viernes, 31 de enero de 2014

jueves, 23 de enero de 2014

Parte da batalla xa esta gañada

Ponteareas, primeiro concello libre de herbicidas

Aposta por métodos mecánicos ou biolóxicos non contaminantes nos espazos públicos e promocionará cursos formativos sobre agricultura ecoloxica.


Ponteareas será o primeiro concello galego en estar libre de herbicidas, cando menos, nos espazos públicos. Así o aprobou por unanimidade o pleno municipal que aposta polo uso de métodos mecánicos ou biolóxicos non contaminantes e sen dano para a saúde e o medio ambiente.
 
Todos os grupos do concello tamén acordaron a promoción de cursos formativos sobre agricultura ecolóxica e libre de químicos nas parroquias para favorecer a sustentabilidade e a saúde da cidadanía de Ponteareas, así como o mantemento da calidade da auga.

Contaminación de augas

No plento tamén se debatiu a preocupación dos veciños da parroquia de Ribadetea en relación coa posible contaminación das augas para consumo humano pola aplicación de herbicidas.
 
A este respecto, acordouse por unanimidade que se garantirá a saúde dos veciños solicitando á entidade que pretende realizar a aplicación de herbicidas en puntos de captación de augas veciñais métodos de control alternativos e non químicos.
 
A prohibición, realizada por iniciativa do Grupo Ecoloxista Adenco, foi trasladada a todos os colectivos e entidades políticas, sociais e veciñais do concello ademais da outros organismos como a Deputación de Pontevedra, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Insfraestructuras e o Ministerio de Fomento por ostentar competencias na conservación de espazos onde se aplican tratamentos con herbicidas.
 
O grupo ecoloxista considerou estes acordos como "moi positivos" aínda que anunciou que esixirán o cumprimento das prohibicións e acordos animando aos veciños a denunciar calquera actuación de vaia en contra do pactado.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

FONTE: Galicia confidendcial

lunes, 20 de enero de 2014

Triste ignorar e ocultar a nosa rica historia e traer a épica estranxeira

Porriño regresará a la época de los celtas con una fiesta ambientada en la Galia

Recreará las historias de Astérix y Obélix - El evento se celebrará en verano, en dos jornadas

18.01.2014 | 01:03
El Concello de Porriño prepara una nueva fiesta con la que el municipio retrocederá en el tiempo, recreando el ambiente de la Galia, donde vivían los personajes de Astérix y Obélix. "Sumergirse en la historia y viajar cientos de años atrás para revivir las culturas y costumbres de nuestros antepasados es el objetivo de celebrar Porrigalia", señala el edil de Festejos, Manuel Alejandro Lorenzo.
La fiesta se realizará en dos jornadas de un fin de semana de verano, todavía sin concretar. "Participarán activamente la hostelería y el comercio de la villa, así como también los clubes deportivos, las asociaciones y todos los vecinos que así lo deseen", aseguró el alcalde Nelson Santos, quien añadió que "comenzaremos a reunirnos con todos estos colectivos para organizarnos y poner en práctica el proyecto ya realizado por el Concello para celebrar Porrigalia".
El objetivo de esta iniciativa es que las personas que asistan se vistan con indumentarias celtas y que los bares, comercios, viviendas y calles se decoren para la ocasión. Se reproducirán las historias de Astérix y Obélix, acompañados de algunos de sus amigos, tales como Ideafix, Panorámix o Esautomátix.
Así, se dispondrán puestos de comida y bebida, habrá danzas, demostraciones, teatro, fiestas nocturnas y se realizarán unos juegos olímpicos, con modalidades ambientadas en la época: lanzamientos de jabalina y de menhir, carreras de relevos y de cuadrigas, salto libre, lucha, juego de puntería, enfrentamiento a la "bestia", cruce del abismo y toreo, entre otros.
"Todo ello servirá de muestra de las costumbres galas en los diferentes ámbitos de la vida, desde el deporte, hasta la familia o la gastronomía", indica Lorenzo.
También se recreará un debate y una sesión plenaria destinada a mayores de 60 años, se llevarán a cabo competiciones entre galos y porriñeses, en disciplinas como la música, la herrería o la cantería.
FONTE FARO DE VIGO.

Dicir a esta iniciativa que ben sendo o típico por desgraza de dar valor o de fora e ignorar o noso, pois neste caso O Porriño e un dos concellos que máis lendas garda da época prerromana, lendas da belicosidade dos antigos poboas castrexos e ata a resistencia deles o avance romano sendo segundo unha lenda, as últimas terras en renderse do territorio galaico.

Podemos recordar así dúas lendas das terras da Louriña, a primeira ambientada no século IV a.C da cal se gardan fragmentos posteriores no Archivo Diocesano da Catedral de Tui:
O redor do ano 377 antes de Cristo un labrego que asentabase xunto as augas do río Louro e asesinado xunto súa familia polo rei dos Grovios (Tribu con capital na zona de Tui) chamado Trota “o Ilustre”, o parecer por motivos de queixas ante os impostos deste.

Entón os poboadores se alzan en armas e marchan contra trota cuns 100 guerreiros, os cales se unen outros 400 bracarenses (da tribo belicosa  dos Bracaros, que asentábanse na zona da actual Braga) todos as ordes do xoven guerreiro Ghovari, o cal vence os tudenses matando a Trota e súa familia en vinganza, gañándose un gran respecto das tribos dos seus redores. Logo instala súa nova capital como caudillo dos Grovios en “A Quinta”, na parroquia de Pontellas.

O nome de O Porriño descende do sobrenome que se ganou o novo caudillo, o cal chamaron “O Pueril”, pois só contaba con 17 anos cando venceu a Trota, sendo así o orixe do nome de O Porriño e súas terras.
Aquí vemos unha lenda que perdura no tempo que nos mostra os conflitos internos entre tribos castrexas e súa belicosidade creando aveces alianzas con outras tribos para problemas internos. A parte que ven sendo a lenda a cal da orixe o nome de O Porriño do xoven rei Ghovai o Pueril. Pois agora vai a outra que tamén ten unha gran importanza se o que conta e verdade.

Se di que alí chegou o redor do ano 70 d.C o xeneral romano Vespiano e súas tropas. Os Grovios que habitaban as ribeiras do Louriña conseguen resistir 7 meses, pero logo chega a lexión XI Legio Ave Fénix que cambia a balanza. Finalmente no ano 72 os Grovios  porriñeses deciden pactar e renderse abríndolle a s portas a Roma, sendo o último pobo galaico en facelo. O trato beneficiou tanto a eles como roma, facéndose socios comerciais e non sometidos.

Con un estilo moi o de Obelix e Asterix resistindo os romanos, e sendo os últimos do país Galaico pero neste caso nas súas propias terras, pero claro, seguramente nin os políticos porriñeses coñecen ou preocúpanse coñecer a súa historia e o de fora sempre vende máis, triste pero esa e nosa realidade.

martes, 14 de enero de 2014

Un cambio da forma de vida, cultura castrexa no V a.C, I parte

Situándonos nunha liña cronolóxica entre a idade de Bronce final e o inicio da idade do Ferro galaica, entre o cambio da vida en poboados simples o ar libre a expansión e progresión da cultura castrexa en poboados fortificados e alterados artificialmente do entorno natural. Posiblemente ese asentamento máis forte a un lugar fixo teña relación cun crecemento dunha agricultura máis intensiva en terras máis profundas, deixando nun segundo plano a recolección.

 Pode ser que preto deste período, cunha crise global na Europa de falta de recursos para a metalurxia apareza unha etapa de intranquilidade e escaseza, polo que o saqueo convertese nunha vía de riqueza e facilidade nos malos tempos. No caso galaico, xa antes do V a.C que e cando se expande a cultura castrexa, temos asentamentos fortificados característicos desta cultura. Puido ser que nestas terras xa existise a necesidade nalgúns casos como castros costeiros que practicaban comerzo con ricas culturas distantes de fortificarse para protexer esa riqueza, ou tamén pode que sexa o inicio dunha sociedade guerreira vinculada o estatus do guerreiro, neste caso temos premisas de que puido ter que ver non só con riquezas materiais senón tamén co gando, polo que romarías ancestrais que chegan os nosos días como o rapto do gando na “rapa das bestas” puido ter un orixe neste período. Pouco a pouco iremos analizando por partes este período para poder facer un pequeno estudo que nos acerque a como puido ser esta época de cambio.


Castros anteriores o século V a.c ou que comezan seu inicio nese século.

Pero xa antes do século V a.C comeza no territorio galaico a forma de hábitat en recintos ou asentamentos fortificados do exterior, alterando o terreo de forma artificial con foxos ou terrapléns de terra para unha millor defensa. E máis, consta destacar que algúns importantes asentamentos con estas características chegan a este período xa abandoados ou deshabitados.

Son os casos por exemplo de asentamentos moi antigos como Terroso (Mos) que data como inicio no século VIII a.C e polo final VII a.C xa estaba abandoado, pese ser avanzado para época con muros e vivendas en pedra, destaca a aparición dunha fouce xa de ferro e non de bronce. Outro caso parecido ocorre co castro de Penalba (Campo Lameiro) o cal data do século VII a.C e chega a este período xa deshabitado. Pero un dos casos máis descoñecidos e tapados que presenta unha importanza de primeiro orde sería o caso do xa desaparecido castro da Punta dos Muros, na A Coruña. Este antigo asentamento xa desapareceu para sempre baixo as obras do Porto Exterior da Coruña, pasando a ser só un recordo do que puido ser un dos primeiros castros coñecidos e  avanzados da Europa Atlántica.                                                                                      
Este castro que se atopaba nunha península datou cunha fecha de inicio no século IX a.C, tendo seu maior auxe no VIII o VII a.C. Estaba totalmente construído en pedra cunhas vivendas alongadas adaptadas o entorno natural e con algo peculiar, non había practicamente restos de comercio pese ser costeiro, nin de agricultura ou outras actividades económicas, só unha, a metalurxia do bronce. Súa función pode ser que fora esa, un asentamento excepcional para seu tempo cunha autentica industria e actividade  da metalurxia do bronce no seu interior, tal vez estamos falando dun pobo guerreiro? Pola súa situación, datación e carácter puido ser esta a patria do enigmático Breogán?

Vista aérea do que era o antigo asentamento fortificado da Punta dos Muros.

Por outra banda, hai outra serie de poboados antigos que non só pasan o V a.C, senón que medran seu desenvolvemento e ata algúns chegan a pasar a etapa da conquista romana. Destacar entre os máis antigos que chegan a este período o castro costeiro do Neixón Pequeno (Boiro), o cal ten un inicio entorno o VIII a.C con restos dun importante comerzo púnico e fenicio. Moi similar ocorre co castro da Lanzada, o cal data cun inicio tamén do século VIII a.C e tamén cun importantísimo comerzo cos púnicos e fenicios, chegando a posuír no seu interior unha autentica factoría comercial nunha estrutura de gran tamaño similar a unha vivenda que se desterrou no seu interior.

Outros castros costeiros similares que van aparecendo na paisaxe galaica, moi vinculados o comerzo con pobos estranxeiros son o de Punta do Muíño de Vento ou illa Toralla en Vigo, o de Âncora en Portugal ou Taramancos en Noia. Estes castros tal vez tenden a fortificarse precozmente a comparación dos de interior pola necesidade de protexer e defender eses bens comerciais ante ameazas exteriores, tanto de terra (indíxenas) como de mar (foráneas).


Vivenda do castro da Punta do Muíño de Vento, que se atopa agora no interior da casa do mar de Vigo.

Outros castros igualmente antigos pero que parecen depender doutros factores similares para seu asentamento son os do sur do territorio galaico, o que hoxe ben sendo o norte de Portugal. Neste caso temos castros moi antigos como Roriz (Barcelos) ou Penices (Braga) que poden datar nun inicio entorno o X-IX a.C pero cun hábitat máis de val.  A diferenza que as augas tranquilas das Rías Baixas, estes poboadores buscan o val con vías fluviais para asentarse ante as bravas augas abertas do Atlántico, así podemos destacar os vales do río Cabe e Ave nun  primeiro plano, e logo os do Miño, Limia e Douro.

Estes castros teñen un desenvolvemento agrícola seguramente maior, o que fai un incremento demográfico facendo que nos séculos VII e VI a.C aparezan nesta franxa sur entre o Miño e o Douro muitisimos novos asentamentos fortificados, como Coussorado (Paredes de Coura), Terroso (Povoa de Barzím) ou Santa Luzia (Viana do Castelo) os cales presentan un tamaño considerable e un nivel de urbanización maior.

Vivendas reconstruídas na cividade de Coussorado.  

Por último para rematar esta pequena introdución con outra serie de asentamentos que aparecen cun inicio de fortificación esparcidos polo interior do territorio galaico, sobre todo en vales non distantes da franxa costeira e cunha maior tendencia a zona sur. Son os casos de Troña (Ponteareas), A Graña (Toques), Castromao (Celanova) ou Borneiro (Cabana de Bergantiños) que datan cun inicia anterior o século VI a.C. 

Posiblemente estes novos poboados colleran exemplo dos costeiros nalgúns casos, noutros tal vez por estatus sobre outros poboados do entorno e gardar riquezas no seu interior, ou simplemente por inseguridade ou carácter máis guerreiro dos seus poboadores. A maioría neste caso sobrepasarian a barreira do século V a.C e mesmo este tipo de hábitat, sobre todo en zonas estratéxicas en vales fluviais aumentaría e expandiríase por case todos os vales do territorio galaico dende unha franxa costeira cun maior auxe no sur cara terras interiores e do norte.. Algún importantes puideron comezar a súa actividade neste período  como Seceda (Cualedro) ou Monte do Castro de Vigo e o de Ribadumia.

Este pequeno estudo son unha hipótese e a nivel persoal.
Jhonathan Zúñiga Puga



martes, 3 de diciembre de 2013

O Penedo da Campá, no monte Pedraquetinha (Toutón-Mondariz)



Situámonos a máis de 500 metros de altura na cima do monte Pedraquetiña, que ten a súa cota máis alta pertencente a parroquia de Toutón no concello de Mondariz, pero nesta máxica montaña sobre o val do Tea e seu afluente río Borbén tamén lindan as parroquias de Borbén pertencente o concello de Pazos de Borbén, e Parades pertencente o de Ponteareas.

É a escasos metros da cima onde se atopa este peculiar e incrible monumento patrimonial moi marxinado a día de hoxe, tratase do “Penedo da Campá ou Campana”. Veciños da zona contan, que no alto da Pedraquetiña existe unha pedra, que antigamente se a batías cun pau, soa como unha campá dunha igrexa.


Seguindo esta pista, chegamos a famosa pedra, a cal quedou moi danada por traballos de cantería e unha escavadora fai uns anos. Mesmo así, tivemos o pracer en situ como se pode ver no vídeo, de probar esa son con forma de eco que soa se bates nela nuns buratos que ten na parte de abaixo. Ese buratos ou orificios, furan de forma artificial o penedo no centro, e dicir foron feitos a posta para que esta pedra, situada estratexicamente a máis de 500 metros sobre o val do Tea e Borbén, soara como unha campa.


Pouco se sabe do orixe e poucos coñecen a día de hoxe esta pedra, pero topamos cunha importante pista no folclore e ledas da zona, onde o parecer no alto do monte Pedraquetiña habitaba nos “tempos dos mouros” unha fermosa moura. A lenda desta moura e moi común a doutras partes da Galiza, pois os mozos tentaban subir o monte para vela e namorar a esta bela rapaza, que vivía no alto “nunha pedra”, que era o único que tiña, de hai o nome do monte “Pedraquetiña”.

Como noutros monumentos patrimoniais moi similares como “o Catabún” en Budiño (Porriño), ou o “Penedo da Campá” de Troáns (Cuntis), tamén nos falan as lendas de mouros, polo que é moi posible que os habitantes dos antigos castros dos redores (Toutón, Xunqueiras..) traballasen e utilizasen este tipo de pedras para comunicarse, alertar ou avisar. A isto hai que sumarlle o lugar estratéxico no que atopase, no cauce medio do val do Tea e do val do río Borbén.

Vista do penedo o val do río Borbén.

En canto o estado de conservación deixa muito que desexar, aparte de atoparse marxinado e se valor total na actualidade. O penedo en si fáltalle un anaco, no cal aínda se pode ver a marca dun barreno de canteiro que o rompeu. Por se fora pouco, fai una anos unha escavadora o desprazou e volcou do seu lugar orixinario, que era xusto debaixo asentado sobre unhas pedras de base postas artificialmente. En ambas dúas accións agresivas contra el, a ninguén practicamente importoulle nin ninguén protestou.
 Marca de barreno de canteiro no penedo.
Lugar onde posiblemente estivese orixinalmente situado o penedo.

Tamén destacar que ten na súa superficie un petróglifo actual relixioso, que ten tallado no penedo unha cruz latina de gran tamaño coas letras en maiúsculas MT e PV, xunto coa fecha (seguramente de cando o gravaron na pedra) 1928. Este resto, e unha forma de “cristianizar” o que era dos pagáns mouros.

FICHA TÉCNICA

Tipo de ben:  Monumento indefinido   
Lugar: Monte Monte Pedraquetiña (Toutón-Mondariz)
Cronoloxía: Descoñecida (Idade de Ferro-Bronce??)                 
 Propiedade: Privada (Mancomún)

Catalogado pola xunta: Non

Estado de conservación: Malo, moi danado e sen protexer.

Conserva tradición oral: Si 

domingo, 3 de noviembre de 2013

Adenco informa nos medios sobre os informes da Hidrográfica para o non uso de herbicidas nos montes de Ribadetea

La Hidrográfica inicia un expediente por la aplicación de herbicidas en Ribadetea

Los ecologistas de Adenco habían denunciado el intento de aplicación en agosto

03.11.2013 | 02:51
El Grupo Ecologista Adenco informó ayer que la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil abrió diligencias de investigación para un expediente sancionador por la pretensión de aplicación de herbicidas en Ribadetea.
Según explicó el grupo ecologista, en la actualidad, el expediente se encuentra en la fase de actuaciones previas con el objeto de determinar, con la mayor precisión posible, los hechos susceptibles de motivar la incoación del procedimiento, la identificación de la persona o personas que habían podido resultar responsables y las circunstancias relevantes que concurran en unos y otros.
Entre la documentación facilitada al Grupo Ecologista Adenco por parte de la Confederación se encuentra un informe técnico muy detallado en el que se indica que hay varias arquetas de captación para consumo humano a escasa distancia de la zona a tratar, existiendo una la tan sólo 8 metros. El informe indica que las arquetas están conectadas entre sí y que la contaminación de una conllevaría a la contaminación de la siguiente. El documento también hace mención a la existencia de otros aprovechamientos de agua cercanos como lo de San Blas a apenas 60 metros de la zona de actuación y al de Aguas de Lomba Porto Castro a unos 200 metros, ya pertenecientes a la parroquia de Areas.
En el mes de agosto fue cuando un numeroso grupo de vecinos de Ribadetea paralizó el intento de aplicación masivo de herbicidas por parte de la Comunidad de Montes de Ribadetea en una grande superficie ubicada cerca de la parcela recreativa de O Viveiro. Ante esta situación, desde Adenco solicitando la paralización de la aplicación de herbicidas y el cumplimiento de la legislación vigente ante varias administraciones.

FONTE: FARO DE VIGO

sábado, 26 de octubre de 2013

Recollida de lixo no Tea, primeira actividade da nova AA.VV de Ribadetea

Primeira actividade da nova AA.VV de Ribadetea, onde o autor deste blogue atopase entre seus membros. Este e un dos camiños a seguir, esperemos continuar con este tipo de actividades e que tamén outras AA.VV do concello, bisbarra e ata galegas comecen tamén con este exemplo, porque entre tod@s podemos pouco a pouco mudar este mundo.

















jueves, 19 de septiembre de 2013

Fauna fotografiada no Brasil II parte

Tórtolas (neste caso a Stroptopelia Senegalensis)
De familia das pombas, ave migratoria de África cara sur América
Fotografiado en Praia do Forte, Bahía

Marabunta, formiga Guerreira ou Lexionaria 
Tipo de formiga migratoria e agresiva, móvense como auténticos exércitos cazando o seu paso súas vítimas. Algunhas colonias poden ter máis de 2 millóns de formigas, o ser migratorias non constrúen formigueiros e destaca súa forte mandíbula.
Fotografiado na reserva Sapiranga, Bahía

Mico ou Sagui (Callitrichidae) 
Especie de primates de pequeno tamaño expandidos polas zonas tropicais de sur América, tamén coñecidos como titís.
Fotografiados por distintas zonas da Bahía

Chama-maré (Ocypodidae)
Cangrexos atlánticos polo xeral de pequeno tamaño, soen andar en grandes grupos polos areais. destaca no macho por ter unha pinza muito maior e desenvolvida ca outra. 
Fotografiados en distintos areais da Bahía

Calango (Tropidurus oreadicus)
Especie de lagarto que pode chegar os 30 cm, non e agresivo e soe habitar en lugares tranquilos onde abunda a madeira para camuflarse.
Fotografiados en distintas zonas de Praia do Forte, Bahía