Como sitio clave para atopar algunha mámoa e investigala elexiuse as faldas do monte Salgueirón (633 m), xunto enriba de Cillarga. Aqui un grupo de rapaces máis un arqueólogo toparan unha mamoa fai tempo. Estas faldas posuén unhas vistas privelixiadas sobre o val do Tea e un campo moi aberto para observalo, aparte que estan orientadas cara a saida do sol, e decir tal como lles gustaba os antigos neolíticos da Galiza para aterrar seus defuntos ou mesmo facer petroglífos.

Decir que na subida cara a parte máis alta do Salgueirón topeime con dúas posibles mámoas aliñeadas e sobresaindo no terreo, é ata outra posible terceira moi deteriorada polos pastizais e repoboación e talas o longo dos anos. Está tamén se atopa aliñeada coas outras dúas, pero o contrario que as outras dúas que estan moi próximas esta nom ten súas vistas amplias o val.
Seguíndo o ascenso o Salgueirón cara unha lomba preto do alto que parece sospeitosa pola súa forma, topamonos con singulares formacións petréas, algunhas de elas poideron ser talladas polos antigos habitantes destas serras, como moitísimos pequenos lagares que poideron ser cavados na pedra. En canto a petroglifos, aínda que parece un sitio perfectos para atopalos, nom topei resto deles, nin sequera as miticas "coviñas", as cales son máis faciles de topar e son moi comúns nestas terras, pero este nom era o motivo desta expedición polo que quedara para outra cun maior detemento neste apartado.

Esta ten unha clara forma de "mama" sobre o terreo, ademáis de estar rodeada de fracmentos de
cuarzo leitoso, recordemos que os neóliticos soián cubrir as antas funerarias con terra e cuarzo. Esta zona ardeu fai pouco polo que e moi facil ver estes fracmentos de cuarzo brancos os cales cantan moito xa dende lonxe. A mámoa parecese moito as de Gargamala (Mondariz) na forma, pois posúen na súa parte elevada un pequeno rebaixe, o igual cas de Gargamala.
Dende esta mámoa nas súas privelixiadas vistas podense ver a perfección as dúas posibles anteriores alineadas na serra co val do Tea e Montes da Paradanta de fondo. Decir que esta última mamoa dende abaixo ten que ter unha femosa estanpa no anoitecer, pois o día da expedición estaba moi anubado, pero súa situción entre unha cima superior e o Salgueirón, sin ningunha montaña nim por detras nim por diante é estando situada cara o amancer polo val do Tea e o anoitecer cara da Ría de Vigo, ten que ter unhas espectaculares vistas na posta do sol dende o lado do val do Tea, pois o sol morrera xunto enriba dela, seguramente será un fermoso espectaculo que nom foi feito sin querer polo antigos poboadores do Galleiro.


Decir que xunto esta mámoa e as outras dúas posibles, sumando as supostas da "Casa dos mouros" máis a de "Mouro" moi próximas que aínda estan por atopar, fan pensar num campo funerario neólitico nesta zona da Serra do Galleiro moito máis amplo do que se pensaba. Tentaranse facer máis expedicións deste tipo dirixidas agora cara as zonas de Mouro (Padróns) e Casa dos mouros (Ribadetea) coa intenión de topar máis restos de túmulos funerarios, e asi poder estudar a posible influenza neólitaca na Serra do Galleiro.