Atopámonos no lugar do Monte Aberto do lado da parroquia
de Padróns, moi pretiño co linde con Ribadetea e por enriba do barrio de Chan
da Gándara. Por debaixo da estrada principal que une ambas aldeas, os pes dunha
carballeira, están situados nunhas pedras de tamaño medio graníticas alongadas moi
próximas entre si, os pes dun pequeno val que forma un regato que pasa moi próximo.
Son un total de seis petróglifos atopados, todos eles circulares concéntricos
que comezan nunha coviña, tamén puidemos ver indicios de algunha coviña apartada
nas pedras pero moi gastadas.
Dicir que nesta saída saíuse pola procura do xa coñecido “petróglifo
de Padróns”, os cales foran estudados por Novoa Álvarez no 1985 e foron
engadidos a patrimonio co código GA36042122,
tratase dunha serie de petróglifos circulares concéntricos con surcos ou coviñas no medio
ben marcadas, que adaptándose a superficie dunha rocha ocupa case súa
totalidade. Pois ben a zona esta moi cuberta pola maleza e sobre todo toxeira e
silveira, polo que acabamos explorando unhas rochas que se atopaban fora da
maleza atopando, en dúas rochas distintas, un total de seis petróglifos circulares
concéntricos tapados polo musgo os cales polo xeral están moi gastados, polo
que parece que non son os que mencionaba Novoa Álvarez, polo que poden ser
novos petróglifos nas inmediacións do anterior.
Os seis
teñen a mesma temática cos descritos por Novoa Álvarez, arrancan dun surco ou
coviña e vanse ampliando en liñas de forma circular. Atópanse moi deteriorados
e gastados, o contrario do que describían dos xa atopados, os seis estaban
cubertos polo musgo ou terras polo que tiverámolos que limpar con coidado.
Nas pedras
do redor non topamos máis restos, posiblemente estas dúas conservaran as
representacións rupestres por estar máis protexidas das augas e non ser tan húmidas
como as de seu entorno. Destacar que a uns 50 metros de estes, topamos noutra
pedra soa unha coviña, a pedra estaba moi sucia por terra negra e non se
apreciaban mais talladuras a simple vista.
En canto a
súa cronoloxía, polo gastados que se atopan parecen bastante antigos, pero
recordar que posiblemente no seu redor se atopen os que atopara Novoa Álvarez
coa mesma temática pero máis conservados, o máis seguro e que correspondan a
mesma época acercándonos a Idade de Bronce.
Dicir que no
seu entorno na zona do Monte Aberto hai máis restos de arte rupestre, temos o
norte destes no outro lado da estrada os do Charco, e máis abaixo o sueste o do
Monte Aberto en Ribadetea. Tamén na cima do outeiro que ten enriba pertencente
a Ribadetea, nas escavación para a construción dunha granxa atopáronse unha necrópole do Calcolítico composta
por unha cista, unha estela e restos de asentamento como cerámicas e cantos
rodados entre outros. Un pouco máis distantes o leste na zona coñecida como O
Miñoto (Ribadetea), tamén atoparanse
restos de asentamento como cerámicos e cantos rodados. Todo en xeral pódese
englobar nunha cronoloxía que vai dende o Calcolítico (entorno o terceiro milenio
antes de cristo) ata a Idade de Bronce.
Coviña atopada alexada dos anteriores.
FICHA TÉCNICA
Tipo de ben: Representación
gráfica (petróglifo)
Lugar:
Monte Aberto (Padróns)
Cronoloxía: Calcolítico/Idade de Bronce
Propiedade: Privada
Catalogado pola xunta: O petróglifo de Padróns esta catalogado GA36042122, pero
non sabemos se estes entraron dentro desa catalogación ou se pola contra son
novos.
Plano feito polo autor dos petróglifos
Como chegar