Mostrando entradas con la etiqueta Cultura Castrexa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cultura Castrexa. Mostrar todas las entradas

lunes, 11 de mayo de 2015

Presentación do proxecto Memoria da Terra

Pequena presentación do proxecto Memoria da Terra no Pozo dos Mouros do Castro da Croa, Ribadetea (Ponteareas)


jueves, 11 de diciembre de 2014

Cultura Castrexa, O Castro do Couto (Areas)

Asentamento fortificado castrexo de importante tamaño situado na parroquia de Santa Mariña de Areas, en Ponteareas. O castro atopase a beira da estrada que une Areas con Guláns e mesmo foi danado por esta, foi construído aproveitando un outeiro ben marcado no terreo que ten na súa parte máis alta 110 m sobre o nivel do mar. Destaca que nas partes menos defensivas do outeiro construíuse un complexo sistema defensivo de foxos, parapetos e terrapléns.

Deixando o complexo defensivo para o final, imos co asentamento habitacional e o que nos chega a día de hoxe, dicir que o entorno esta totalmente tapado de arbores de folla caduca como castiñeiro e carballo polo que fai moi difícil na época do ano que estamos un rastrexo da zona por atoparse todo cuberto por follas, destacar tamén a presenza importante de maroteiro (madroño) no lugar.


Accedo o recinto por un camiño na cara noreste que se interna bordeando o parapeto ou terraplén principal do castro, tras subir este un atopase na principal terraza do poboado e maior , que vai dende a zona central ata a zona norte. Tamén na zona sur ten outra terraza inferior e outra máis pequena na cara oeste, ben delimitadas e socalcadas no terreo.

Sobre a terraza central atopase o cumio, no cal no alto tamén se atopa unha pequena terraza ben sobresaínte con pedras na que destaca un penedo na parte máis alta que fai de cumio, dende o cal se pode observar o val do Tea e o seu afluente o rio Xinzo. Este penedo na súa superficie ten cavada unha pía que limpei, seguramente vinculada o campo espiritual e de rituais dos seus antigos habitantes, nosos ancestros. Destacar tamén que baixo este penedo, na súa base hai unha pequena cova, a día de hoxe moi fozada pola presenza de xabaril.

Baixando pola cara sur pode observarse que o terraplén e máis pronunciado ata a terraza sur, onde atópanse as ruínas dunha antiga edificación datada do ano 1925 que tiña funcións comerciais. Nos redores de esta por movementos de terras máis actuais pódese observar restos dun muro moi antigo que poden corresponder a época castrexa. Dende esta terraza cae un profundo terraplén a estrada.

Dende a estrada, na súa cara este e tamén norte pódese observar como esta desfixo parte do complexo sistema defensivo de parapetos e foxos, que forman un complexo sistema nesta zona en forma de foxo-parapeto-foxo, sendo algúns de tamaño e altura desproporcionados, moi similar a outros castros do val do Tea con características de época romanizada. Tamén no lado norte pódese observar os restos dun longo foxo que bordea o xacemento.




Como conclusión resumindo nos atopamos ante os restos dun castro con características similares a outros da zona, conservando moi ben súas estruturas defensivas pero case nada das súas construción internas. Presenta unha base moi traballada polo que nos pode caracterizar que polo menos o que se conserva parece vir da época romanizada, inda que puido ter un orixe anterior.

FICHA TÉCNICA

Tipo de ben:  Asentamento Fortificado (Castro)   
Lugar: o Couto, Areas (Ponteareas)
Altitude: 110 m

Cronoloxía: Posiblemente en período romano                 
 Propiedade: Privada, varios donos (polos marcos)
Catalogado pola xunta: Si GA36042035

Estado de conservación:  Abandoado,aterrado e danado nalgunhas zonas, inda que conserva ben súa estructura.
Conserva tradición oral: Sen datos

COMO CHEGAR

Na estrada que une Areas con Guláns nunha curva pronunciada dirección Guláns xunto antes de chegar o punto limpo, na man dereita podemos ver xa as alteracións dos terrapléns e parapetos, Xusto na curva do castro hai un ramal vello da estrada antiga en desuso.

martes, 15 de julio de 2014

Primeira campaña de exploración do monte do Castelo, Cillarga (Ribadetea)

Situándonos moi preto de Cillaga, na parroquia de Ribadetea (Ponteareas) nas terras do O Condado, situase este impresionante outeiro pedregoso fortificado de maneira natural.


O monte do Castelo é en si unha enorme formación baltolítica con penedos de grandes dimensións rodeados de profundas ladeiras que o conectan coa Serra do Galleiro. Esta formación defensiva natural do monte fixo que a día de hoxe, pese as alteracións e destrucións que fixo unha canteira xa cerrada que estaba instalada na súa cima, conserve aínda restos arqueolóxicos de diferente épocas da antiguedade. 
Na cima a 400 metros, dende a cal se vixía todo o val do Tea ata o do Miño e as serras dos redores, no monte entre os grandes penedos topamos fendas con refuxios e covas protexidas dos ventos, as cales fan que sexa un lugar de refuxio natural ou vixiador perfecto. Xa seu nome, O Castelo nos da unha grande pista, pois este topónimo nos di máis que un espazo natural moi defensivo, o cal o home da antiguedade o soubo usar pese as dificultades de acceso e o hábitat no monte, o que me recorda muito o castro de Vilar, no Courel. 
Plano amateur do monte do Castelo

ANTECEDENTES ARQUEOLOXICOS

Este monte xa fora fonte de estudo pola empresa de arqueoloxía Antas de Moura (Tui), os cales fixeron súa ficha e protección para patrimonio. Na súa campaña atoparon restos cerámicos que ían dende a idade de Bronce o período romano, así como muitos muíños de pequeno tamaño de man. Pero pola contra non toparon restos dun hábitat humano fixo, polo que pensaron que súa función serviría de refuxio pola abundancia de covas, e recordando que moi preto del pasa un antigo camiño que cruza o Galleiro polo paso do Marco do val do Tea o de Mos, xa preto da Ría de Vigo (nun pasado máis próximo esta ruta era o antigo Camiño Real). Tamén deron a posibilidade que puidera ter un valor vendo a zona e as forma dalgunhas pedras naturais de espazo para rituais. No período romano puxeron a hipótese de que o monte servira de viaxiador, posiblemente da cunca mineira do Tea.
Panorámica do Val do Tea medio e alto dende o Castelo.

PRIMEIRA EXPLORACIÓN DO MONTE DO CASTELO

Nesta primeira fase de exploración do monte, noso obxetivo era ver o tamaño real da cima e os seus esporóns na cara leste, os cales teñen forma de pequenas terrazas. Tamén de procura de restos como materiais cerámicos e líticos para poder ver diferentes períodos de poboación, inda que fose de maneira residual ou espontánea do lugar.

Subimos pola cara oeste por un antigo camiño ata dar case na cima cun camiño de cemento que servía de acceso a canteira, neste lugar topámonos baixo un enorme penedo coa primeira e máis coñecida cova. Esta ten unha pequena entrada pero logo no interior faise máis ampla, sendo un refuxio perfecto que se mira perfectamente seu uso como tal nas marcas de lume moi antigas na pedra. Seguimos ascendendo pola pista de cemento e chegamos a primeira cima, a cal pódese ver moi deteriorada polos traballos da canteira con penedos cortados e restos de asfaltos e zaorra. Mesmo así, nos topamos de maneira seme aterrada cun resto cerámico, tratase de tégula romana.      
                               
Primeira cova refuxio entrando polo oeste do monte.

No alto que non esta tan alterado pola canteira, podemos ver unha superficie rochosa con muitos restos de pequenas pedras que algún día puideron ser parte dun asentamento, entre elas descubrimos un segundo resto cerámico, este e máis ancho e con menos cocedura co anterior, e ten máis restos de outros pequenos sedimentos líticos incrustados, o que nos fai pensar que sexa de tipoloxía castrexa. No final desta cima, entre enormes penedos, aparece un foso que separa unha cima da seguinte, que é a máis alta.
 Posibles restos supervivintes a canteira e foso que separa as dúas cimas.

Baixamos o foso para acceder a parte máis alta onde se atopa un enorme penedo e entre as pedras soltas pola superficie atopamos o que parece un pequeno muíño de man tallado, o que parece tamén de tipoloxía castrexa.

 Baixo o gran penedo na cima, dende o foso aparece outra cova, na cal na entrada ten unha pequena pía escavada na rocha cun pequeno desaugue, seguramente puido servir para esprimir algo no caso de que sexa artificial. Esta cima pola dificultade dos penedos e a maleza e case inaccesible, pero vemos un acceso (non doado) na cara noroeste baixando a unha pequena terraza. Dicir que neste carreiro nos topamos entre a maleza cun sospeitoso burato rectangular de 2 metros por 1 de ancho moi similar a unha cata arqueolóxica.
Cova baixo o penedo da cima e na entrada posible cazoleta artificial con desaugue labrado.

Nesta terraza nos atopamos un lugar incrible, cunhas vistas fermosas sobre a contorna na que tamén se pode ver as paredes das ladeiras que protexen o monte. En canto as pedras, nos sorprende unha cun diámetro de dous metros circular e de forma plana que nos recorda a “Pedra de Abalar” de Muxía. Xusto o lado vemos unhas pedras colocadas en forma de estrutura circular moi deterioradas que nos dan muito que pensar (posible restos dunha vivenda castrexa). Tamén na superficie aparecen dúas pedras alongadas de case metro e medio que parecen talladas, o que nos recordan a mehires. Descubrimos tamén, entre os grandes penedos un estreito paso con forma de pasillo que nos leva o interior deles, o acceso e moi complicado e temos que facelo arrastrándonos de lado, pero logramos entrar. No interior, entre os grandes penedos nos topamos outra cova fermosa, na cal nos sorprende un fento de case tres metros estirado polo chan que nace no interior da cova e se arrastra ata a entrada para buscar o sagrado sol, nesta cova tamén atopamos restos na pedra de lume. 
Pedra similar a famo "de abalar" de Muxía e posibles restor circulares de unha vivenda.
Pedras alongadas que parecen talladas similares a menhires.
esteitisimo paso entre penedos e cova interior onde se ven posibles pedras talladas.

Unha vez examinada esa terraza, a cal esta chea de cazoletas que parecen naturais nos penedos, baixamos a terceira e ultima terraza tamén na cara noroeste, a cal esta moi cuberta pola maleza e ten unhas grandes pedras no final. Nesta terraza non topamos nada arqueolóxico, pero dentro da xeoloxía nas pedras que mencionamos antes aparecen repletas de cazoletas e con formas, algunha cazoleta de grande tamaño parecese a unha autentica pisciniña. 
 
 
Terceira terraza con pedras con formas cheas de cazoletas.

 MATERIAL ATOPADO


Dentro dos materiais atopados destacar os dous restos cerámicos, un de tipoloxía romana (tégula) e outro castrexo. Tamén o muíño de man de pequeno tamaño dentro do campo lítico como se atoparan os arqueólogos de Antas de Moura. Nos queda en dubida a función ou orixe do que parecen dous menhires e da famosa pedra similar a de abalar, todo na mesma zona.
A esqueda resto de cerámica castrexa e a dereita tégula romana.

Pequeno muíño de man atopado.

PRIMEIRAS CONCLUSIÓNS

Aparte da incrible forma defensiva do emprazamento e súa abundante cantidade de refuxios e covas, neste primeira investigación do monte coa aparición de cerámicas e o muiño de man nos queda clara a presenza humana dende a antiguedade. Pero en canto o estilo hábitat e de forma de poboación temos dubidas, de seguro que pola proximidade o camiño antiquísimo que por alí pasa sería un refuxio perfecto de forma ocasional.

Agora se buscamos un asentamento fixo, o que pode dar máis posibilidades sería un castro, de poucos habitantes e moi similar o de Vilar no Courel. Este puido ter unha estrutura que comezaría cunha croa na cima, a cal estaría separa en 2 por un foso, e despois na cara noroeste duas terrazas a diferentes alturas seguidas e ben comunicadas entre elas, totalmente rodeadas de profundas ladeiras. Nesta forma estrutural restos de pequenas pedras pola superficie, restos de cantería antiga na cara oeste e posibles pedras talladas e o foxo que separa as dúas cimas pode ser unha pista, sen contar os restos dunha forma de vivenda circular que atopamos na segunda terraza da cara oeste, as cales estás posibles terrazas tamén poden ser testemuñas dese castro.

Da época romana aparece tégula, pero pode darse a posibilidade de que utilizaran este monte como vixiador das minas auríferas da cunca media do Tea, sobre as cales ten un control visual perfecto.
Engadir, que cando entramos na segunda terraza e accedemos polo estreito pasillo entre penedos o interior dos penedos onde topábase unha cova, me recorda as antigas “neveiras” dos castelos medievais, a isto sumar o foso entre as dúas cimas cando estaba alí recordoume o monte do Galiñeiro na parte dos restos de seu castelo, pero só e unha hipótese.

Recordar que este monte esta moi alterado e destruído por mor da antiga canteira, e na actualidade atopase moi cuberto pola maleza polo que non e nada doado rastrear súa superficie.
Esperamos en breves facer unha segunda campaña de investigación máis profunda no campo arqueolóxico, xa que esta era máis ben de recoñecer o monte e ver que parte puideron estar habitadas. Tamén agradecer as dúas compañeiras que me acompañaron nesta aventura, espero que me acompañedes de novo pronto. 



                               

martes, 4 de febrero de 2014

O Castro do Monte dos Cubos, modernizando a estrutura pasada

Despois de pasar décadas desapercibido, nestas últimas semanas voltou os medios un antigo asentamento da Idade de Ferro comezado a escavar e estudar no ano 1933, tratase do castro do Monte dos Cubos ou Cabeza dos Francos. Situado no concello de Tui dentro do Parque Natural do Monte Aloia, atopase nunha lomba cun emprazamento moi defensivo naturalmente cun dominio visual sobre Tui e o val do Miño privilexiado. O segundo nome polo que é coñecido o lugar, Cabeza dos Francos, dicir que ven derivado a que durante a invasión francesa tropas napoleónicas asentáronse tamén neste monte, seguramente porque dende alí podían controlar perfectamente os redores da cidade de Tui visualmente.
Chegado o asentamento, que maioritariamente esta inda sen escavar, vemos na cara sur recen limpada e acondicionada a zona que escavouse, quedando a relucir catro vivendas e restos doutras por debaixo destas. Mesmo que é muito pouco o que esta escavado, un no lugar pode observar que o mesmo tempo estudando os restos da pe a muitísimas hipóteses e posibilidades de cómo foi o poboado que no Monte dos Cubos existiu.
Na primeira vivenda que nos atopando entrando no recinto, podemos ver que ten forma circular e un tamaño considerable, o mesmo tempo ten vestíbulo o cal aproveita penedos do entorno para a estrutura, tendo nunha esquina do vestíbulo un pequeno alxibe para acumular auga, tanto a vivenda como o vestíbulo non teñen porta. A segunda vivenda, e case unha replica da primeira, e como a anterior non teñen entrada ou porta, destaca nesta que na escavación da vivenda pódese ver como o primeiro metro do que se conserva esta construído en pedra pero a partir de hai para abaixo, vese que a vivenda era de arxila.  
Estes detalles arquitectónicos a groso modo nos recordan o tipo de construción primitiva común dos castros galaicos, vivendas circulares de grande a medio tamaño sen porta, aproveitamento de penedos do entorno para as estruturas ou bases de muros en arxila ou barro. Pero o mesmo tempo, vendo a aparición de vestíbulos ou alxibes dentro dos propios, nos fan relación cunha época más avanzada arquitectonicamente na historia dos castros galaicos, cun auxe entorno os século III-I a.C e un pleno desatrollo xa despois da conquista romana.
Ademais, por debaixo destas estruturas pódese ver restos de outras que seguramente serían anteriores, pois é outro caso típico no territorio galaico, voltar a construír sobre un asentamento anterior. Recordar que no noso territorio xa teñen habido casos e existir mámoas, petróglifos, castros, castelo e despois unha aldea sobre o mesmo asentamento, como por exemplo o castro de Chandaz en Chantada entre outros, onde despois inda fixéronlle enriba a presa de Belesar, polo que pasou a ser tamén submarino.
Bromas aparte, parece que voltar a repoboar o mesmo hábitat puido ter acontecido tamén no Monte dos Cubos. Despois temos outra vivenda circular, na cal por debaixo fora dos seus muros aparece outra máis baixa cunha gran pedra no seu interior, e difícil saber se era un vestíbulo desta última ou outra vivenda máis baixa e posiblemente anterior. Destacar na vivenda principal no seu interior tamén ten unha gran rocha nai na cal ten dúas pías cavadas no centro, posiblemente a máis pequena puido existir para agarrar o pau central da vivenda e a maior, de lar para o lume.
Outras curiosidades que se aprecian nas vivendas como na primeira ou dispersadas pola zona son a aparición de pedras de mediano tamaño que parecen talladas, algunhas de forma cadradas, outras circulares… Estas poden recordar as lanzadas por catapultas como no que puido ser o caso do Monte do Castro en Ribadumia, pero a diferenza e que no Monte dos Cubos non se ven nas vivendas escavadas restos de destrución ou muros carbonizados por lumes (pois era costume queimar os poboados sometidos a un asedio a gran escala), si pódese ver restos de carbóns pero parecen de algún incendio forestal máis recente. Realmente e algo curioso.
Outra cousa a destacar e un penedo con forma semicircular situado no centro do asentamento, o cal parece estar apoiado na base sobre outras pedras menores, polo que igual foi levado ata alí. No penedo vense talladas varias pías seguidas, polo que e muito seguro que seu uso fora para rituais relixiosos. Tamén onde acaba a terraza principal do asentamento na esquina sur antes dun gran desnivel, pódese ver unha pedra que sobresae dende a cal temos unhas incribles vistas sobre o val do Miño e redores.
En canto a cerámica, pódese observar algunha dispersa pola zona ou entre muros pero en pequena cantidade. Destaca que topei o que parece restos dunha ánfora ou cerámica que parece máis ben pola cocedura e espesura de época romana. Tamén topei outra cunha tipoloxía máis indíxena, cunha maior espesura e menos dureza.

CONCLUSIÓNS
Unhas das conclusións que se pode dar despois deste pequeno estudo do Monte dos Cubos, e a hipótese de que pode ter un inicio de ocupación muito anterior o que oficialmente comunicouse na súa cronoloxía (do II-I a.C). Parece que si tivo unha reconstrución ou repoboación entorno os nos séculos II a I a.C cunha nova arquitectura sobre un asentamento castrexo anterior, pasando logo a conquista romana e estando habitado parte dese período (restos cerámicos). Pero unha gran curiosidade que debe marcarse neste poboado no pouco que esta escavado, e a mestura de arquitectura antiga como vivendas circulares sen porta, aproveitando os penedos dos lugar… coa arquitectura máis avanzada en séculos como vestíbulos, alxibes… Puido ser o Monte dos Cubos un poboado que pasou en primeira persoa do seu estado antigo a un asentamento con novas formas a base de reconstrucións e “reformas”.


FICHA TÉCNICA

Tipo de ben:  Asentamento Fortificado (Castro)   
Lugar: Monte dos Cubos (Tui)
Altitude: 270 m

Cronoloxía: II-I a.C a período romano (seguramente cun inicio anterior)                 
 Propiedade: Parque Natural Monte Aloia
Catalogado pola xunta: Si

Estado de conservación: bo recentemente acondicionado, pouco escavado.
Conserva tradición oral: Si 

COMO CHEGAR
Recentemente sinalizado dende Tui, o máis rápido e saír da autoestrada no desvío a Baiona, o penúltimo antes de Portugal. Desde este xa esta sinalizado e nunha curva pronunciada antes de chegar o casco urban de Tui collemos unha estrada que pasa por enriba da autoestrada dirección Frinxio. Unha vez nesta aldea, o castro esta marcado cunha gran sinal na entrada dun camiño, o cal temos que seguir ata un cruce onde aparece un panel indicador con rutas no Monte Aloia e o castro. Collendo o camiño alí indicado dirección sur temos unha tirada andando de case 2 km ata o poboado, nas cales hai que fixarse nas indicacións marcadas nas pedras nos cruces. Recomendo visitar o poboado con tempo para recorrer estes case 4 Km en total con tranquilidade, aparte que non e difícil perderse no lugar.