Primeira actividade da nova AA.VV de Ribadetea, onde o
autor deste blogue atopase entre seus membros. Este e un dos camiños a seguir,
esperemos continuar con este tipo de actividades e que tamén outras AA.VV do
concello, bisbarra e ata galegas comecen tamén con este exemplo, porque entre
tod@s podemos pouco a pouco mudar este mundo.
Blogue adicado a historia e vida do concello de Ponteareas, O Condado e seus redores, onde tocarase máis pa fondo a historia máis antiga e marxinada destas terras. concello de Pontevedra así como actualidade, patrimonio e outros temas.
sábado, 26 de octubre de 2013
jueves, 19 de septiembre de 2013
Fauna fotografiada no Brasil II parte
Tórtolas (neste caso a
Stroptopelia Senegalensis)
De familia
das pombas, ave migratoria de África cara sur América
Fotografiado en Praia do Forte, Bahía
Marabunta, formiga Guerreira ou Lexionaria
Tipo de
formiga migratoria e agresiva, móvense como auténticos exércitos cazando o seu
paso súas vítimas. Algunhas colonias poden ter máis de 2 millóns de formigas, o
ser migratorias non constrúen formigueiros e destaca súa forte mandíbula.
Fotografiado na reserva Sapiranga, Bahía
Mico ou Sagui (Callitrichidae)
Especie de primates de pequeno tamaño expandidos
polas zonas tropicais de sur América, tamén coñecidos como titís.
Fotografiados por distintas zonas da Bahía
Chama-maré (Ocypodidae)
Cangrexos
atlánticos polo xeral de pequeno tamaño, soen andar en grandes grupos polos
areais. destaca no macho por ter unha pinza muito maior e desenvolvida ca
outra.
Fotografiados en distintos areais da Bahía
Calango (Tropidurus oreadicus)
Especie de
lagarto que pode chegar os 30 cm, non e agresivo e soe habitar en lugares
tranquilos onde abunda a madeira para camuflarse.
Fotografiados en distintas zonas de Praia do Forte, Bahía
miércoles, 18 de septiembre de 2013
Viaxe a chapada de Diamantina II parte, O Poço do Diabo
O Poço do Diabo
(Pozo do Demo) atopase na Chapada de Diamantina a 22 Km da localidade de Lençôes.
Tratase dun descenso pola montaña escarvado na pedra polo río de augas escuras
debido a ter elementos orgánicos nas súas augas. No seu descenso forma pequenos canóns así como tobogáns naturais.
O camiño baixa
dende a estrada pegada a marxe do río cos seus rápidos no medio dunha paisaxe
fermosa. A uns 15 minutos río abaixo chegamos o lugar coñecido como “Poço do
Diabo”, tratase dun salto de auga abrupto de gran altura en forma de fervenza caendo
nunha gran poza de augas escuras.
Se descende a poza
por un estreito camiño que ten unhas vistas espectaculares sobre a fervenza e
poza. Dende a fervenza a o final da poza hai un tira-liña para os máis valentes
que fai un descenso espectacular dende a altura da fervenza as augas da poza.
Unha vez abaixo,
abraiado pola beleza do entorno, que millor cousa que darse un baño nas escuras
augas da poza acompañado polo meu pai, as cales están muito frías, pero unha vez dentro delas entre o
son da mata (fraga) de fondo e a tranquilidade do lugar, pódovos asegurar que
limpa ata a alma.
Despois do
relaxante baño de pureza, abandonamos este lindísimo e máxico lugar escondido
nun pequeno recuncho do interior do estado da Bahía, seu encanto e presenza
sempre serán recordados no meu interior como unha doce lembranza.
Foto de familia xunto a meus pais despois de pasar unha xornada en grande.
jueves, 12 de septiembre de 2013
Conseguimos paralizar novos desterres no Castro da Croa
De novo hoxe en
Ribadetea levantounos a voz de alarma da cama. Días anteriores no Castro da
Croa fixeran un autentico desterre destruíndo parte de seus parapetos de
defensa e alterando parte do conxunto castrexo que esta protexido por
patrimonio.Os culpables, a CCMM de Ribadetea.
Despois disto púxose
en coñecemento da policía autonómica (que se encargan do patrimonio) as
alteracións no Castro da Croa levanto expediente. Pois ben, apenas dous días
despois voltou aparecer unha pala traballando no castro, sacando xabre para os
camións.
A empresa o parecer
pedira permiso o concello para sacar xabre, estes os puxeran en contacto co
presidente da CCMM de Ribadetea que como non, mandounos a un dos pouco sitios protexidos por
patrimonio da aldea para seguir facendo canteira de forma ilegal, o castro da Croa. Pero o millor de todo e o destino dese xabre,
pois só desprazase uns metros de onde o quitan, indo para o novo paseo que vai
pegado o Tea entre Cernadela (Mondariz) e Ponteareas.
Excavadora hoxe a mañá destruíndo parapetos no castro da Croa.
Este paseo esta
feito con xabre procedente dun importante recinto arqueolóxico protexido por
patrimonio, pero o millor esta por chegar, pois cando me acerco o lugar onde
están facendo as obras máis preto do castro, vexo que se levan por diante un
parapeto de defensa e afectan seu entorno. Non sei porque, pero xa tiña esa
intuición, e o máis bonito que a obra foi fomentada pola propia Xunta, augas de
Galicia e o concello de Ponteareas, que din ter todos os permisos e información
da ruta, tanto que nin sabían que había un castro catalogado e protexido por
patrimonio que leváronse por diante. Agora esta todo nas mans de patrimonio que
foi informado.
Arriba, parapeto defensivo do castro arrasado parcialmente pola nova "senda do Tea"
Neste ambente de
manipulacións, permisos, desinformacións e destrución o final o único que sae
perdendo e o patrimonio e seu entorno natural, que o final de conta, o lado dos
cartos, favoritismo e sacar a foto non vale nada.
En roxo ultimas
alteracións e destrucións no Castro da Croa en 2 anos, de seguir así, nosos
netos porán ver algún resto do antigo poboado fortificado.
lunes, 9 de septiembre de 2013
SOS Castro da Croa, os Demos voltaron atacar pola espalda
Era un dos castros cun
dos maiores sistemas defensivos de toda a cultura castrexa galaica, de estilo
mineiro e cunha mina romana a menos de 50 metros del, e estaba na miña aldea,
Ribadetea.
Digo estaba, pois
nos últimos anos mentres un grupo de veciños intentamos impulsalo para coñecelo
e posto en valor, facendo rutas guiadas, articulos en internet, publicando en
revistas veciñais. Os demos, profesionais da destrución e acabar con todo, destruírono
máis en cinco anos que en 2000 que ten de existencia.
Eses demos teñen
nome (os mesmo do famoso herbicida), e tratase da propia CCMM de Ribadetea, que
co apoio dos seus lacaios como a AAVV e demais convertéronse no peor inimigo da
natureza e patrimonio en Ribadetea cando eles eran quen o debían protexer.
Primeiro reencheron
con terras a zona central do poboado, logo fixeron camiños sen sentido polo
interior dos parapetos destruíndo este, e a última que tiñan feito era un
enorme burato acabando cun dos principais parapetos, pero esta xa pasa todos os
limites, queren facer agora un aeroporto? Pois non ten sentido máis que facer
dano a escavación que fixeron, facendo desaparecer parapetos enteiros.
Dende aquí muita
dor e gañas de chorar, estes demos non pararán nunca e sen respeto e nin sequera
propolo en asemblea co resto de veciños. Agora, o castro da Croa necesita máis
apoios que nunca, pois pasou dun pequeno florecer e a ser coñecido, a estar en
plena extinción por mor dos ratos, ratos que agora agachan as orellas e non
saen das alcantarillas …
ISTO NON PODE
SEGUIR ASÍ, SOS CASTRO DA CROA
Vista da zona que agora desapareceu cos parapetos xa danados.
Outras zonas xa afectadas nos últimos anos.
Nova zona que desaparece do castro marcada en roxo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)