.
Pero antes de marchar, me sorprende un mural
onde se ve a Señora da Franqueira tirada por un carro de bois o estilo deusa
grega Cibeles, recordando así a tradición onde unha vez o ano, as parroquias
dos redores da Paradanta e O Condado suben seus santos xunto a Señora mai na
Franqueira, tradición curiosa que segue alimentando meu sentimento primitivo
deste lugar.
Ascendo ata a cima da Paradanta, o meu redor un fermoso
paisaxe dende o que vexo o val do Miño coa serra veciña da Peneda o fondo, e o
outro lado o val do Tea e as serras litorais como o Galiñeiro, e máis o fondo,
nun día despexado tamén se pode ver o mar e as Illas Cíes, o norte, tamén podo
ver as serras de Faro de Avión (teito de Pontevedra) e o Suído e máis aló
outras serras ourensáns. Todo isto fai dar a sensación de que te atopas no
centro do mundo, ou dun mundo do cal tento coñecer, pois os devanceiros que
fundaron ese santuario primitivo debían coñecer ese mundo moi ben para elixir
un lugar tan insólito, enerxético e paisaxístico. Alí no cumio, no Couto da
Raíña, na actualidade gardada por monstros de ferro coñecidos como muíños de
vento ou eólicos, os cales co seu son rompen a paz do lugar, atopase o antigo
santuario da Señora da Franqueira.
Non sei como describir o lugar, pois pódese ver a perfección unha simple cristianización dun antigo espazo sagrado pagán, A Señora, que na actualidade se atopa en forma de estatua nunha coviña, ten na a súa fronte un altar de pedra e detrás unha cruz, e no fondo unha paisaxe que che deixa mudo na primeira impresión a calquera que se acerque. Preto se ve unha pía cavada nunha rocha e unha especie de sillar, que parece alí perdido ou traído doutro lugar, tal vez do antigo mosteiro. Tamén se poden ver paganismos como acumulación de pedras, pero o que máis importa, e que alí, se cerras os ollos e déixaste sentir, podes sentir o mesmo que sentía cando estaba o lado do mehir de Paraños, esa enerxía que xira entorno a un e A Señora, pura e limpa lexos de templos de pedra cerrados, pois creo que atopei o fin do meu camiño, pois A Señora Mai Terra ten súa esencia alí mesmo naquel paraxe. Tal vez e ese seu significado inicial primitivo de devoción, a Gaia, a Amaia, a Nai Terra.
Despois de meditar muito tempo no santuario, tamén visito
as cimas de seus redores, indo primeiro a onde se atopa a xigante Cruz de
formigón. Pese estar lexano da vida humana, o sitio esta cheo de vida, vacas,
cabalos, piñeiros, ata me sorprende a cantidade de azafrán silvestre que cubre
parte das praderías co seu toque a cor morado. Preto da Cruz, por onde subía o
antigo camiño o cumio, pódese ver as mellores panorámicas sobre a parroquia da
Franqueira e seus redores, recordando súa esencia de paisaxe típico galaico.
Tamén vexo dende alí a perfección o cércano alto de Fontefría, emblemático
porto de montaña da N-120.
Por último visito outra cima onde na actualidade hai tres
eólicos, sorpréndeme no lugar aparte das fermosas vistas con caídas abruptas cara o val do Miño, a construción de varias vivendas con forma castrexa circular. Descoñezo súa función, igual
para gandería supoño, pero o lugar dálle máis nostalxia do seu posible rico
pasado espiritual.
E aquí no último cumio tamén remata este novo camiño da
miña vida, o cal creo atopar, polo menos no meu sentimento esa esencia e
espiritualidade que puido ter noutros tempos a Señora da Franqueira e seus
antigos devotos, aqueles que percorrían vales e montañas a pe, para poder ver
nun lugar do mundo pero que asemella o centro del, a súa Deusa e Señora Mai
Terra celta.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)