Situándonos na parte suroeste do concello moi preto do
linde con Salvaterra de Miño, na parroquia de Nogueira nos atopamos con esta
escarpada elevación baltolítica (rochosa) que como ben nos di seu topónimo, A
Torre, nos pistas e indicios que nosos ancestros utilizasen este baluarte
defensivo natural cun gran control visual para construír unha fortificación.
Pouco sabemos da historia do antigo castelo medieval que
aquí construíron, pero si podemos ver aparte da súa toponimia restos ou marcas
das súas antigas estruturas que ata nos poden axudar, nun campo hipotético
claro tentar calcular o seu período medieval de vida.
Primeiro imos falar da estrutura natural do monte,
pois este presenta pola cara nordeste unhas defensas naturais formidables, o
monte e moi escarpado e con profundas caídas, tamén hai abundancia de
formacións rochosas de grande tamaño que foron aproveitadas para con pequenos
foxos fortalecer as boas defensas naturais. Mentres que pola cara suroeste as
defensas de carácter naturais son menos notables, polo que construíron un
grande foxo de case 100 m de longo por uns 10 de ancho que reforzaba toda a
cara oeste, mentres que na sur aproveitaron outras grandes formacións rochosas
para parapetalas e fortificalas. E nesta cara onde aínda conserva un camiño que
parede que puido ser a entrada principal o recinto superior.
Posible restos da entrada principal polo camiño de acceso e abaixo gran foso na parte oeste.
Na parte alta central destaca antes do gran penedo da
cima, unha planicie socalcada que correspondería o posible patio de armas.
Enriba de este o grande penedo de San Xosé, onde se situaría a torre de
homenaxe. Sobre o penedo se pode observar claramente as marcas talladas na
pedra nai do que foi os muros da torre, facendo un rectángulo a estrutura duns
5 por 8 metros. Destacar tamén nun rebaixe do penedo na cara sur restos de
rompeduras rectas na pedra nai, posiblemente puido ser unha edificación
secundaria tal vez vinculada a unha capeliña ou algo similar.
Marcas talladas na cima do penedo dos muros onde se asentou a torre do homenaxe.
Vista o parapeto do antigo patio de armas e contra o penedo da torre de homenaxe, posible lugar onde existira outra extructura.
Destacar tamén na cara norte, entre grandes rochas un pequeno
camiño que descende entre elas e que remata nunha cova que sae da zona
fortificada e do foso o exterior, polo que pode que se tratara dunha porta
secundaria. Para fortalecer esta hipótese no camiño entre dúas grandes rochas
no paso nunha parece que hai restos de estar con restos como de talladura nunha
dirección de abaixo cara arriba, polo que pódese tratar das marcas dunha antiga
porta levadiza que cortaba o estreito sendeiro de acceso.
Psible acceso con porta secundario na cara norte por un estreito sendeiro entre os penedos que separan a zona fortificada do interior. Tamén se pode ver unha cova que faria de entrada o recinto e unha marca de talladura entre dous penedos no estreito sendeiro, que puido corresponder a unha porta levadiza.
Dicir que cando buscaba o monte, puiden falar cun señor
da zona duns setenta anos que me contou que de pequeno contaban que ese monte
da Torre tiña un encantamento, e que se escavábase nel podería aparecer veleno,
auga ou ouro, sabendo así que A Torre conserva folclore en lendas.
Por
último engadir que o rastrexo na zona non e doado, pois o terreo se atopa cheo
de follas e musgos, aparte notase alterado con destrucións polo que parecen
pequenas canteiras tradicionais, polo que muitos restos de pedras seme talladas
na zona poden pertencer a estas explotacións mineiras, pois no
asentamento non queda resto de estruturas da época. Tampouco se ben restos de destrución
a simple vista, polo que o pode indicar que o Castelo sería abandoado como
muitísimos outros galaicos a finais do século XV e súas estruturas acabaron en construción
veciñais posteriores, pois nesta zona ver antigas casas abandoadas moi antigas
polos montes e normal.
Polas marcas estruturais da torre de homenaxe, o
traballadas que están as defensas na cara oeste e sur pode parecer o Castelo que
nos chegan seus restos a día de hoxe como pertencente o período baixo medieval,
e polo seu amplo campo visual que domina controlando todo o val do Tea chegando
o do Miño, que puido se un punto estratéxico nas guerras feudais galaicas do
século XV, como as que tiveron nestas terras entre as familias dos Soutomaior e
Sarmiento.
FICHA
TÉCNICA
Tipo de ben: Asentamento Fortificado Medieval (Castelo)
Lugar: A Torre, Nogueira (Ponteareas)
Altitude: 105 m
Cronoloxía: Medieval (Posiblemente tardomedieval)
Propiedade: Privada,
mancomún
Catalogado pola
xunta: Si GA36042033
Estado de
conservación: Abandoado,
sen restos de construcións pero si con marcas dos muros e estrutura defensiva,
no lugar hai danos por canteiras tradicionais.
Conserva tradición
oral: Conserva unha lenda
polo menos.
COMO CHEGAR
Non e nada
doado, hai que coller unha pequena estrada que sae dende o outro lado da igrexa
parroquial de Nogueira, onde hai un pequeno campo de fútbol, onde máis arriba a
man esquerda aparece un camiño de terra que baixa a unhas casas. Por ese camiño
a uns 50 m desviase outro (o primeiro) de terra a esquerda que sube o monte,
subindo por esa pista chegase o lugar. O máis doado preguntar por o monte da
Torre, onde había antigas canteiras en caso de non topar estas pistas.
Pronto subirei
vídeos tamén da xornada para explicar e ver mellor o que esconde o monte da
Torre.