Esta familia natural de Ponteareas de recursos limitados, en apenas uns sesenta anos foron capaces de escalar escalóns sociais e converterse nunha das familias máis influentes na elite económica e política do estado español. Nunha época onde o caciquismo e as influenzas estaban o día, os Bugallal foron estendendo súas influencias pola Galiza da época o igual que outras familias galegas como os Monteristas, os Gassetistas, os Riestistas ou os Besadistas.
Blogue adicado a historia e vida do concello de Ponteareas, O Condado e seus redores, onde tocarase máis pa fondo a historia máis antiga e marxinada destas terras. concello de Pontevedra así como actualidade, patrimonio e outros temas.
martes, 15 de enero de 2013
Personaxes ilustres: A familia Bugallal
Esta familia natural de Ponteareas de recursos limitados, en apenas uns sesenta anos foron capaces de escalar escalóns sociais e converterse nunha das familias máis influentes na elite económica e política do estado español. Nunha época onde o caciquismo e as influenzas estaban o día, os Bugallal foron estendendo súas influencias pola Galiza da época o igual que outras familias galegas como os Monteristas, os Gassetistas, os Riestistas ou os Besadistas.
lunes, 28 de mayo de 2012
domingo, 18 de septiembre de 2011
Vivenda onde naceu Reveriano Soutullo (1880-1932)
jueves, 20 de enero de 2011
Persoaxes ilustres: Álvaro Pino
Álvaro Pino Couñago, é un dos deportistas máis destacado dete concello, naceu na parroquia de Fontenla o 17 de agosto de 1956, é ex ciclista e foi no 2010 director deportivo do Xacobeo Galicia.Comezou coma profesional no 1981, ano no que gañou a súa primeira etapa na Volta Ciclista a España no recorrido Zaragoza-Torrejón, tras unha escapada de 200 km. No 1983 foi cuarto na volta España, chegando a ser líder poñendo en apertos ao propio Bernard Hinault.
No Tour de Francia, acadou en dúas ocasións a oitava posición (en 1986 e 1988).
Outras vitorias importantes no seu palmares serián a Subida ao Naranco en 1982, a Volta a Cataluña, dúas etapas e a Escalada ao Montjuic no 1987. Ademais da mencionada vitoria na Volta a Cataluña de 1987, foi segundo en 1986, cuarto en 1988 e terceiro en 1989. Na Subida ao Naranco, ademais da devandita vitoria, foi dúas veces terceiro: en 1987 e 1989.
Na Volta Asturias subiu tres veces ao podio: foi terceiro no 1982, segundo en 1983 e terceiro de novo no 1989. Foi terceiro no Gran Premio de Navarra (hoxe Premio Miguel Indurain) en 1985, tamén terceiro na Subida ao Urkiola en 1988 e segundo na Klásica de Primavera do 1989.
Na Volta Galiza, a súa mellor posición foi 2º en 1988, ano en que gañou tamén unha etapa e o Gran premio da Montaña. Tamén gañou o Gran premio da montaña da Volta Euskadi esa tempada.
Tamén foi campión galego de ciclocross 1987-88, 1988-89.
Foi seleccionado en sete ocasións para disputar o campionato do mundo de ciclismo de fondo por estrada. En 1988 recibiu o Premio Superprestixio de Unipublic. Quedou no posto 18º no Giro Italia do 1983, especialmente deseñado para rodadores e velocistas.
En total, estivo como ciclista profesional 11 anos, dende 1981 a 1991, se ben as tempadas de 1984 e 1990 pasounas practicamente inactivo debido á lesións. Con todo, a súa participación na primeira metade da Volta ciclista España de 1990 foi decisiva para o triunfo final do seu compañeiro de equipo Marco Giovanetti. Tivo que retirarse, por múltiples lesións, cando estaba de 10º na clasificación xeral.
Como profesional correu nos equipos Colchón CR, BH, Seur e Kelme, retirándose en 1991. Posteriormente, foi director deportivo do conxunto ciclista español Kelme (1992 a 1999) e despois do suízo Phonak (de 2002 a principios do 2005). Foi o descubridor para o ciclismo de élite dos corredores galegos Marcos Serrano e Óscar Pereiro.
En maio de 2006, foi presentado oficialmente como director técnico do equipo profesional de ciclismo galego Xacobeo Galicia. Con el como director de equipo, o Xacobeo Galicia proclamouse campión por equipos da Volta ciclista España 2009.
miércoles, 21 de julio de 2010
Personaxes ilustres: Fermín Bouza Brei
Fermín Bouza Brei (Ponteareas 1901 - Santigo de compostela 1973) e un dos personaxes máis ilustres o noso concello, historiador, etnografo e escritor que escriviu a maioria das suas obras en galego.Publicou seu primeiro articulo no 1919, chamado Teatro de antaño en Santiago, escrita en castelán. No 1923 foi un dos fundadores do Seminario de estudios gallegos. O seguinte ano publicaría seu primeiro articulo en galego, Os estudantes ao arcebispo. Neses anos tamén foi colaborador das revistas Cristal, Resol e Nós.
Xuiz dende 1929, foi retirado deste cargo durante a dictadura por galeguista ata o 1938 0nde o reacmitiron trasladandose a Viella (Lleida) onde estivo nese cargo nesa localidade ata ser transladado A Estrada. Ingresou na Real Academia Galega no 1941.
Como poeta destaca por ser o iniciador do "neotrovadorismo", tendenza a cal seguirian outros autores coma Álvarez Blazquez ou Álvaro Cunqueiro Neste campo foi autor de Seitura e Nao senlleira.
A pesar da dictadura seguiu estudando a historia da Galiza, sobre todo no campo da arqueoloxía e prehistoria no instituto Padre Sarmiento. Desenrrolou un gran estudo científico nesta sección, na que ademáis engadiu estudos na numismática, epigrafía e etnografía. Suas obrascientificas máis importantes foron Bibliografía da prehistoria galega, Pehistoria e Folklore da Barbanza e A civilización neo-eneolítica galega.
No campo hisorico tamén se investigou o igual o autor deste blog a situazom do Monte Medulio, no cal os últimos galaicos castrexos resistiron os romanos pra despois suicidarse. Femín Bouza Brei situou este emblemático monte nun cumio da parroquia de Meder, en Salvaterra de Miño, o cal posiblemente máis adiante estudemos.
Tamén foi biografo de outros autores coma Rosalia de Castro. No ano 1992 dedicouselle o día das letras galegas.
jueves, 25 de febrero de 2010
Personaxes ilustres: Reveriano Soutullo Otero (1880-1932)


