Blogue adicado a historia e vida do concello de Ponteareas, O Condado e seus redores, onde tocarase máis pa fondo a historia máis antiga e marxinada destas terras. concello de Pontevedra así como actualidade, patrimonio e outros temas.
jueves, 19 de mayo de 2011
miércoles, 18 de mayo de 2011
Routeiro o Salgueirón, Ribadetea
viernes, 13 de mayo de 2011
Routeiro o pico do Salgueirón (Ribadetea) o martes 17 de maio
Saída as 9:30 horas do merendeiro do Viveiro (en Ribadetea camiño a Cillarga)
Na subida pasarase por lugares arqueolóxicos como catro mamoas, entre elas a da Loma do Marco e a da Loma do Cabalo Escuro. Tamén polo refuxio da Idade de bronce do alto do Castelo.
Ademáis verase unha zona con pedras con formas de animais e por último case na cima (665 m) un dos refusios onde se refuxiou o coñecido xufido O Fresco.
Todo este recorrido farase vendose fermosas paisaxes a todo o val do Tea e pola outra cara a Ría de Vigo.
Notas: aconsellase traer calzado apropiado para a subida sendo esta no final de nivel medio.
Tamén traer algo de comida e bebida para almorzar algo no retorno no merendeiro o Viveiro.
Organiza: Asociación de vaciños de ribadetea, vogalia da Xuventude.
animadevos!!
viernes, 6 de mayo de 2011
Una gruta del Aloia de dos millones de años atrae a espeleólogos y geólogos de la NASA

La gruta A Trapa del monte Aloia, que se formó hace más de dos millones de años y cuenta con 1.250 metros de recorrido en galerías, ya se está dando a conocer como la segunda cueva granítica de Europa por parte del Club Espeleolóxico Mauxo de Vigo. La mayoría de las grutas conocidas son de roca caliza, que es soluble.
La existencia de un río subterráneo de más de 250 metros de proyección, con una cascada de agua de 12 metros de altura en invierno, además de fósiles, dan idea de la importancia de A Trapa a nivel internacional
miércoles, 4 de mayo de 2011
Nos siguen fumigando dende os ceos, caso Ribadetea
Despois de que nos comezos da primaveira nos fumigasen os ceos a diario avionetas deixando seu rastro de morte no ceo enchendo os campos de bechos, como a invasión que sufriu Ribadetea co becho da pataca, estes días voltou saltar a alarma con outro medio parecido que en teoria facia outro traballo.Fai uns días un helicóptero voou moi baixo pola zona de casas durante un longo periodo, a excusa que estaba sacando fotos das casas. Ata ese momento todo normal, pero comezaron algúns veciños da parroquia a decir que viran que este helicóptero en cuestión soltara unhas pelotiñas pequenas, e decir, pequenas formas circulares de plastico que parecián conter algo dentro.
Nos seguíntes días a ese acontecemento os veciños de Ribadetea estamos sufrindo unha praga de carranchos (carrapatos) nos nosos cans. De un día pra outro case todos os cans da aldea pasaron de estar limpos a estar pragados de carranchos, algúns aínda foran desparasitados facia só uns días.
Aparte estes carranchos som de tamaño grande, pero nom creceron como soe ser de forma natural nos cans, senóm que algúns os extraes da pel do canido, os aplastas e comprobas que estan vacios de sangue, e decir que apareceron da nada e nom creceron na pel do canido.
Ante esta, e outras moitas máis os veciños de Ribadetea estamos fartos de que nos envelenen de seguido dende os ceos para que merquemos as dosis que nos venden os mismos que nos envelenan. Primeiro protexen os cans con leis pola súa dignidade animal, e agora permitese que sufra desta maneira anti-natural para seu bem persoal. O bem o levan uns poucos, e o mal o pagamos todos, politicos marionetas!!
ONDE VELAN AGORA OS POLITICOS POLA SAUDE E O AFORRO, ONDE??
lunes, 2 de mayo de 2011
viernes, 29 de abril de 2011
sábado, 23 de abril de 2011
Aberta a encuesta do monumento máis significativo do concello.
domingo, 17 de abril de 2011
jueves, 14 de abril de 2011
Protesta: Alerta, nos fumigan!!
Pois a respota e nom, tratase de avións fumigadores, eses que soltan as pragas e pestes os campos, enfermidades as xentes e demáis... en este caso se encargaron do traballo dous avións, un por unha dirección e outro por outra, pero compaxinados.
Que nom vos extrañe os alerxicos que apartir de estes días vos veñan as alerxias, ou haxa pequenas pragas de bechos ou pestes nos campos, pois levan asi xa uns días. Logo din que miran por nosa saude tentando quitar o tabaco, pero sin encambio permiten isto, vivimos nun mundo de cordeiros...
miércoles, 13 de abril de 2011
Medievo pontareán: A fortaleza do Monte do Castelo
Os enigmáticos restos de este Castelo están situados no alto do Monte do Castelo entre as parroquias de Guláns (Ponteareas) e a de Cans (O Porriño), preto de Couso. O alto deste monte é onde se emprazaba o antigo Castelo de Miravel, asentado no popularmente coñecido como “o Penedo de Beethoven”, pois no alto atopase unha pedra coa forma do pianista tocando o piano, moi visible dende a autovía das Rías Baixas e a N-120 o seu paso.
Tratase dunha fortaleza medieval situada no alto do monte, de moi difícil ascenso pois o monte e moi empinado e pedregoso, tanto que algúns tramos hai case que escalar. No alto atopanse uns xigantescas penedos sobre os cales se estructuraría a fortaleza. Dende esta se percibe gran parte do val da Louriña ata case súa desembocadura no Miño.
Antes de chegar a esta zona central a uns 150 metros máis abaixo nos atopamos con dúas grandes pedras que parecen talladas con foma de porta, e decir que moi posiblemente sería a porta da primeira muralla defensiva do Castelo. Subindo dende esta polo difícil ascenso o alto nos topamos con un estreito paso entre dous penedos xigantes, este paso era a antiga porta de asceso a dentro da fortaleza. A entrada atopase completamente rodeada de fosos cavados na pedra, polo que a única entrada o recinto. No paso entre as dúas pedras podese ver a perfección nas pedras as marcas das dúas portas que tiña a fortificación, pola forma das marcas parecía que se tratarián de dúas portas elevadizas.
Pasando pola entrada que está xusto debaixo do penedo onde se situaba a torre do homenaxe, accedemos o que sería o patio de armas, dende este vemos unha privelixiada visión sobre o val da Louriña. Acercándonos cara onde se situaban os antigos fosos, nos topamos cos restos da muralla cavadas na pedra, nela apreciamos como era a estructura deste Castelo, onde a muralla tería entorno a un metro e medio de ancho. Dende a pequena explanada do patio de armas observamos unha monumental forma granítica que se eleva sendo a parte máis alta do monte, nesta e onde se situaban o alxibe e a torre de homenaxe.
Subindo a esta última parte, observamos un enorme alxibe cavado na pedra, ten forma de bañeira rectangular xigante de pouca profundiade, polo que a súa orixe pode ser esa función, de bañeira e nom de alxibe. Nos seus redores nos topamos cun sistema de regadíos para encher a bañeira aproveitando a auga das choivas, tamén os restos de onde se asentaban os muros cavados na pedra para protexer este emplazamento. Xusto enriba desta nos topamos cun enorme penedo rachado que sería onde estaría a torre do homenaxe, o cal e inaccesible a súa parte alta.
En canto a orixe de este Castelo e bastante enigmatica e descoñecida, pois posiblemente xa na súa parte alta onde se asenta o patio de armas e alxibe poido existir un pequeno castro, aprobeitando asi súa terraza, seus fosos e pedras para a construcción do Castelo. Pero o que chama máis a atención deste e o enorme alxibe en forma de bañeira que posué para o reducido tamaño desta fortificación, esta poido ser realmente unha bañeira e nom un alxibe nos seus inicios, isto nos fai pensar que seu primeiro orixe como Castelo nom foi cristián, senóm musulman.
Os musulmans ou moros eran moi hixiénicos e gustaban dos baños de auga, o contrarío co mundo cristián da época, polo que seu primeiro orixe e posible que fora islamico. Se fora este seu orixe falariamos de unha fortaleza insolita e única na Galiza, cunha posible datación entre ó 716 d.C (que foi cando Abdelaziz, fillo de Muza, pasou por estas terras destruindo Tui) e a década dos 740 ó 750, que e cando Alfonso I reconquista estas terras máis súa capital, Tui. De existir neste curto emplazamento temporal, estaríamos falando dunha pequena fortaleza no alto que sería a base da posterior, pero estaríamos ante un dato importante, pois esta zona tería por aqueles revoltos tempos os suficientes habitantes e características militares para os musulmans tiveran que levantar este enclave fortificado.
En canto a posterior fortaleza (sempre contando que a musulman existise), construiriáse sobre a anterior séculos despois, seguramente entre os XII-XV en plena Galiza feudal. Esta pertencería a unha serie de castelos que vixiaban o val da Louriña os cales a día de hoxe nom se conserva ningún, falamos dos posibles Castelo do Monte do Galiñeiro (Gondomar), Castelo do Faro de Budiño (O Porriño) e Castelo do Monte Aloia (Tui). Estes seguramente controlarían as vías de acceso a Tui e servirían de control entre as diferentes casas nobiliarias da zona.
O fin do Castelo tamén o descoñecemos, posiblemente nas revoltas irmandiñas ou simplemente polo avandono deste. Súas pedras seguramente foron levadas polos veciños en tempos posteriores para a construcción de novos fogares, construcción relixiosas, muros e lindes nas leiras e montes dos redores.
FICHA TÉCNICA
LUGAR: Monte do Castelo, Cans-O Porriño/ Couso, Guláns-Ponteareas
ALTIDUDE: 355 metros
COORDENADAS: LONX:
TIPOLOXÍA: Asentamento fortificado
DATACIÓN: Medieval (posible anterior Idade de Ferro)
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Moi alterado, con apenas restos visibles
CLASIFICACIÓN DO SOLO: Solo rústico de protección do patrimonio
PROPIEDADE: Privada (mancomún)
domingo, 27 de marzo de 2011
Prehistoria: as posibles mámoas do Salgueirón, Cillarga (Ribadetea)
Como sitio clave para atopar algunha mámoa e investigala elexiuse as faldas do monte Salgueirón (633 m), xunto enriba de Cillarga. Aqui un grupo de rapaces máis un arqueólogo toparan unha mamoa fai tempo. Estas faldas posuén unhas vistas privelixiadas sobre o val do Tea e un campo moi aberto para observalo, aparte que estan orientadas cara a saida do sol, e decir tal como lles gustaba os antigos neolíticos da Galiza para aterrar seus defuntos ou mesmo facer petroglífos.
Vistas a dúas posibles mamoas, xusto debaixo poderia aber unha terceira moi deteriorada.Decir que na subida cara a parte máis alta do Salgueirón topeime con dúas posibles mámoas aliñeadas e sobresaindo no terreo, é ata outra posible terceira moi deteriorada polos pastizais e repoboación e talas o longo dos anos. Está tamén se atopa aliñeada coas outras dúas, pero o contrario que as outras dúas que estan moi próximas esta nom ten súas vistas amplias o val.
Seguíndo o ascenso o Salgueirón cara unha lomba preto do alto que parece sospeitosa pola súa forma, topamonos con singulares formacións petréas, algunhas de elas poideron ser talladas polos antigos habitantes destas serras, como moitísimos pequenos lagares que poideron ser cavados na pedra. En canto a petroglifos, aínda que parece un sitio perfectos para atopalos, nom topei resto deles, nin sequera as miticas "coviñas", as cales son máis faciles de topar e son moi comúns nestas terras, pero este nom era o motivo desta expedición polo que quedara para outra cun maior detemento neste apartado.
Situación da máis que probable mámoa do Salgueirón.Esta ten unha clara forma de "mama" sobre o terreo, ademáis de estar rodeada de fracmentos de
cuarzo leitoso, recordemos que os neóliticos soián cubrir as antas funerarias con terra e cuarzo. Esta zona ardeu fai pouco polo que e moi facil ver estes fracmentos de cuarzo brancos os cales cantan moito xa dende lonxe. A mámoa parecese moito as de Gargamala (Mondariz) na forma, pois posúen na súa parte elevada un pequeno rebaixe, o igual cas de Gargamala.
Dende esta mámoa nas súas privelixiadas vistas podense ver a perfección as dúas posibles anteriores alineadas na serra co val do Tea e Montes da Paradanta de fondo. Decir que esta última mamoa dende abaixo ten que ter unha femosa estanpa no anoitecer, pois o día da expedición estaba moi anubado, pero súa situción entre unha cima superior e o Salgueirón, sin ningunha montaña nim por detras nim por diante é estando situada cara o amancer polo val do Tea e o anoitecer cara da Ría de Vigo, ten que ter unhas espectaculares vistas na posta do sol dende o lado do val do Tea, pois o sol morrera xunto enriba dela, seguramente será un fermoso espectaculo que nom foi feito sin querer polo antigos poboadores do Galleiro.
Vista dende a mámoa das outras posibles duas aliñeadas co val do Tea de fondo, tamén se pode ver os restos de fragmentos de cuarzo.
Vista da mámoa coas outras dúas posibles o fondo (rodeadas en roxo).Decir que xunto esta mámoa e as outras dúas posibles, sumando as supostas da "Casa dos mouros" máis a de "Mouro" moi próximas que aínda estan por atopar, fan pensar num campo funerario neólitico nesta zona da Serra do Galleiro moito máis amplo do que se pensaba. Tentaranse facer máis expedicións deste tipo dirixidas agora cara as zonas de Mouro (Padróns) e Casa dos mouros (Ribadetea) coa intenión de topar máis restos de túmulos funerarios, e asi poder estudar a posible influenza neólitaca na Serra do Galleiro.
Interesante, nom baixar a garda coa biomasa pois aínda está hai.
Sabías que...
Na parroquia de Ribadetea queren construir unha planta de biomasa que conlevará
· Un aumento do transporte pesado pola carretera, xa que a planta consume 106.920 T/ano,o que supón 293 T/día, supondo que un camión pode levar sobre 14 T de biomasa, sae un toal de 20 camións diarios.
· Un consumo de auga de 25000 litros diarios, ¿de onde a sacarán?, ¿do LIC do río Tea? ou deixarán os pozos sen auga.
· Unhas emisións sonoras elevadas o lado das casas da freixa, a menos de 30 metros.
· Suporá un aumento dos elementos contaminantes na zona, chuvia ácida, chegando os límites permitidos.
· A construción dun edificio de 25 metros de altura nun entorno rural, cunha cheminea de 30 metros de altura.
· A devandita planta non necesita estudo de impacto ambiental, ¿ non son contaminantes?.
· Emítense hidrocarburos aromáticos policíclicos, que conteñen un largo grupo de compoñentes tóxicos, os cales poden ser canceríxenos.
¿Qué fan os partidos políticos para defendernos? Levan o tema a pleno, e non son capaces de falar del, suspenden o pleno. Así é como traballan os noso políticos. Grazas señores do PP e BNG por facer que se suspendera o pleno.Sacada do blogue "Lume negro".


