Mostrando entradas con la etiqueta Idade Moderna. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Idade Moderna. Mostrar todas las entradas

domingo, 27 de abril de 2014

O Suído, ano 1527

Carta escrita no ano 1527 polo notario de Verducido, Nicolás Ventín, para Pedro de Soutomaior, neto do celebre Pedro Madruga. Nela e atopan os lindes dos sesteiros do Suído coas súas fregresias (parroquias) e xurisdicións, para chegar a un posible acordo no preito polos veciños sobre os montes do Suído.

Esta escrita nunha mezcla de galego antigo e castelán.

“…Eu faley, señor, con los mays de Verduzido sobre lo que vuestra merced sabe. Bon deseo mostran, pero son gente común. Parésçeme, señor, que se visen vuestra merçed entre sy que qualquier conçierto farán. No lles mostré nada por el erro que dixe a vuestra merçed porque dixese que se mostrase a Miguel Afonso, porque bien save vuestra merçed que eles o ten por candea.
Ho memorial vay en esta manera. O sestero viejo de Borrageros a la Pedra de Juíz e o Canpo da Taboada e o Porto a Prado, o sesteyro de Puxallos e o Porto a Pigarços, e porlo rrío arriva á Carvalla da Cruz. Para vayxo a los dichos labradores e aldeas e freygresías, e para çima a vosa merçé, que parte con Melón e con Rivadavia. E os límites de çima son estes: a Carvalla da Cruz, que parte tres freyg[u]esías e tres señoríos: Sotomayor e Santiago e Rivadavia, e as felegresías Verduzido e Santa
María de Couso e Santiago d’Antas, que dan as freygresías. Parte con Rivadavia porlo sesteyro d’Estrufe e Outeyro de Mouro e o Porto a Payo d’Orraca e a Pena de Lourenço Fernández e porla Cabeça de Val d’Ovellas e o sesteyro vello da Lágea Urraca, por sobre el, por una pedra furada; aquy queda Rivadavia. E parte con Melón porlo Outeyro de Carnudos e a Boca da Renoba e o marco de Lonbo de Serra, e aquy adiante entran os coutos de Cobelo……
No digo más, salvo que quedo rrogando a Dios descanse sus travajos y prospere su estado según por vuestra merçed es deseado.
De Verduçido, oy lunes veynte e oyto de henero de quinentos e veynte e siete…”
Muitos topónimos non coinciden na actualidade cos do ano 1527 ou non chegaron os nosos día, posiblemente se modernizaron e se trocaron por outros. Pola contra si nos chegan algúns a actualidade como por exemplo o sesteiro vello de Borrageros, que se pode identificar con Borraxeiros ou chan de Borraxeiros.

domingo, 30 de junio de 2013

Casa/Castelo da Torre García d´Ávila, S.XVI. Praia do Forte, Brasil

Situámonos moi lonxe de onde súelo visitar patrimonio, o outro lado do Atlántico, no estado da Bahía no Brasil, máis concretamente no concello de Mata de Sâo Joâo, nos redores do pobo de Praia do Forte no litoral brasileiro. Aquí atopase os restos da casa da Torre ou Castelo da Torre de García d´Ávila, a primeira gran edificación portuguesa militar no novo mundo, aquí pódese dicir que comeza a gran aventura colonial portuguesa nas Américas, sendo considerado o primeiro castelo de estilo feudal na América.

Os primeiros orixes foi por iniciativa de Diogo Álvares Correa e súa muller Catalina Álvares, coñecida como Catalina do Brasil, de construír o primeiro casal cristián na colonia do Brasil.                                                                                                              

Pero foi o seu construtor García d´Ávila, o cal era fillo Tomé de Sousa, primeiro gobernador do Brasil. García d´Ávila despois de vencer as tribos indíxenas do norte da Bahía decidiu construír nos redores de Praia do Forte (a 80 Km de Salvador) unha mansión o estilo feudal fortificada  como centro dos seus amplísimos dominios, os cales chegaron a ter 800 mil km2, polo que algúns din que foi o maior latifundio da historia chegando case a terras de Pernambuco. Nacía así entorno o ano 1551, nunha elevación 79 metros sobre o chan litoral bahiano a casa/castelo da Torre de García d´Avila.

A primeira fase de construción por parte de García d´Ávila e seu fillo Francisco García d´Ávila dura do 1551 o 1624. Para súa construción traen pedra de Portugal así como presos como man de obra. Esta primeira estrutura foi descrita como unha torre ameada fortificada sobre un montículo en pedra e cal, o parecer tiña capela cristián pois unha das súas función tamén era o cristianizar os pagáns indíxenas. A fortificación defendíase tanto por mar dos ataques corsarios como por terra dos ataques indíxenas. Posiblemente por mar tivera apoio de outra fortificación menor no litoral de Praia do Forte a día de hoxe desaparecida.

Este enorme latifundio fixo que se introducida unha gran cantidade de man e obra africana na rexión, sendo así a día de hoxe o estado de Bahía a poboación de raza negra maioritaria, testiga de esa emigración forzada por parte imperio portugués. Na arqueoloxía da Torre de García d´Ávila apareceron restos da cultura africana chegada.

Nas segundas invasións holandesas as colonias portuguesas, o neto do construtor, Francisco Días d´Ávila Caramuru, defendeu e guarneceu a fortificación. Tamén nel refuxiouse Giovani San Felice, conde de Bagnoli, o cal asumiu o mando das tropas portuguesas antes do desastre da batalla de Mata Redonda. Francisco Días d´Ávila II no na segunda metade do século XVII amplío os dominios familiares cara o norte, , aparte de controlar parte das rutas entre a rica rexión de Minas Gerais e Portugal.

No ano 1805, tras a morte sen descendencia do último descendente do d´Ávila, García d´Ávila Pereira de Aragón, a Torre pasou para os Pires de Carvalho e Albuquerque.

No século XIX a Casa da Torre serviu de base do Exercito Liberador Cachoteira durante a guerra de independencia do Brasil. Tras a independencia foron recompensados seus moradores polos seus servizos con títulos como vizcondes e baróns. A partires do 1835, tras a independencia do Brasil a casa da Torre foi abandonada rematando en ruínas. 

No século XX, no ano 1936 o Instituto do Patrimonio Histórico e Artístico do Brasil recuperouna. Pero tivo que esperar ata os anos 80 cando o Instituto Xeográfico e Histórico do estado da Bahía comezase o proxecto de recuperación d Casa da Torre. Coa axuda da fundación García d´Ávila o ben patrimonial comezou a ser reconstruído e estudado pola arqueoloxía. A día de hoxe atopase en fase de recuperación, cotando cun centro de interpretación nas inmediacións. A Casa/Castelo da Torre e a día de hoxe unha das xoias patrimoniais do Brasil, así como unha peza fundamental para o estudo da colonización portuguesa do Brasil e a introdución de poboación africana na mesma.

FICHA TÉCNICA

Tipo de ben: Castelo/fortificación
Lugar: Praia do Forte, estado de Bahía (Brasil)
Cronoloxía: Século XVI (1551)
Propiedade: Goberno do Brasil
Estado de conservación: Bo, en recuperación o igual que seu entorno.

Plano da Casa/Castelo da Torre

COMO CHEGAR DENDE PRAIA DO FORTE

PD: Un saúdo dende o Brasil, espero na miña longa estancia seguir con articulos deste estilo no rico patrimonio histórico e natural do Brasil, apertas!! Jhoni