Mostrando entradas con la etiqueta Viaxes do autor. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Viaxes do autor. Mostrar todas las entradas

lunes, 3 de agosto de 2015

I parte do camiño a Bretaña, Sorogain (Navarra)

Nun val moi encaixado a case 1000 metros con saída a Francia, preto de Roncesvalles atopase este fermoso lugar chamado Soragain, en Navarra. Dar con el foi pura casualidade (inda que no camiño dun creo que non existen as casualidades) pois se non chega a ser por seu albergue onde pasamos a noite penso que nunca atopariamos este incrible e remoto lugar.

Estando de camiño entre a Galiza e a Bretaña francesa antes de chegar a Roncesvalles (lugar emblemático do camiño de Santiago e na historia) dimos con este lugar vía internet, descoñecendo totalmente seus encantos. Nun entorno de altas montañas sobre un val de amplos prados verdes repletos de gando, sobre todo vacún e cabalar, os cales tiñan un tamaño e robustez  impoñentes.

Pero Sorogain non ben sendo só un remoto lugar para gozar da tranquilidade e natura, senón que escondia algo máis que descubrimos o entrar no albergue, pois este val, noutros tempos foi un sitio de paso seguramente sagrado e de culto, pois posúe mámoas, dolmens e ata un crómlech ou círculo lítico de pequeno tamaño pero fermoso. 
Tamén unha curiosa acumulación de pedras nun prado que nos fai desconfiar de seu posible orixe.

Cando chegamos tiñamos a noite enriba pero mesmo así decidimos facer parte da ruta da "Estación Megalítica", polo menos os algo máis de 2 km ata o crómlech. Comezamos a andar o mesmo tempo que marchaba a luz do val, a única referencia a estreita estrada sen luz mentres os corvos xa saíran e cantaban os últimos pardais.

A medida que íamos avanzando eu e meu compañeiro que me acompañaba "Nito" (o outro compa Victor decidira quedar a descansar no albergue) nos altos prados ía aparecendo máis e máis gando, sobre todo vacún cuns exemplares brancos e moi robustos. Tamén en grupos máis pequenos cabalos, os cales tamén eran moi fortes e fermosos, os claes cando pasabas preto deles o macho dominante se te acercaba impoñendo coa súa mirada e tamaño.

O primeiro lugar que nos sorprendeu foi unha acumulación de pedras nun prado, era increible a cantidade de pedras alí depositada que contrastaban co resto da paisaxe. 
Penso que seu orixe non e natural, teño entendido que os glaciares arrastran pedras pero nunca vira algo así tan o natural. Recordando que estamos nun antigo lugar de culto prehistórico, dicir que este tipo de acumulacións petreas non son excepcionais, e as veces ata gardan sorpresas debaixo, polo que ben sendo posible que os antigos constructores das mámoas e crómlech do lugar puideran levar ata alí todas esas pedras con fins de ritualística.
Nesta última foto o fondo se pode ver a acumulación petrea baixo a arboleda.

Coa noite pisándonos os talóns deixamos as mámoas a un lado e nos apresuramos para ver o crómlech, pois co entorno tan tranquilo, natural e coa posta de sol era o momento perfecto para captar súa enerxía. Aínda que antes de chegar o monumento megalítico nos atopamos co cadáver devorado dunha vaca polos lobos, o cal fixo que o ambente se voltase algo inquieto, de andar preto a manada xa nos terian visto case dende que arrancamos.

Chegamos o crómlech coa escurecida, seu nome Xanxoten Harría (Pedra Xanxoten) a case mil metros de altitude os pes do monte Sorolepo. De pequeno tamaño, uns catro metros de diámetro e pedras chantadas pequenas, as cales semellaban na actualidade alteradas, seguramente pola gandeiría da zona. 
Pois alí nos atopabamos, practicamente a escuras, rodeados dos tranquilos pero cheos de vida prados. No lugar había unha chamativa enerxía tranquila e positiva, penso que podería estar toda a noite no medio do círculo, con total tranquilidade e seguridade sen temer a noite nin os lobos, esa era a sensación do lugar, non querer marchar de alí.

Comezamos a tocar e tentar sentir a enerxía das pedras, as cales noutros tempos foron base de rituais de nosos ancestros. Sorprendeunos unha delas cunha curiosa forma case perfecta de man, esta se puñas alí a man tiña unha enerxía sensitiva enorme, tanto que nun pricipio chegaba a marear, incrible. Despois de relaxarnos nese tranquilo entorno enerxético, chegou o momento de retornar o albergue.

De volta a paso apurado, cando pasamos de novo polo cadáver da vaca decidimos parar e ver como puido ser a cacería dos lobos, pois e algo do que tamén gosto, e máis penso que de existir un animal guía, o meu sen duda e o propio lobo. O cadáver devorado estaba xusto o lado do pequeno río seco case nesta época do ano, polo que pola pinta foi acurralada alí pola manada. Cando os lobos cazan bestas de tal tamaño quere dicir que se moven en manadas e non individualmente, pois se están solitarios se alimentan de carroña ou pequenas presas, pero nunca unha de tal envergadura. Isto inda daba máis respecto no momento claro, seguramente estariamos no seu couto de caza e  nosa única tecnoloxía era miña cámara co que pouco se podería facer. O cadáver se atopaba devorado de un par de semanas por seu estado de descomposición, tamén atopamos plumas de aves carroñeiras no seu entorno.
a dous metros habría os restos dunha pata do mesmo devorada, outra clara proba de que na manada había varios machos, pois o macho alfa ou dominante marxina os outros machos facendo que coman a parte del e as femias.

Rematando a pequena visión do que alí puído suceder, voltamos de novo o camiño do albergue. Andando a bo paso, co gando moi tranquilo escoitando seus cencerros, íamos falando e fixandonos en cada pequeno ruido que puidese ser sospeitoso de romper a tranquilidade, pois cando chegamos o albergue xa era noite cerrada e só tiñamos a luz dos móviles. O chegar fumos directos a descansar, algunhas almas pese conducir dende as nosas terras galaicas ata o Pirineo inda necesitamos algo de aventuras e sensacións para poder durmir ber.

O día seguinte nada máis levantarnos acudimos no coche de novo o crómlech, agora os tres, pois tiñamos que amosarllo o compañeiro Victor e eu queria despedirme del, aínda que espero nesta vida voltar a el, con máis tempo.
 

Cando arrancamos camiño de Roncesvalles para logo seguir cara a Bretaña, o compañeiro Nito mirou algo con forma alterada dende o coche, o cal parecia ser os restos dunha mámoa que non aparecía en ningún catalogo da zona, un exemplo máis do insólito e inexplorado que aínda se atopa este lugar.
 

Unhas das conclusións que saquei de Sorogain, o cal xa falarei seriamente cando remate as outras sensacións do viaxe das terras galaicas a Bretaña, e que neste insólito paso pudo ser na cultura atlántica que logo deu lugar a celta un lugar de paso sagrado e de culto, e posible que iniciados ou pobos emigrando hipotéticamente nun principio de sur a norte deixaran neste lugar súa pegada, que no seu paso por aquí enterrasen importantes individuos dos seus clans e recordar o viaxeiro de seu culto e recordo fose eterno. Tamén pode dar a pensar que este antigo paso fose utilizado con anterioridade o de Roncesvalles. pèro recordade que todo son as primeiras hipóteses persoais, poden ser certas ou estar erradas, pero a maxía por así chamarlle de poder estudalas e sentilas físicamente as veces faime ver o mundo como o puideron ver nosos enigmáticos ancestros.
                 

lunes, 2 de marzo de 2015

Fotos do roteiro pola Ponteareas Romana

O pasado 21 de febreiro o autor deste blogue Jhonathan Zúñiga organizou un roteiro pola Ponteareas Romana coa boa afluencia de participante (se agradece muito). 
A ruta visitou varios xacementos arqueolóxicos vinculados a minería durante o periodo romano nos lindes actuais do concello de Ponteareas. 

O tema central foi como nese periodo no val do Tea comezou unha nova forma de vida, económica e social totalmente vinculada a minería aurífera extraída do río Tea mediante minas. 

As visitas foron acompañadas por charlas e explicacións do posible proceso mineiro no val do Tea, visitando así os restos das explotacións mineiras da Moscadeira, A Ponte (As Covas), A Barxamoura e a Croa, ademais da posible inda en estudo da Fonte Sapeira.

Tamén visitamos castros mineiros onde viviron os obreiros destas explotacións, como o das Searas en Angoares ou A Croa en Ribadetea. O mesmo tempo pasouse polas antigas pontes dos Remedio e o que queda da Ponte das Cons, falando das vías e calzadas romanas e o proceso de transporte mineiro terrestre e fluvial.

O Roteiro arrancou cunha introducción da igrexa de Angoares, onde antigamente atoparase restos da antiga vila romana que ali existiu. Pasou ademais polas parroquias de Ponteareas, Ribadetea para rematar en Padróns no Río do Barco, onde tralo derrumbe da antiga Ponte das Cons por unha riada no século XVIII púxose un barco tirado de corda para cruzalo Tea.

Agradecer a tod@s os participantes que fixeron o roteiro e a información que compartiron na ruta, na cal aprendimos todos un pouco máis de nosa historia pasada. Se todo vai ben para finais deste mes principios de abril realizarase outra similar con charla por outros restos arqueolóxicos do concello, saúdos! 


















jueves, 5 de febrero de 2015

Ruta guiada pola Ponteareas romana o sábado 28 de febreiro

O sábado día 21 de febreiro se o tempo acompaña, o autor do blogue Jhonathan Zúñiga, organizara unha ruta dirixida pola Ponteareas da época romana durante o periodo do Imperio.
Os lugares a visitar son os seguintes.
  • Punto de inicio e arranque, na igrexa de Angoares, onde estaba situada a antiga VILA ROMANA DE ANGOARES a cal a modo de arrendamento administraría posiblemente as minas do Tea. 
  • Castro mineiro das Searas ou Monte do Castro en Anguares
  • Seguindo a senda do Tea, restos da mina romana da Moscadeira.
  • Ponte dos Remedios no posible antigo trazado da Vía XIX de Antonino
  • Minas romanas da Ponte e Barxamoura (Bugarín)
  • Castro mineiro da Croa (Ribadetea)
  • Restos da antiga ponte das Cons e río do Barco (Padróns)
  • Logo volta a Angoares pola senda do Tea.

A saída será as 15:30 da igrexa de Angores.
O traxecto será duns 6-7 km sendo de dificultade baixa.
Seguiremos publicando máis info!

martes, 16 de septiembre de 2014

Camiño de Paraños a Franqueira

Que peregrino galaico nunca escoitou falar da peregrinación a Señora da Franqueira? Insólita e cunha tradición que se perde na noite dos tempos, miles de devotos percorreron e seguen percorrendo os camiños que a ela chegan, a Señora e non virxe, ata o corazón dos abruptos Montes da Paradanta.


Sempre reflexionei sobre o orixe desta devoción e camiño, a adoración dunha Señora divina nun espectacular paraxe insólito e cheo de tradición popular e lenda, cousa que sempre me recordaba a nosos devanceiros celtas e súas devocións. Meu camiño particular ía comezar na parroquia de Meirol (Mondariz), onde ía na procura duns restos patrimoniais orixinarios do noso pasado máis celta, pero que a día de hoxe por magoa, están en paradoiro descoñecido. Disto para non cambiar de tema, falaremos noutro artigo.

Paraños

Despois da desilusión que levei en Meirol, me desprazo a fermosa parroquia de Paraños, xa no concello do Covelo. Paraños, unha das localidades máis importantes do municipio, atopase enclavada nunha zona de paso da N-120 entre Vigo e Ourense. Isto fai que parte da aldea viva dos servizos, sobrevivindo así o despoboamento tan masivo que sofren as aldeas de seus redores.
Pero Paraños e muito máis que iso, súa arquitectura popular, súa paisaxística e seu rico pasado fan dela un lugar de parada obrigatoria os camiñantes. De seu rico pasado, conserva como xoia da súa industria popular as antigas casas da cera, pois estes paraxes montañosos, foron noutro tempo un activo gremio dedicado ma realización e comercialización de cera, chegando esta a terras de Valencia. Todo cobra vida e comezase a entender cando visito o coñecido e restaurado Largar de Tío Bernardo, no cal pódese ver o proceso para a elaboración da cera comezando coa recolección da cera dos panais das abellas, e así pouco a pouco pasando por o fabricado tradicional chegase a cera para utensilios como velas. Na casa da cera de Tío Bernardo pódese ver a perfección o mecanismo, onde destaca o pau grande do trabe para prensar. Nos redores tamén se pode ver un gran lagar empedrado da cera que era onde secábase.

Despois de visitar estas reliquias da industria da zona noutros tempos, me dirixo a zona central da aldea, por onde co seu rico patrimonio e traballos de canteira parece que non pasou o tempo por aquí, fontes, canastros, cruceiros, rúas empedradas… ata que chego o lado da igrexa o “Botiquín”, pequena casa restaurada que seu uso pasou a centro de interpretación. 

Pero o que procuraba, para sentir máis ese camiño que busco cara a Franqueira atopase no patio deste, pois alí amarrado como todo un símbolo de Paraños atopase un fermoso mehir que segundo teño entendido, o atoparon cando arranxaban as rúas empedradas de arredor da igrexa. Este e de forma estreita alongada chegando o metro setenta, e ten tallada na parte alta unha cruz cristián, que se pode ver que e recente. Na súa parte media ten outra talladura que parece máis antiga e menos marcada que si pode ter outro orixe. Toda unha xoia dos nosos antepasados, a cal sería moi parecida a que buscaba anteriormente en Meirol, agora, con muito máis animo, prosigo meu camiño montaña arriba.


A Lamosa

Deixo atrás Paraños para seguir ata A Lamosa, sen saír do concello do Covelo. Esta pequena parroquia, situada tamén os pes da N-120 garda igual xoias dun rico pasado popular nas serras da Paradanta. O chegar me decato que se atopan en de festas, pois están na romaría da Virxe do Libramento, na cal os devotos fan promesas de e destaca a utilización brazos e penas de cera. Tamén me levo a sorpresa de toparme con queridos veciños da miña aldea, Ribadetea, os cales tamén se alegran de verme por eses lares.
Pero para chegar o que busco, teño que saír da zona de poboamento sen antes preguntar, cousa que os seus habitantes moi amablemente me guían ben, pois busco a antiga casa da cera. Como vedes non só Paraños vivía desta industria popular, senón que máis lugares dos redores tamén especializáronse nese gremio. Saíndo da Lamosa subindo por un camiño alí me atopo, case absorbida súas ruínas pola natureza, o cal dálle un toque máxico, a antiga casa da cera. Esta atopase estratexicamente no centro dun cruce de camiños, que pola pinta podíase tratar do antigo camiño real onde se bifurcaba para dirección O Covelo e a propia Franqueira. Pese a seu estado ruinoso esta inda conserva seu pau principal, a traba e seus lagares, unha magoa seu estado.
Sen saír da encrucillada, me chama a atención un curioso cruceiro cunha estrutura de cuberto en pedra e cunha cruz no medio dentro, a cal ten pintada un curioso Cristo, que fai que o lugar inda dálle un toque máis máxico.  
Volto meu camiño dirección a Lamosa, pensando que posiblemente por alí antes de existir as nacionais, pasasen viaxeiros e comerciantes con carros cheos de cera, cultivos, gando… Cando entro nas primeiras casa, a maioría en ruínas construídas con pedras graníticas, subo o patio dunha para ver un antigo lagar da cera empedrado, por aqueles tempos de seguro era unha fonte de vida e traballo para os veciños do lugar, hoxe só e un testemuña dese pasado case cuberto pola maleza e ruínas. No lugar aparéceme un amiguiño que parece que sae a saudarme para logo saír correndo como unha bala, tratase dun coello que non contaba con miña silenciosa presenza alí.  

A Franqueira


Agora si que me desvío no meu camiño do trazado da N-120, desviándome montaña arriba cara a Franqueira. Paso a fermosa aldea de Corzos cunhas bonitas vistas, aquí non e difícil toparte con manadas de cabalos e vacas, así ata que chego A Franqueira, santuario de devotos peregrinos.

O fondo, no medio das casas pódese ver a igrexa do que foi o antigo mosteiro. Pola rúa principal se ve postos de rosquilleiras ou velas, que coa súa característica picardía e humor tentan vender súas rosquillas. Como sempre, no lugar muito movemento de xente que chegaron en coche, autobús ou andando para ver e darlle seu tributo ou promesa a Señora da Franqueira.
O templo, o cal só conserva a igrexa moi modificada co paso dos tempos do antigo mosteiro, e actualmente o centro de devoción cristián da señora da Franqueira. Mesmo así, inda conserva un altar fora para dar misa o ar libre como se facía na súa fase máis primitiva. Paso tamén por diante da “capela das limosnas”, onde non deixa de entrar xente, entre elas curiosos como eu ou devotos que ofrecen súas ofrendas a cambio dunha promesa. Mesmo así, miña vista se queda cravada no alto da montaña, onde se ve unha gran cruz de formigón no alto, pois alí, no santuario máis primitivo que non coñece muita xente e foi onde comezou todo, e onde acaba meu camiño. 
Pero antes de marchar, me sorprende un mural onde se ve a Señora da Franqueira tirada por un carro de bois o estilo deusa grega Cibeles, recordando así a tradición onde unha vez o ano, as parroquias dos redores da Paradanta e O Condado suben seus santos xunto a Señora mai na Franqueira, tradición curiosa que segue alimentando meu sentimento primitivo deste lugar.
Ascendo ata a cima da Paradanta, o meu redor un fermoso paisaxe dende o que vexo o val do Miño coa serra veciña da Peneda o fondo, e o outro lado o val do Tea e as serras litorais como o Galiñeiro, e máis o fondo, nun día despexado tamén se pode ver o mar e as Illas Cíes, o norte, tamén podo ver as serras de Faro de Avión (teito de Pontevedra) e o Suído e máis aló outras serras ourensáns. Todo isto fai dar a sensación de que te atopas no centro do mundo, ou dun mundo do cal tento coñecer, pois os devanceiros que fundaron ese santuario primitivo debían coñecer ese mundo moi ben para elixir un lugar tan insólito, enerxético e paisaxístico. Alí no cumio, no Couto da Raíña, na actualidade gardada por monstros de ferro coñecidos como muíños de vento ou eólicos, os cales co seu son rompen a paz do lugar, atopase o antigo santuario da Señora da Franqueira.

Non sei como describir o lugar, pois pódese ver a perfección unha simple cristianización dun antigo espazo sagrado pagán, A Señora, que na actualidade se atopa en forma de estatua nunha coviña, ten na a súa fronte un altar de pedra e detrás unha cruz, e no fondo unha paisaxe que che deixa mudo na primeira impresión a calquera que se acerque. Preto se ve unha pía cavada nunha rocha e unha especie de sillar, que parece alí perdido ou traído doutro lugar, tal vez do antigo mosteiro. Tamén se poden ver paganismos como acumulación de pedras, pero o que máis importa, e que alí, se cerras os ollos e déixaste sentir, podes sentir o mesmo que sentía cando estaba o lado do mehir de Paraños, esa enerxía que xira entorno a un e A Señora, pura e limpa lexos de templos de pedra cerrados, pois creo que atopei o fin do meu camiño, pois A Señora Mai Terra ten súa esencia alí mesmo naquel paraxe. Tal vez e ese seu significado inicial primitivo de devoción, a Gaia, a Amaia, a Nai Terra.

Despois de meditar muito tempo no santuario, tamén visito as cimas de seus redores, indo primeiro a onde se atopa a xigante Cruz de formigón. Pese estar lexano da vida humana, o sitio esta cheo de vida, vacas, cabalos, piñeiros, ata me sorprende a cantidade de azafrán silvestre que cubre parte das praderías co seu toque a cor morado. Preto da Cruz, por onde subía o antigo camiño o cumio, pódese ver as mellores panorámicas sobre a parroquia da Franqueira e seus redores, recordando súa esencia de paisaxe típico galaico. Tamén vexo dende alí a perfección o cércano alto de Fontefría, emblemático porto de montaña da N-120.
Por último visito outra cima onde na actualidade hai tres eólicos, sorpréndeme no lugar aparte das fermosas vistas con caídas abruptas cara o val do Miño, a construción de varias vivendas con forma castrexa circular. Descoñezo súa función, igual para gandería supoño, pero o lugar dálle máis nostalxia do seu posible rico pasado espiritual. 

E aquí no último cumio tamén remata este novo camiño da miña vida, o cal creo atopar, polo menos no meu sentimento esa esencia e espiritualidade que puido ter noutros tempos a Señora da Franqueira e seus antigos devotos, aqueles que percorrían vales e montañas a pe, para poder ver nun lugar do mundo pero que asemella o centro del, a súa Deusa e Señora Mai Terra celta.