Sabado 21 de maio
Domingo, 22 de maio
Luns, 23 de maio
Martes, 24 de maio
Blogue adicado a historia e vida do concello de Ponteareas, O Condado e seus redores, onde tocarase máis pa fondo a historia máis antiga e marxinada destas terras. concello de Pontevedra así como actualidade, patrimonio e outros temas.
Saída as 9:30 horas do merendeiro do Viveiro (en Ribadetea camiño a Cillarga)
Na subida pasarase por lugares arqueolóxicos como catro mamoas, entre elas a da Loma do Marco e a da Loma do Cabalo Escuro. Tamén polo refuxio da Idade de bronce do alto do Castelo.
Ademáis verase unha zona con pedras con formas de animais e por último case na cima (665 m) un dos refusios onde se refuxiou o coñecido xufido O Fresco.
Todo este recorrido farase vendose fermosas paisaxes a todo o val do Tea e pola outra cara a Ría de Vigo.
Notas: aconsellase traer calzado apropiado para a subida sendo esta no final de nivel medio.
Tamén traer algo de comida e bebida para almorzar algo no retorno no merendeiro o Viveiro.
Organiza: Asociación de vaciños de ribadetea, vogalia da Xuventude.
animadevos!!

Despois de que nos comezos da primaveira nos fumigasen os ceos a diario avionetas deixando seu rastro de morte no ceo enchendo os campos de bechos, como a invasión que sufriu Ribadetea co becho da pataca, estes días voltou saltar a alarma con outro medio parecido que en teoria facia outro traballo.
LUGAR: Monte do Castelo, Cans-O Porriño/ Couso, Guláns-Ponteareas
ALTIDUDE: 355 metros
COORDENADAS: LONX:
TIPOLOXÍA: Asentamento fortificado
DATACIÓN: Medieval (posible anterior Idade de Ferro)
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Moi alterado, con apenas restos visibles
CLASIFICACIÓN DO SOLO: Solo rústico de protección do patrimonio
PROPIEDADE: Privada (mancomún)
Vistas a dúas posibles mamoas, xusto debaixo poderia aber unha terceira moi deteriorada.
Situación da máis que probable mámoa do Salgueirón.
Vista dende a mámoa das outras posibles duas aliñeadas co val do Tea de fondo, tamén se pode ver os restos de fragmentos de cuarzo.
Vista da mámoa coas outras dúas posibles o fondo (rodeadas en roxo).Sabías que...
Na parroquia de Ribadetea queren construir unha planta de biomasa que conlevará
· Un aumento do transporte pesado pola carretera, xa que a planta consume 106.920 T/ano,o que supón 293 T/día, supondo que un camión pode levar sobre 14 T de biomasa, sae un toal de 20 camións diarios.
· Un consumo de auga de 25000 litros diarios, ¿de onde a sacarán?, ¿do LIC do río Tea? ou deixarán os pozos sen auga.
· Unhas emisións sonoras elevadas o lado das casas da freixa, a menos de 30 metros.
· Suporá un aumento dos elementos contaminantes na zona, chuvia ácida, chegando os límites permitidos.
· A construción dun edificio de 25 metros de altura nun entorno rural, cunha cheminea de 30 metros de altura.
· A devandita planta non necesita estudo de impacto ambiental, ¿ non son contaminantes?.
· Emítense hidrocarburos aromáticos policíclicos, que conteñen un largo grupo de compoñentes tóxicos, os cales poden ser canceríxenos.
¿Qué fan os partidos políticos para defendernos? Levan o tema a pleno, e non son capaces de falar del, suspenden o pleno. Así é como traballan os noso políticos. Grazas señores do PP e BNG por facer que se suspendera o pleno.