Mostrando entradas con la etiqueta Arqueoloxía olvidada. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Arqueoloxía olvidada. Mostrar todas las entradas

lunes, 15 de junio de 2015

Capela medieval de San Martiño, Couso-Guláns

No lugar de San Martiño, saíndo do barrio de Couso en dirección Guláns a altura do cruce que vai para San Cibrán, nos topamos cos restos duns dos bens patrimoniais menos coñecidos do concello, a antiga capela de San Martiño.
No lugar nos topamos o pe da estrada o seu nome topográfico e unha cruz moderna, pero para atopar os restos non e doado, pois estes están a man dereita da pista que vai a San Cibrán tras o bosque de silvas e vexetación.
Na actualidade estás ruínas se atopan en fase de estudo, os arqueólogos fixeron a súa primeira investigación da que pouco se sabe e deixon os restos cubertos con prásticos para futuros estudos.

Pero do pouco que imos sabendo desa primeira intervención arqueológica e que a súa data de orixe pode ser máis antiga o que se creia, puidendo chegar os séculos VIII ou IX d.C, época escura da cal non contamos con muitos restos na Galiza. De ser así, o máis seguro e que a capela de San Martiño nun primeiro momento fose un posible pequeno mosteiro entre o Val do Tea e terras da Louriña.
Polo momento non imos descartar ningunha hipótese ata novos estudos arqueolóxicos, polo que imos estar a espera. Recordar que se atopa moi preto do antigo castro e posible santuario pagán anterior de San Cibrán, o cal a día de hoxe e un santuario cristián.
O que si temos algún dato sacado do libro Descubrindo Guláns de Arísteres Carrera sobre a lenda que contan os vellos sobre porque foi derruída esta capela.

"Certo día cando pastaban pastaban na zona un rebaño de ovellas e cabras, cando foron sorprendidas polo lobo. Un dos animais para salvar a vida meteuse no interior da capela pois esta habitualmente tiña a porta aberta. O lobo coa fame non respetou o lugar sagrado e matou un cordeiro de dios no seu interior. Posteriormente os veciños, vendo sangue dun cordeiro nun lugar sagrado, decidiron eliminar a capela derrubando as paredes.


lunes, 9 de marzo de 2015

Mondrico, da fundación de Mondariz os paquetes de tabacos Celtas

Mondrico, un antigo nobre de orixe xermano do Reino Suevo da Gallaecia, apodado "O Bravo" foi segundo a lenda o fundador de Mondariz nos tempo do rei Resismundo fillo de Maldrás (que realmente encaixaria co o rei Remismundo). Este articulo esta basado no libro "Lendas, contos e outros relatos de Mondariz e o Balneario" escrito por Xoan Xosé Pérez Labaca.

Imos resumir un pouco esa lenda e que nos conta no seu libro Labaca, aínda que esta mezcle datas e etapas históricas, pero o interesante aparte da lenda e que se mezclamos o nome de Mondrico coa terminación que ben do xermano -iz (que posiblemente significa pertenza ou de alguén) nos sae  Mondariz, ou como di a lenda antigamenente, "Terras de Mondrico".

Mondrico era fillo de Andrico e Tornela, que residían na capital do Reino Suevo, Braga, os dezaoito anos decidiu participar en apoio a corte de Braga contra as revoltas Aunensis, a cal no libro segundo a lenda data no 561, data que para encaixala na historia habría que quitarlle 100 anos e situala no 461 durante o reinado de Remismundo. Aquela revolta fora provocada o parecer por antigos aristócratas galaico-romanos que non querían perder seus privilexios das terras ante o dominio suevo, o lugar da revolta foi probablemente nas terradas dos redores da antiga cidade de Tui, inda que algúns estudosos a sitúan na zona de Ribadavia, eu persoalmente ata engadiría a posibilidade do val do Tea.

Remismundo, rei da Gallaecia do 459 o 469.

O certo e que a Mondrico foille moi ben na loita e unha vez que conseguiron sofocar a revolta, foille concedido o privilexio nobre de poder levar sempre en calque lugar a espada no cinto, escudo redondo e casco. Despois disto Mondrico coa súa xuventude e valentía viva andivo pola Gallaecia dun lugar a outro na procura de aventura. Rematando no que na lenda chama Varda (A Guarda), onde namorouse da filla do gobernador desas terras Garderico, a fermosa Sabaxiana, a cal xa estaba prometida o gobernador das terras do val do Tea, Antróñico, o cal gobernaba dende o antigo castro de Tróñica (Troña).

Polo seu estatus de ser o máis nobre dos que se atopaba na Varda, seu gobernador Garderico mandoulle levar súa filla Sabaxiana ata Troña, para ser tomada por seu prometido Antróñico, isto partiulle o corazón a Mondrico, pero por súa nobreza decidiu aceptar a levala. 

No camiño fixeron noite na zona das Gándaricas de Budiño (Gándaras de Budiño), onde ambos uniron súas ialmas. Retornado o camiño a Troña seu amor fíxose real, e o chegar Mondrico cegamente namorado retou a Antróñico polo amor de Sabaxiana. Este indignado maldeciuno, pero como tiña condición de nobre tivo que aceptar seu reto, pero coas súas condicións. 

Segundo a lenda Mondrico tiña que derrotar dous dos seus máis feros guerreiros, e despois se sobrevivía a el nunha loita sen casco nin escudo, de conseguilo o millor tirador de fonda de Troña lanzaría unha pedra e a dúas distanzas máis lonxe do tiro podería asentarse con Sabaxiana. A loita foi feroz pero Mondrico conseguiu vencer a ambos guerreiros e despois o propio Antróñico, o cal coa súa espada na cabeza perdonou a vida pola súa nobre decisión de aceptar o reto.


Mondrico e Sabaxiana foronse dirección a pedra e chegaron a un lugar onde unha fonte clara de augas cristalinas, onde Mondrico bebeu e despois berrou cos brazos o ceo, "¡aquí neste sitio, quédanse Mondrico e Sabaxiana! ¡esta fonte deitará auga para min e para os meus! ¡estas son, dende agora, as miñas terras! ¡Terras de Mondrico!"

Mondrico asentouse o parecer na zona do Castromao, nos redores de Mondariz na estrada que vai do colexio a antiga Ponte de Cernadela. A seu asentamento achegaronse algúns guerreiros os cales levaron tamén súas familias creando un prospero núcleo de poboación.  Mondrico fecundou unha estirpe, a cal en tempos de San Martiño de Braga (Martiño de Dumio) por intervención directa deste converteuse o catolicismo. De Mondrico segundo conta Labaca surxíu este cantar popular nestas terras:
Esta é a terra dun home
que loitou por ser feliz
terra de Mondrico, O Bravo,
fundador de Mondariz.

Na foto lugar actual do Castromao.

Desta lenda de Mondrico e a fundación de Mondariz, e de destacar de forma interesante un aporte que engade Labaca, o cal di que nos anos vinte do século pasado escavando Pericot e Cuevillas na zona do Castromao de Mondariz atoparon a figura esculpida de Mondrico. Esta nun principio foi depositada no museo Etnográfico de Pías (Pías, Ponteareas), onde perdeuselle posteriormente a pista para logo ser topada na posesión dun boticario catalán coleccionista no ano 1954, morrendo este sen descendencia perdendose de novo súa pista. Agora sábese con certeza segundo Labaca, que se atopa nunha colección privada dun acaudalado americano en Sausalito, San Francisco (EE.UU), unha magoa pero isto por desgraza non e estrano co noso patrimonio galaico.

Pero o curioso, e que a figura de Mondrico serviu de modelo pola mala información ou documentación de algunha persoa, a cal pensou que era celta e non de estética xermana como modelo ilustrado dos paquetes de tabacos Celtas, antiga marca de Tabacalera S.A. Non e fascinante a onde chegou Mondrico!


domingo, 28 de diciembre de 2014

O Castelo da Torre, Nogueira (Ponteareas)

Situándonos na parte suroeste do concello moi preto do linde con Salvaterra de Miño, na parroquia de Nogueira nos atopamos con esta escarpada elevación baltolítica (rochosa) que como ben nos di seu topónimo, A Torre, nos pistas e indicios que nosos ancestros utilizasen este baluarte defensivo natural cun gran control visual para construír unha fortificación.
Pouco sabemos da historia do antigo castelo medieval que aquí construíron, pero si podemos ver aparte da súa toponimia restos ou marcas das súas antigas estruturas que ata nos poden axudar, nun campo hipotético claro tentar calcular o seu período medieval de vida.

Primeiro imos falar da estrutura natural do monte, pois este presenta pola cara nordeste unhas defensas naturais formidables, o monte e moi escarpado e con profundas caídas, tamén hai abundancia de formacións rochosas de grande tamaño que foron aproveitadas para con pequenos foxos fortalecer as boas defensas naturais. Mentres que pola cara suroeste as defensas de carácter naturais son menos notables, polo que construíron un grande foxo de case 100 m de longo por uns 10 de ancho que reforzaba toda a cara oeste, mentres que na sur aproveitaron outras grandes formacións rochosas para parapetalas e fortificalas. E nesta cara onde aínda conserva un camiño que parede que puido ser a entrada principal o recinto superior.

Posible restos da entrada principal polo camiño de acceso e abaixo gran foso na parte oeste.

Na parte alta central destaca antes do gran penedo da cima, unha planicie socalcada que correspondería o posible patio de armas. Enriba de este o grande penedo de San Xosé, onde se situaría a torre de homenaxe. Sobre o penedo se pode observar claramente as marcas talladas na pedra nai do que foi os muros da torre, facendo un rectángulo a estrutura duns 5 por 8 metros. Destacar tamén nun rebaixe do penedo na cara sur restos de rompeduras rectas na pedra nai, posiblemente puido ser unha edificación secundaria tal vez vinculada a unha capeliña ou algo similar.






Marcas talladas na cima do penedo dos muros onde se asentou a torre do homenaxe.

Vista o parapeto do antigo patio de armas e contra o penedo da torre de homenaxe, posible lugar onde existira outra extructura.

Destacar tamén na cara norte, entre grandes rochas un pequeno camiño que descende entre elas e que remata nunha cova que sae da zona fortificada e do foso o exterior, polo que pode que se tratara dunha porta secundaria. Para fortalecer esta hipótese no camiño entre dúas grandes rochas no paso nunha parece que hai restos de estar con restos como de talladura nunha dirección de abaixo cara arriba, polo que pódese tratar das marcas dunha antiga porta levadiza que cortaba o estreito sendeiro de acceso.


Psible acceso con porta secundario na cara norte por un estreito sendeiro entre os penedos que separan a zona fortificada do interior. Tamén se pode ver unha cova que faria de entrada o recinto e unha marca de talladura entre dous penedos no estreito sendeiro, que puido corresponder a unha porta levadiza.

Dicir que cando buscaba o monte, puiden falar cun señor da zona duns setenta anos que me contou que de pequeno contaban que ese monte da Torre tiña un encantamento, e que se escavábase nel podería aparecer veleno, auga ou ouro, sabendo así que A Torre conserva folclore en lendas.

Por último engadir que o rastrexo na zona non e doado, pois o terreo se atopa cheo de follas e musgos, aparte notase alterado con destrucións polo que parecen pequenas canteiras tradicionais, polo que muitos restos de pedras seme talladas na zona poden pertencer a estas explotacións mineiras, pois no asentamento non queda resto de estruturas da época. Tampouco se ben restos de destrución a simple vista, polo que o pode indicar que o Castelo sería abandoado como muitísimos outros galaicos a finais do século XV e súas estruturas acabaron en construción veciñais posteriores, pois nesta zona ver antigas casas abandoadas moi antigas polos montes e normal.
 
Polas marcas estruturais da torre de homenaxe, o traballadas que están as defensas na cara oeste e sur pode parecer o Castelo que nos chegan seus restos a día de hoxe como pertencente o período baixo medieval, e polo seu amplo campo visual que domina controlando todo o val do Tea chegando o do Miño, que puido se un punto estratéxico nas guerras feudais galaicas do século XV, como as que tiveron nestas terras entre as familias dos Soutomaior e Sarmiento.

FICHA TÉCNICA

Tipo de ben:  Asentamento Fortificado Medieval (Castelo)   
Lugar: A Torre, Nogueira (Ponteareas)
Altitude: 105 m

Cronoloxía: Medieval (Posiblemente tardomedieval)                 
 Propiedade: Privada, mancomún
Catalogado pola xunta: Si GA36042033

Estado de conservación:  Abandoado, sen restos de construcións pero si con marcas dos muros e estrutura defensiva, no lugar hai danos por canteiras tradicionais.
Conserva tradición oral: Conserva unha lenda polo menos.

COMO CHEGAR
Non e nada doado, hai que coller unha pequena estrada que sae dende o outro lado da igrexa parroquial de Nogueira, onde hai un pequeno campo de fútbol, onde máis arriba a man esquerda aparece un camiño de terra que baixa a unhas casas. Por ese camiño a uns 50 m desviase outro (o primeiro) de terra a esquerda que sube o monte, subindo por esa pista chegase o lugar. O máis doado preguntar por o monte da Torre, onde había antigas canteiras en caso de non topar estas pistas.
Pronto subirei vídeos tamén da xornada para explicar e ver mellor o que esconde o monte da Torre.


jueves, 11 de diciembre de 2014

Cultura Castrexa, O Castro do Couto (Areas)

Asentamento fortificado castrexo de importante tamaño situado na parroquia de Santa Mariña de Areas, en Ponteareas. O castro atopase a beira da estrada que une Areas con Guláns e mesmo foi danado por esta, foi construído aproveitando un outeiro ben marcado no terreo que ten na súa parte máis alta 110 m sobre o nivel do mar. Destaca que nas partes menos defensivas do outeiro construíuse un complexo sistema defensivo de foxos, parapetos e terrapléns.

Deixando o complexo defensivo para o final, imos co asentamento habitacional e o que nos chega a día de hoxe, dicir que o entorno esta totalmente tapado de arbores de folla caduca como castiñeiro e carballo polo que fai moi difícil na época do ano que estamos un rastrexo da zona por atoparse todo cuberto por follas, destacar tamén a presenza importante de maroteiro (madroño) no lugar.


Accedo o recinto por un camiño na cara noreste que se interna bordeando o parapeto ou terraplén principal do castro, tras subir este un atopase na principal terraza do poboado e maior , que vai dende a zona central ata a zona norte. Tamén na zona sur ten outra terraza inferior e outra máis pequena na cara oeste, ben delimitadas e socalcadas no terreo.

Sobre a terraza central atopase o cumio, no cal no alto tamén se atopa unha pequena terraza ben sobresaínte con pedras na que destaca un penedo na parte máis alta que fai de cumio, dende o cal se pode observar o val do Tea e o seu afluente o rio Xinzo. Este penedo na súa superficie ten cavada unha pía que limpei, seguramente vinculada o campo espiritual e de rituais dos seus antigos habitantes, nosos ancestros. Destacar tamén que baixo este penedo, na súa base hai unha pequena cova, a día de hoxe moi fozada pola presenza de xabaril.

Baixando pola cara sur pode observarse que o terraplén e máis pronunciado ata a terraza sur, onde atópanse as ruínas dunha antiga edificación datada do ano 1925 que tiña funcións comerciais. Nos redores de esta por movementos de terras máis actuais pódese observar restos dun muro moi antigo que poden corresponder a época castrexa. Dende esta terraza cae un profundo terraplén a estrada.

Dende a estrada, na súa cara este e tamén norte pódese observar como esta desfixo parte do complexo sistema defensivo de parapetos e foxos, que forman un complexo sistema nesta zona en forma de foxo-parapeto-foxo, sendo algúns de tamaño e altura desproporcionados, moi similar a outros castros do val do Tea con características de época romanizada. Tamén no lado norte pódese observar os restos dun longo foxo que bordea o xacemento.




Como conclusión resumindo nos atopamos ante os restos dun castro con características similares a outros da zona, conservando moi ben súas estruturas defensivas pero case nada das súas construción internas. Presenta unha base moi traballada polo que nos pode caracterizar que polo menos o que se conserva parece vir da época romanizada, inda que puido ter un orixe anterior.

FICHA TÉCNICA

Tipo de ben:  Asentamento Fortificado (Castro)   
Lugar: o Couto, Areas (Ponteareas)
Altitude: 110 m

Cronoloxía: Posiblemente en período romano                 
 Propiedade: Privada, varios donos (polos marcos)
Catalogado pola xunta: Si GA36042035

Estado de conservación:  Abandoado,aterrado e danado nalgunhas zonas, inda que conserva ben súa estructura.
Conserva tradición oral: Sen datos

COMO CHEGAR

Na estrada que une Areas con Guláns nunha curva pronunciada dirección Guláns xunto antes de chegar o punto limpo, na man dereita podemos ver xa as alteracións dos terrapléns e parapetos, Xusto na curva do castro hai un ramal vello da estrada antiga en desuso.

jueves, 6 de marzo de 2014

SOS Mámoa do alto do Marco (Ribadetea)

Aquí podemos ver fotos dos danos que sufriu a mámoa do Alto do Marco nos montes do Salgueirón, como se ve sufriu alteracións polo paso dunha maquina limpadora que pasoulle por enriba. Pero este non e o maior problema, xa que isto ben de que están ampliando un corta-lumes que xa pasaba moi preto do monumento funerario, e posiblemente esa marca sexa o linde ata onde chegue tal corta-lumes arrasando desa maneira a mámoa. Dende aquí xa puxemos isto en coñecemento do concello e esperemos que actúen rápido con patrimonio e así paren este novo atentado contra o patrimonio. a mámoa esta protexida por patrimonio coa clave GA36042066 e atopase nas coordenadas LONX.: 08º 34' 10'' LAT.: 42º 12' 48''.