Antes de proseguir co desenlace e segunda parte da
batalla, dicir que na primeira parte cando me refería a monarquía
centralizadora da corte asturián, quedaría mellor dicir unha monarquía
centralizada dentro do antigo territorio da Gallaecia, e dicir galaica, que a
día de hoxe na historia que chámanlle “oficial” se chama o Reino de Asturias. Un
anote importante para aclarar isto e que por exemplo cando nas crónicas
musulmáns nos falan da revolta de Belay (Pelaio)
nos din que foron en terras dos galegos. Pois ben, isto seguramente nos di que
o que chamamos a día de hoxe a corte de Oviedo era máis ben un poder
centralizado no antigo territorio da Gallaecia ante os poderes dos caudillos
locais e igrexa.
Volvendo a batalla, recordar que os exércitos musulmáns de
Abd-Rahman II saídos de Córdoba dirixidos por Malik e Al-Abbas divídense, Malik
tomando cara o norte o camiño máis da costa, e Al-Abbas diríxese cara terras
máis do interior de Lugo. Dicir que esta separación puido realizarse o pasar a
antiga Bracara ou o Miño, collendo un a antiga vía a Iria Flavia e Brigantium e
o outro cara a antiga Lucus Augusti.
O continxente dirixido por Al-Abbas que dirixiuse a
terras lucenses foi derrotado na zona de Chantada, máis exactamente na batalla
do río Nahalón onde posiblemente unha forza composta por as tropas do rei
Afonso II e habitantes da zona conseguirían a vitoria.
En canto o
continxente de Malik, máis preto da costa seguiría o camiño do norte,
seguramente retornando a antiga vía que subía o val do Tea, e despois ou ben desviándose
polo val do río Borbén ou máis posiblemente pola antiga vía romana que bordeaba
os montes do Coto de Eira cara o norte, por a actual Barcia de Mera (Covelo)
onde aínda quedan restos da vía así como pontes. Unha vez bordeada a Coto de
Eira atoparíase xa en terras de Fornelos de Montes, onde descendería o val do
río Oitavén, alí tentando cruzar cara o val do Verdugo coas súas tropas, nas
cales habería un notable grupo de mercenarios estranxeiros, no lugar Chan de
Vilariño faríanlle fronte o exercito galaico.
Actualmente visitei a zona de Chan de Vilariño, e
certamente e un lugar perfecto para unha boa emboscada contra un continxente
con maior número de unidades. Tratase dunha ampla elevación sobre o terreo,
onde ten un amplo dominio visual sobre o val do Oitavén. Na parte alta ten unha
pequena chaira onde sobresaen catro poderosos outeiros rochosos sobre o camiño
transversal que cruza a elevación, seguramente por ese camiño cruzou Malik coas
súas tropas cara o norte dirección o val do Verdugo, e onde o cruzaría pola
antiga ponte da vila termal de Ponte-Caldelas. Alí estarían os galaicos
agochados entre os outeiros rochosos esperando o momento do ataque, pois sabían
que un exercito numeroso alí sorprendido, non tiña espazo para unha manobra
eficaz.
Vista a zona de Chan de Vilariño, no outeiro da fronte e donde din que aterraron o caudillo Vilariño.
A BATALLA DE ANCEU
Estando no lugar, esa sería a acción a simple vista máis
eficaz, dende os outeiros os galaicos estarían controlando o exercito musulmán
de Malik, e esperando a que cruzara a elevación de Chan de Vilariño polo camiño
que cruza esta sur-norte. Seguramente os rastreadores sarracenos o ver que no
alto o contorno fai unha pequena chaira entre os outeiros, a cal fai sentir
seguridade, non fixáronse nos outeiros de forma case fortificada que rodean esa
zona máis chan. Cando o exercito musulmán puido toparse cruzando ese paso na
chaira, foi cando seguramente o caudillo coñecido como “Vilariño” mandou o asalto
dende os outeiros contra as tropas de Malik. Imos tentar recrear a batalla
desta forma hipotética.
Posiblemente nun primeiro momento tendo unha posición
elevada e rodeando os musulmáns os galaicos aproveitarían para lanzar contra
estes frechas ou mesmo pedras cando o groso do continxente destes atopábanse
entre os outeiros. Recordar que posiblemente a maioría dos galaicos non fosen
guerreiros, senón labregos, pero moitos deles habían de ter moi boa puntería derivada
da caza e gran coñecemento do terreo. Seguramente a confusión foi total entre
os musulmáns nun primeiro momento, e o propio Malik veríase sorprendido pois
nesa chaira non había sitio para manobrar cun exercito, e menos para utilizar cabalería,
polo que seus homes seguramente estarían apertándose entre eles cara o centro
da alongada formación.

De seguro que os galaicos estratexicamente tamén cortaran
a vangarda dos musulmáns, co fin de que estes se rompían filas e fuxisen o farían
cara os lados onde o terreo e máis abrupto ou cara atrás, por onde atopase o
Oitavén, facendo outro corte natural do terreo non podendo agruparse facilmente.
Cando os galaicos acabóuselle a artillería que terían, seguramente soaría un
corno ou algo similar e chegaría a carga dende os outeiros e montes colindantes
o camiño contra os asustados musulmáns, os cales agora con medo veríanse
atrapados entre os menos numerosos galaicos. Esta situación de emboscada e
encerro das tropas de Malik faría que seguramente no intento de manobrar os
propios soldados deste danaranse entre eles o estar tan pegados entre si e apresados
polos galaicos.

Mesmo así a loita debeu ser moi dura, pois antes de que
esta rematase, o que parecía o caudillo líder dos galaicos, Vilariño, ía caer
morto. Pero Malik, vendo o posible importante numero de feridos e baixas no seu
continxente, así como as poucas posibilidades de vitoria naquela chaira que
seguramente debeu maldicir moitas veces, decidiu mandar retirada de novo cara o
sur, o que seguramente tamén foi un novo desorde por parte das súas tropas xa
rotas de formación, que unha vez conseguidos escapar da elevación atoparíanse
abaixo co río Oitavén, que sería como un segundo obstáculo, polo que seguro que
faría que espallaranse aínda máis os guerreiros musulmáns cruzando cada un por
onde puidera o río. A derrota fora total por parte dos musulmáns retirándose
das salvaxes e enigmáticas terras galaicas coa moral moi baixa.
Redores de Chan de Vilariño.
En canto os galaicos, que de seguro súa forza estaba constituída
por aristócratas dos redores e campesiños coñecedores moi ben do terreo, tamén
deberon sufrir un importante numero de baixas e feridos, pois o que se di a día
de hoxe que era seu líder polos redores de Anceu, Vilariño, caeu morto na
propia loita, sendo aterrado no mesmo campo de batalla, nunhas rochas no alto
do outeiro máis elevado pasándose a chamar o lugar co seu nome, o Chan de
Vilariño. Segundo os veciños actuais “fai tempo” toparase no lugar súa suposta
tumba, pero descoñecese seu paradoiro, mesmo se sigue no lugar.
CONSECUENCIAS DA BATALLA
Pola parte dos andalusís, do Emirato de Córdoba reinado
por Abd-Rahman II fixo que este a partires de estas derrotas fixase súa política
exterior militar en aceifas contra terras o este da península, como os Condados
Cataláns, a Nabonense franca ou terras de Navarra. Tamén tivo que sufocar
varias revoltas internas, unha das máis importantes nas terras do val do Ebro
contra a familia dos Banu Qasi, os cales estaban emparentados por sangue coa
realeza navarra. Tamén no final da súa vida tivo que facer fronte os
saqueadores chegados do norte, tratábase dos vikingos ou normandos, os cales
tamén acabou derrotando. Engadir tamén, que Abd-Rahman II destacou como
gobernador por facer florecer o Emirato de Córdoba no campo da cultura,
ciencias e arte.
Estatua Abd-Rahman II
En canto os galaicos, foi un respiro para as súas terras
e o propio monarca Afonso II, que fixo que o temido Abd-Rahman fixase súas
campañas contra outras terras peninsulares. Pero mesmo así a tranquilidade non duraría
moitos anos, pois pouco despois chegarían tamén os brutais saqueos da xente do
norte a terras galaicas, os vikingos ou normandos.
Destacar outra personaxe que
aparece pouco despois, o cal máis que un caudillo pódese dicir que era un
autentico bandoleiro sen señor nin bandeira, tratase de Mahamud.
Este enigmático
personaxe que nun principio seguramente era o gobernador de Mérida, pero por
mor de conflitos internos co seu señor Abd-Rahman II, Mérida e asediada no ano
833 polo emir, facendo que Mahamud fuxa a terras fronteirizas entre galaicos e
musulmáns. Comezaría así xunto a seus homes unha autentica vida de aventura e
saqueos a ambos lados da fronteira, sendo unha dor de cabeza para os
mandatarios ambos lados. Moveríase por os territorios da actual Galiza a sur de
Portugal tendo posiblemente un cuartel fixo entre as cidades de O Porto e
Lamego. Finalmente este caudillo ou bandoleiro, e derrotado polas tropas de
Afonso II no val do Mao, en Sarria. Din que Mahamuz morreu na loita tras caer
do cabalo, mesmo así ningún soldado atrevíase achegarse a el polo pánico que tíñanlle,
só unha vez ben asegurado que estaba morto decapitárono e mandáronlle a súa cabeza
o monarca Afonso II.

Esta historia de Mahamuz ben gustaría ser recordada e
estudada nun novo artigo que non o descarto. Aquí remata como puido ser (hipoteticamente)
a Batalla de Anceu no 825, espero que gustase este pequeno recuncho da nosa
historia, a día de hoxe olvidada e marxinar, agradecer aqueles que me fixeron
compaña ata Anceu e os veciños da zona, por contarme a lenda de Vilariño e súa
hospitalidade, un saúdo do autor e ata outra! Jhonathan Zúñiga.
PD: enlace da primeira parte da batalla; http://ponteareashistoriaviva.blogspot.com.es/2012/10/a-batalla-de-anceu-ano-825-andalusis.html