Blogue adicado a historia e vida do concello de Ponteareas, O Condado e seus redores, onde tocarase máis pa fondo a historia máis antiga e marxinada destas terras. concello de Pontevedra así como actualidade, patrimonio e outros temas.
miércoles, 10 de octubre de 2012
Ponteareas Historia Viva
Despois dun curto período de paro no blogue, por motivos de falta de tempo do autor tanto por ocupacións sociais, profesionais como persoais, voltamos con todos e todas vos coa actualidade e noticias máis ocultadas do concello e redores, con novos e interesantes artigos relacionados co noso entorno, noso presente e noso pasado, asi como informacións patrimoniais e naturais. Para máis adiante tamén se tentara incorporar novas seccións e innovacións no blogue. Un cordial saúdo do autor.
miércoles, 29 de agosto de 2012
martes, 7 de agosto de 2012
lunes, 30 de julio de 2012
Actualidade: La Xunta asumirá la gestión de la estación de autobuses de Ponteareas en 2013
Compensará al Concello por las pérdidas que le genere este año
La gestión de la estación de autobuses de Ponteareas será asumida por la
Xunta de Galicia a partir de 2013. Según aseguró el alcalde de
Ponteareas, Salvador González Solla, el gobierno gallego se ha
comprometido a aceptar la recepción de este servicio deficitario para
Ponteareas y a compensar al Concello por las pérdidas que éste le genere
a lo largo de este año, mientras sigue siendo municipal.
Ponteareas
también transferirá el año que viene la gestión de la residencia de la
tercera edad a la Xunta de Galicia y el Castelo de Sobroso a la
Diputación de Pontevedra.
Servicios municipalizados
La oposición
había planteado como medida de ahorro que el conservatorio municipal
también fuese transferido, sin embargo, según asegura Solla, en Galicia
existen más de 20 conservatorios de grado medio como el ponteareano y el
gobierno gallego no podría hacerse cargo de todos.
Lo mismo ocurre
con la guardería municipal. El Consorcio Galego de Servizos de Igualdade
e Benestar sí gestionará la futura escuela infantil que se construirá
en una parcela de la carretera de Guillade pero no así la actual escuela
infantil de titularidad municipal desde hace veinte años.
Fonte: Faro de Vigo
jueves, 26 de julio de 2012
Interesante votarlle un ollo...
No blogue irmá Galiza Misteriosa pequena recopilación de lendas de medo da miña propia familia en terras de Ribadetea, o enlace http://galizamisteriosa.blogspot.com.es/2012/07/relatos-do-autor-das-estantigas-e-o.html ou entra en Galiza Misteriosa.
lunes, 16 de julio de 2012
sábado, 14 de julio de 2012
miércoles, 27 de junio de 2012
Oleada de Chemtrails o sábado sobre Ponteareas
O que pense que estas estelas de pequenos avións son de voos ordinarios ou que hai tanto tráfico aéreo sobre a nosas cabezas está moi equivocado, nun momento da tarde case chegan a tapar o sol nun día totalmente despexado estas estelas da morte.
jueves, 21 de junio de 2012
lunes, 18 de junio de 2012
Actualidade, nunha Ponteareas arruinada, asfaltan e arranxan a pista de acceso a casa do alcalde
Hoxe espertamos
na parroquia de Ribadetea con ruído de maquinaria, a cal levamos a sorpresa de
que estaba arranxando a pista que leva a nova casa do alcalde de Ponteareas, o
señor Solla. Isto contrasta coa gran cantidade de pistas e estradas do concello
que se atopan en moito peor estado, por non dicir nada nada da
actual subida de impostos e recortes no concello, pero para
arranxar a pista de acceso a casa do alcalde parece que si hai cartos. Outra nova vergoña
e tomadura de pelo da clase política local, moi descarados.
sábado, 16 de junio de 2012
Actualidade: Indignante e abusivo ataque os pontereáns por parte do circo do concello
Aprobado a Plan de Axuste do Concello de Ponteareas
14/06/2012 - Fonte:
Cos votos favorables de PP e ACiP
O
Pleno Extraordinario da Corporación Municipal, celebrado na mañá de
hoxe, aprobou cos votos a favor dos grupos municipais do Partido Popular
e Alternativa Ciudadana de Ponteareas, o Plan de Axuste que permitirá,
segundo a concelleira de Facenda, Belén Villar González, “dar os
primeiros pasos cara ao equilibrio financeiro do Concello, reducindo o
déficit de tesourería, que na actualidade é de nove millóns de euros, de
cara a estar no ano 2022 en situación de superhábit”.
Para a aprobación do Plan de Axuste, o Goberno Local mantivo diversas reunións cos distintos grupos da oposición de cara a un achegamento de posturas que permitira sacar adiante un “plan vital para a supervivencia do Concello” asegurou Belén Villar. A concelleira de Facenda e primeira Tenente de Alcalde salientou que, logo desas reunións, “acadouse un achegamento de posturas con ACIP, grupo que amosou unha clara disposición a atopar un punto de encontro con medidas nas que, ambas partes, estiveran de acordo”.
As medidas que se adoptarán serán nos capítulos de ingresos e gastos.
Ingresos
-Fíxase unha subida do IBI do 17% ata o ano 2018, o que fará que se pase dun tipo impositivo do 0.42% ao 0.49%, unha subida axustada, por debaixo do IBI que pagan os concellos da mesma categoría que Ponteareas e, como apuntaba Belén Villar, “por debaixo dalgúns dos concellos da comarca de menor poboación”.
-Incremento nun 15% a taxa de recollida de lixo pasando no rural de 45 euros/ano a 51,75 euros/ano e para urbana de 80 euros/ano a 92 euros/ano.
-Increméntase a taxa de matrícula para o Conservatorio Municipal de Música, así como a cota mensual, se ben os alumnos empadroados en Ponteareas contarán cunha bonificación do 40% sobre dita cota.
-Establécense dúas novas ordenanzas: Ocupación de Solo e Voo en Telefonía Móbil e Servizo da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP).
-Revisión das taxas sobre o cemiterio municipal.
-Aplicación de taxa de saneamento nas parroquias que contan xa con este servizo en funcionamento.
Gastos
-Non cubrir as xubilacións de persoal que se produzan, o que supón un aforro de 332.000 euros.
-Cesión do Castelo do Sobroso á Deputación Provincial de Pontevedra.
-Cesión da Estación de Autobuses á Xunta de Galicia, rematado xa o prazo de 20 anos de explotación desta instalación por parte do Concello.
-Cesión da Residencia da Terceira Idade á Xunta de Galicia ou establecemento dun convenio para que a administración autonómica cubra o déficit que produce o servizo, dentro da liña de prioridade que a Administración Autonómica lle da a todos os servizos relacionados coa Terceira Idade.
-Dar de prazo ata o ano 2014 para estudar as vías de traspaso da actual Escola Infantil á Xunta de Galicia, así como da nova que se construirá.
-Establecer un prazo, ata o mes de decembro, para atopar vías de financiamento para Canal Tea e no caso contrario, proceder ao peche de dito servizo.
A concelleira de Facenda, Belén Villar, recalcou unha vez máis que “os incrementos impositivos aprobados non son, nin con moito, desmesurados” e asegurou que seguen estando por debaixo dos municipios da mesma categoría e poboación que Ponteareas.
Desmentiu a responsable da Facenda municipal, que o Concello “teña exceso de persoal, senón que ten moitos servizos municipalizados que se veñen prestando aos veciños e veciñas”. Nese sentido afirmou que “reducir persoal levaría aparellada unha redución de servizos á cidadanía”.
O portavoz do BNG, Xosé Represas, afirmou, tralo pleno de hoxe no que o PP sacou adiante o seu plan de axuste cos votos de ACIP, que “hoxe é un mal día para Ponteareas e para os ponteareáns. O Partido Popular conseguíu aprobar un incremento salvaxe de impostos para que os veciños sigan pagando do seu peto o tinglado de despilfarro, enchufismo e corrupción do PP que arruinou o Concello”.
Segundo o BNG, o PP “en lugar de recortar ese tinglado escandaloso, preferíu apretar aínda máis o cinturón da xente con máis impostos”. Represas salientou que “o plan aprobado hoxe supón que os ponteareáns en conxunto pagarán 1,1 millón de euros máis en impostos cada ano, é dicir, uns 200 euros máis por familia e ano”. "O PP obriga aos ponteareáns a pagar máis impostos para seguir mantendo os altísimos salarios do alcalde e do goberno, que non se tocan, para manter a desmesurada plantilla de 300 traballadores, que tampouco se toca, e facer fixos aos colocados a dedo e para asegurar a continuidade de servizos absurdos e ruinosos como a televisión”.
Por último, o BNG lamentou que outros grupos da oposición presten apoio puntual ao PP xustamente en medidas negativas para Ponteareas que só favorecen ao Partido Popular. “O PSOE apoiou o pasado ano ao PP para aprobar os salarios de Solla e o seu goberno e agora ACIP apoia ao PP para aprobar unha suba de impostos brutal. Segundo Represas “o BNG é a única alternativa e esperanza dun cambio real e definitivo para Ponteareas”.
Para o PSOE o acordo alcanzado entre o PP e ACIP, para aprobar o Plan de Axuste Económico proposto polo goberno municipal do PP, suporá unha forte subida dos impostos municipais. “Coma denunciamos en numerosas ocasións, os graves problemas económicos ocasionados pola desastrosa xestión dos sucesivos gobernos do PP e coaligados, pagarémolo agora entre todos os veciños e veciñas de Ponteareas. Subir un 17% o IBI e o Imposto de Vehículos, ademais da creación de novas taxas, que teremos que afrontar todos e todas nun momento difícil para tantas familias en Ponteareas, é amoral e abusivo. Máis aínda cando os culpables da situación na que se atopa o Concello son os mesmos que acordan agora aprobar dito aumento de impostos: PP e ACIP.”
Desde o PSOE tamén propuxeron reducir entre un 25% e un 28% (aprox. 100.000 € anuais) os salarios dos membros da Corporación Muncipal, tanto dos concelleiros do Goberno coma dos grupos da oposición. Medida que foi rexeitada con gran vehemencia pola Concelleira de Facenda, Belén Villar. Os socialistas de Ponteareas entenden que os representantes públicos debemos ser os primeiros en dar exemplo cando é necesario adoptar medidas económicas restritivas, coma é a ocasión.
No Partido Socialista de Ponteareas temémonos que isto non vai ser máis que un parche para maquillar a situación económica do Concello, xa que non se está a solucionar a razón do problema, que é a nefasta xestión dos cartos, o despilfarro do diñeiro público, as políticas de amiguismo e o enchufismo practicado polos gobernos da dereita neste pobo.
Info sacasa de TODOCONDADO.
En canto o resto pouco que dicir,
con só leer un xa se da conta dos impresentables que nos gobernan, eles son os
que arruinaron o concello, cunha política corrupta, de grandes soldos e
enchufismo para os postos municipais. Pero como sempre os que temos que pagar
con todo somos os habitantes do concello, mentres eles seguiran coa corrupción,
seus grandes soldos, as mentiras e cos seu séquito de incompetentes ben
situados en postos públicos que pagamos todos.
Agora e un bo momento para os pontareáns facer exame de consciencia, sentarnos e pensar e non cegarnos co fanatismo político e ver como esta sendo noso presente e como será o futuro con estes incompetentes que só ben a seu peto. Ponteareas esta en loita, e non só dende agora, senón dende xa fai tempo, pero debemos ser máis e non ter medo o "que dirán" pois por culpa dese medo levamos anos pasando de persoas a escravos. Pontareáns abrámolos ollos, non nos representan! o verdadeira xustiza e do pobo para o pobo!

O DIA E A NOITE, tamén podemos ver o
moito que ríense de nos e nos enganan os políticos incompetentes pontareáns,
neste caso ACIP apoiando no pleno as subidas de impostos e recortes en servizos
os pontareáns mentres que no seu xornal, que ben sendo como leer o Mortadelo, poñen
en titular claramente que "non apoia a abusiva de impostos que pretende o
goberno municipal". Unha vergoña, vergoña que deberíalle dar os votantes
(en xeral) pero neste caso deste partido que contradicese a si mesmo e ten
falta de personalidade.
Agora e un bo momento para os pontareáns facer exame de consciencia, sentarnos e pensar e non cegarnos co fanatismo político e ver como esta sendo noso presente e como será o futuro con estes incompetentes que só ben a seu peto. Ponteareas esta en loita, e non só dende agora, senón dende xa fai tempo, pero debemos ser máis e non ter medo o "que dirán" pois por culpa dese medo levamos anos pasando de persoas a escravos. Pontareáns abrámolos ollos, non nos representan! o verdadeira xustiza e do pobo para o pobo!
viernes, 15 de junio de 2012
Protesta, vergoñento e tristísimo
Este cartel atopeime con el hoxe no Centro Social de Ponteareas,
centro que presume de axudar e colaborar cos máis necesitados. Pois aquí temos
un exemplo escrito de maneira ata groseira e directa para os que queiran deixar
roupa para que a repartan entre os máis necesitados, a cal acabara no lixo por
falta de tempo. E agora podemos dicir, e os 300 empregados do concello que se
ven paseando toda a mañá e tomando cafés polo bares non teñen un pouquiño de
tempo para recoller e clasificar a roupa que entregan con solidariedade os
veciños? Unha vergoña, aparte o redor do cartel estaban tamén postas carteis
para ser solidarios e atencións a inxustiza, o que ben sendo
completamente contraditorio co que pon neste en cuestión.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)