Pequeno vídeo do autor (O Meigo do Tea) con fotos das súas viaxes pola nosa terra meiga.
Blogue adicado a historia e vida do concello de Ponteareas, O Condado e seus redores, onde tocarase máis pa fondo a historia máis antiga e marxinada destas terras. concello de Pontevedra así como actualidade, patrimonio e outros temas.
viernes, 31 de enero de 2014
jueves, 23 de enero de 2014
Parte da batalla xa esta gañada
Ponteareas, primeiro concello libre de herbicidas
Aposta por métodos mecánicos ou biolóxicos non contaminantes nos espazos públicos e promocionará cursos formativos sobre agricultura ecoloxica.
Ponteareas será o primeiro concello galego en estar libre de herbicidas, cando menos, nos espazos públicos. Así o aprobou por unanimidade o pleno municipal que aposta polo uso de métodos mecánicos ou biolóxicos non contaminantes e sen dano para a saúde e o medio ambiente.
Todos os grupos do concello tamén acordaron a promoción de cursos formativos sobre agricultura ecolóxica e libre de químicos nas parroquias para favorecer a sustentabilidade e a saúde da cidadanía de Ponteareas, así como o mantemento da calidade da auga.
Contaminación de augas
No plento tamén se debatiu a preocupación dos veciños da parroquia de Ribadetea en relación coa posible contaminación das augas para consumo humano pola aplicación de herbicidas.
A este respecto, acordouse por unanimidade que se garantirá a saúde dos veciños solicitando á entidade que pretende realizar a aplicación de herbicidas en puntos de captación de augas veciñais métodos de control alternativos e non químicos.
A prohibición, realizada por iniciativa do Grupo Ecoloxista Adenco, foi trasladada a todos os colectivos e entidades políticas, sociais e veciñais do concello ademais da outros organismos como a Deputación de Pontevedra, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Insfraestructuras e o Ministerio de Fomento por ostentar competencias na conservación de espazos onde se aplican tratamentos con herbicidas.
O grupo ecoloxista considerou estes acordos como "moi positivos" aínda que anunciou que esixirán o cumprimento das prohibicións e acordos animando aos veciños a denunciar calquera actuación de vaia en contra do pactado.
A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.
FONTE: Galicia confidendcial
lunes, 20 de enero de 2014
Triste ignorar e ocultar a nosa rica historia e traer a épica estranxeira
Porriño regresará a la época de los celtas con una fiesta ambientada en la Galia
Recreará las historias de Astérix y Obélix - El evento se celebrará en verano, en dos jornadas
J.C. 18.01.2014 | 01:03
El Concello de Porriño prepara una nueva fiesta con la que el municipio retrocederá en el tiempo, recreando el ambiente de la Galia, donde vivían los personajes de Astérix y Obélix. "Sumergirse en la historia y viajar cientos de años atrás para revivir las culturas y costumbres de nuestros antepasados es el objetivo de celebrar Porrigalia", señala el edil de Festejos, Manuel Alejandro Lorenzo.
La fiesta se realizará en dos jornadas de un fin de semana de verano, todavía sin concretar. "Participarán activamente la hostelería y el comercio de la villa, así como también los clubes deportivos, las asociaciones y todos los vecinos que así lo deseen", aseguró el alcalde Nelson Santos, quien añadió que "comenzaremos a reunirnos con todos estos colectivos para organizarnos y poner en práctica el proyecto ya realizado por el Concello para celebrar Porrigalia".
El objetivo de esta iniciativa es que las personas que asistan se vistan con indumentarias celtas y que los bares, comercios, viviendas y calles se decoren para la ocasión. Se reproducirán las historias de Astérix y Obélix, acompañados de algunos de sus amigos, tales como Ideafix, Panorámix o Esautomátix.
Así, se dispondrán puestos de comida y bebida, habrá danzas, demostraciones, teatro, fiestas nocturnas y se realizarán unos juegos olímpicos, con modalidades ambientadas en la época: lanzamientos de jabalina y de menhir, carreras de relevos y de cuadrigas, salto libre, lucha, juego de puntería, enfrentamiento a la "bestia", cruce del abismo y toreo, entre otros.
"Todo ello servirá de muestra de las costumbres galas en los diferentes ámbitos de la vida, desde el deporte, hasta la familia o la gastronomía", indica Lorenzo.
También se recreará un debate y una sesión plenaria destinada a mayores de 60 años, se llevarán a cabo competiciones entre galos y porriñeses, en disciplinas como la música, la herrería o la cantería.
FONTE FARO DE VIGO.
Dicir a esta iniciativa que ben sendo o típico por desgraza de dar valor o
de fora e ignorar o noso, pois neste caso O Porriño e un dos concellos que máis
lendas garda da época prerromana, lendas da belicosidade dos antigos poboas
castrexos e ata a resistencia deles o avance romano sendo segundo unha lenda,
as últimas terras en renderse do territorio galaico.
Podemos recordar así dúas lendas das terras da Louriña, a primeira
ambientada no século IV a.C da cal se gardan fragmentos posteriores no Archivo
Diocesano da Catedral de Tui:
O redor do ano 377 antes de
Cristo un labrego que asentabase xunto as augas do río Louro e asesinado xunto
súa familia polo rei dos Grovios (Tribu con capital na zona de Tui) chamado
Trota “o Ilustre”, o parecer por motivos de queixas ante os impostos deste.
Entón os poboadores se alzan en
armas e marchan contra trota cuns 100 guerreiros, os cales se unen outros 400
bracarenses (da tribo belicosa dos
Bracaros, que asentábanse na zona da actual Braga) todos as ordes do xoven
guerreiro Ghovari, o cal vence os tudenses matando a Trota e súa familia en
vinganza, gañándose un gran respecto das tribos dos seus redores. Logo instala
súa nova capital como caudillo dos Grovios en “A Quinta”, na parroquia de Pontellas.
O nome de O Porriño descende do
sobrenome que se ganou o novo caudillo, o cal chamaron “O Pueril”, pois só
contaba con 17 anos cando venceu a Trota, sendo así o orixe do nome de O
Porriño e súas terras.
Aquí vemos unha lenda que perdura no tempo que nos mostra os conflitos
internos entre tribos castrexas e súa belicosidade creando aveces alianzas con
outras tribos para problemas internos. A parte que ven sendo a lenda a cal da
orixe o nome de O Porriño do xoven rei Ghovai o Pueril. Pois agora vai a outra
que tamén ten unha gran importanza se o que conta e verdade.
Se di que alí chegou o redor do
ano 70 d.C o xeneral romano Vespiano e súas tropas. Os Grovios que habitaban as
ribeiras do Louriña conseguen resistir 7 meses, pero logo chega a lexión XI
Legio Ave Fénix que cambia a balanza. Finalmente no ano 72 os Grovios porriñeses deciden pactar e renderse abríndolle
a s portas a Roma, sendo o último pobo galaico en facelo. O trato beneficiou
tanto a eles como roma, facéndose socios comerciais e non sometidos.
Con un estilo moi o de Obelix e Asterix resistindo os romanos, e sendo os
últimos do país Galaico pero neste caso nas súas propias terras, pero claro,
seguramente nin os políticos porriñeses coñecen ou preocúpanse coñecer a súa
historia e o de fora sempre vende máis, triste pero esa e nosa realidade.
jueves, 16 de enero de 2014
martes, 14 de enero de 2014
Un cambio da forma de vida, cultura castrexa no V a.C, I parte
Situándonos nunha
liña cronolóxica entre a idade de Bronce final e o inicio da idade do Ferro
galaica, entre o cambio da vida en poboados simples o ar libre a expansión e
progresión da cultura castrexa en poboados fortificados e alterados
artificialmente do entorno natural. Posiblemente ese asentamento máis forte a
un lugar fixo teña relación cun crecemento dunha agricultura máis intensiva en
terras máis profundas, deixando nun segundo plano a recolección.
Pode ser que preto deste período, cunha crise global na Europa de falta de recursos para a metalurxia apareza unha etapa de intranquilidade e escaseza, polo que o saqueo convertese nunha vía de riqueza e facilidade nos malos tempos. No caso galaico, xa antes do V a.C que e cando se expande a cultura castrexa, temos asentamentos fortificados característicos desta cultura. Puido ser que nestas terras xa existise a necesidade nalgúns casos como castros costeiros que practicaban comerzo con ricas culturas distantes de fortificarse para protexer esa riqueza, ou tamén pode que sexa o inicio dunha sociedade guerreira vinculada o estatus do guerreiro, neste caso temos premisas de que puido ter que ver non só con riquezas materiais senón tamén co gando, polo que romarías ancestrais que chegan os nosos días como o rapto do gando na “rapa das bestas” puido ter un orixe neste período. Pouco a pouco iremos analizando por partes este período para poder facer un pequeno estudo que nos acerque a como puido ser esta época de cambio.
Castros anteriores o século V a.c ou que comezan seu
inicio nese século.
Pero xa antes do
século V a.C comeza no territorio galaico a forma de hábitat en recintos ou
asentamentos fortificados do exterior, alterando o terreo de forma artificial
con foxos ou terrapléns de terra para unha millor defensa. E máis, consta
destacar que algúns importantes asentamentos con estas características chegan a
este período xa abandoados ou deshabitados.
Son os casos por
exemplo de asentamentos moi antigos como Terroso (Mos) que data como inicio no
século VIII a.C e polo final VII a.C xa estaba abandoado, pese ser avanzado
para época con muros e vivendas en pedra, destaca a aparición dunha fouce xa de
ferro e non de bronce. Outro caso parecido ocorre co castro de Penalba (Campo
Lameiro) o cal data do século VII a.C e chega a este período xa deshabitado. Pero
un dos casos máis descoñecidos e tapados que presenta unha importanza de primeiro
orde sería o caso do xa desaparecido castro da Punta dos Muros, na A Coruña.
Este antigo asentamento xa desapareceu para sempre baixo as obras do Porto Exterior
da Coruña, pasando a ser só un recordo do que puido ser un dos primeiros
castros coñecidos e avanzados da Europa
Atlántica.
Este
castro que se atopaba nunha península datou cunha fecha de inicio no século IX
a.C, tendo seu maior auxe no VIII o VII a.C. Estaba totalmente construído en
pedra cunhas vivendas alongadas adaptadas o entorno natural e con algo
peculiar, non había practicamente restos de comercio pese ser costeiro, nin de
agricultura ou outras actividades económicas, só unha, a metalurxia do bronce. Súa
función pode ser que fora esa, un asentamento excepcional para seu tempo cunha
autentica industria e actividade da
metalurxia do bronce no seu interior, tal vez estamos falando dun pobo
guerreiro? Pola súa situación, datación e carácter puido ser esta a patria do enigmático
Breogán?
Vista aérea do que era o antigo asentamento fortificado
da Punta dos Muros.
Por outra banda,
hai outra serie de poboados antigos que non só pasan o V a.C, senón que medran
seu desenvolvemento e ata algúns chegan a pasar a etapa da conquista romana.
Destacar entre os máis antigos que chegan a este período o castro costeiro do
Neixón Pequeno (Boiro), o cal ten un inicio entorno o VIII a.C con restos dun
importante comerzo púnico e fenicio. Moi similar ocorre co castro da Lanzada, o
cal data cun inicio tamén do século VIII a.C e tamén cun importantísimo comerzo
cos púnicos e fenicios, chegando a posuír no seu interior unha autentica factoría
comercial nunha estrutura de gran tamaño similar a unha vivenda que se
desterrou no seu interior.
Outros castros
costeiros similares que van aparecendo na paisaxe galaica, moi vinculados o
comerzo con pobos estranxeiros son o de Punta do Muíño de Vento ou illa Toralla
en Vigo, o de Âncora en Portugal ou Taramancos en Noia. Estes castros tal vez
tenden a fortificarse precozmente a comparación dos de interior pola necesidade
de protexer e defender eses bens comerciais ante ameazas exteriores, tanto de
terra (indíxenas) como de mar (foráneas).
Vivenda do castro da Punta do Muíño de Vento, que se
atopa agora no interior da casa do mar de Vigo.
Outros castros
igualmente antigos pero que parecen depender doutros factores similares para
seu asentamento son os do sur do territorio galaico, o que hoxe ben sendo o
norte de Portugal. Neste caso temos castros moi antigos como Roriz (Barcelos)
ou Penices (Braga) que poden datar nun inicio entorno o X-IX a.C pero cun hábitat
máis de val. A diferenza que as augas
tranquilas das Rías Baixas, estes poboadores buscan o val con vías fluviais
para asentarse ante as bravas augas abertas do Atlántico, así podemos destacar
os vales do río Cabe e Ave nun primeiro
plano, e logo os do Miño, Limia e Douro.
Estes castros teñen
un desenvolvemento agrícola seguramente maior, o que fai un incremento demográfico
facendo que nos séculos VII e VI a.C aparezan nesta franxa sur entre o Miño e o
Douro muitisimos novos asentamentos fortificados, como Coussorado (Paredes de
Coura), Terroso (Povoa de Barzím) ou Santa Luzia (Viana do Castelo) os cales
presentan un tamaño considerable e un nivel de urbanización maior.
Vivendas reconstruídas na cividade de Coussorado.
Por último para
rematar esta pequena introdución con outra serie de asentamentos que aparecen cun
inicio de fortificación esparcidos polo interior do territorio galaico, sobre
todo en vales non distantes da franxa costeira e cunha maior tendencia a zona
sur. Son os casos de Troña (Ponteareas), A Graña (Toques), Castromao (Celanova)
ou Borneiro (Cabana de Bergantiños) que datan cun inicia anterior o século VI
a.C.
Posiblemente estes novos poboados colleran exemplo dos costeiros nalgúns
casos, noutros tal vez por estatus sobre outros poboados do entorno e gardar
riquezas no seu interior, ou simplemente por inseguridade ou carácter máis
guerreiro dos seus poboadores. A maioría neste caso sobrepasarian a barreira do
século V a.C e mesmo este tipo de hábitat, sobre todo en zonas estratéxicas en
vales fluviais aumentaría e expandiríase por case todos os vales do territorio
galaico dende unha franxa costeira cun maior auxe no sur cara terras interiores
e do norte.. Algún importantes puideron comezar a súa actividade neste período como Seceda (Cualedro) ou Monte do Castro de
Vigo e o de Ribadumia.
Este pequeno estudo son unha hipótese e a nivel persoal.
Jhonathan Zúñiga Puga
lunes, 6 de enero de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)