Como ben di o actual nome do barrio de Pías, Puntacóns, conserva aínda o
nome da ponte, “Cons”, pois antigamente o nome da zona debeu ser “Ponte das
Cons” ou “Pontecóns”, a cal o derrubarse a finais do século XVIII, quedando
simplemente o resto da base do costado do lado de Pías, e dicir, a “punta” ou
estremo, polo que seguramente na actualidade o nome pasou a “Puntacóns”.
No campo arqueolóxico, na actualidade só conservase ese costado de comezo
da ponte do lado de Pías, onde o terreo remata no río de forma de barranco
abrupto, estando os restos na actualidade case camuflados entre a vexetación.
Na parte superior, hai un camiño que acedía a ponte, pero na actualidade vese
interrompido por unha finca privada cerrada, o parecer na arrancada do camiño
na ponte aínda conserva restos da antiga calzada. Polo abrupto da zona do lado
de Pías, non hai máis acceso os restos que ese, polo que o mellor e ver os
restos do outro lado do río, na ribeira de Padróns.
En canto o lado de Padróns, en Chan da Gándara, onde o terreo remata no río
de forma muito menos accidentada facendo unha planicie, non se conserva restos
algúns da ponte.
Temos algunhas referencias históricas da ponte, pero mesmo así non e fácil
saber seu orixe polos poucos restos que nos chegaron a día de hoxe, uns din que
é de orixe medieval, mentres que outros retornan a ponte máis o pasado, a época
romana. O que sabemos da Ponte das Cons e que a finais do século XVIII estaba
en estado moi ruinoso e unha riada o parecer a derruba. Temos algunhas
referencias escritas posteriores, por exemplo Ávila e Lacueva escribiron que
era orixe romana: “Hubo antiguamente un puente con la misma denominación sobre
el citado río, construído por los romanos, para dar paso al camino que estos
abrieron, del que aún se descubren vestigios. Hallé una cepa de los arcos del
puente y el cotado de Pías, arrimado a la tierra, se conserva el extremo y el
arranque del arco.” Claudio González Pérez tamén na súa Historia de Puenteareas
nos indica que a ponte estaba arruinada a finais do século XVIII.
POSIBLE ORIXE
Agora imos investigar un pouco sobre a súa posible orixe e marco histórico,
dicir, que eu persoalmente defendo súa orixe romana non pola ponte en si, senón
pola historia e outros restos dos seus redores. Recordar que nos atopamos nunha
zona de pasado mineiro romano nas ribeiras do Tea, non lonxe da ponte nos
topamos cos restos da mina romana da Croa e castro mineiro da Croa (Ribadetea),
río abaixo máis abaixo temos resto dunha sucesión de seis minas romanas máis
descubertas ata a parroquia de Moreira, así como castros mineiros de orixe
romana como o das Searas en Angoares, polo que estamos nunha importante zona
mineira romana. Tamén non lonxe da ponte, atopariamos castros romanizados como
Outeiro de Castro (Fozara) ou mesmo, máis lonxe de orixe galaica pero que
chegaron a época romana temos Troña e o Castro de Prado. Tamén río arriba na
zona de Mondariz Balnearios hai posibles restos de castros mineiros achegados o
Tea.
Engadir tamén, que moi posiblemente en época romana por aquí pasase unha
vía ou calzada romana que uniría as capitais dos conventus romanos de Bracara
(Braga) con Lucus Augusti (Lugo), pasando pola importante cidade romana de Tude
(Tui), que posteriormente no tempo pasaría a “Camiños Real”. Conservase aínda tramos
desta vía por exemplo nas costas do Alén en Barcia de Mera ou nas propias
pontes sobre o Tea e seus afluentes, tamén se fala que a 16 millas romanas de
Tude (Tui) na vía había unha antiga pousada o masio chamada “Búrbida”, a que
hoxe pode ser a actual Mondariz Balneario, posto que o nome pode vir de burbulla
polas augas minerais. Esta vía pasaría entón polas importantes minas auríferas
do Tea, onde posible polo restos de castros romanizados tería alta densidade
poboación, polo que pode xustificar a cantidade de pontes romanas que puido ter
o val do Tea na época romana.
Pola contra na etapa medieval, aínda que puido ter certa importanza o val o
Tea medio, unha mostra e o castelo do Sobroso en Vilasobroso, ou os restos de
pequenos castelos e mosteiros, no período medieval de 1.500 anos parece que tanto
a intensidade comercial como poboacional baixo con respecto a época romana,
onde súas minas e castros atoparíanse xa aterrados. Seguramente co avance do medievo pouco a
pouco o val do Tea foi gañando vida, aínda que seu camiño real perdera peso
ante o novo camiño dos peregrinos chamado “portugués”, que ía pola alternativa
romana da costa, neste caso polo val da Louriña e non do Tea. Pouco a pouco
tamén se irían arranxando pontes de orixe romana como puido pasar coa dos
Remedios ou das Partidas, e mesmo construíndo novas máis pequenas como a do
Cabalón en Angoares sobre o río Uma, pero pola contra algunhas perderían uso
polo que pasarían a ruínas, este puido ser o caso das Ponte das Cons, polo que
seu orixe puido ser anterior, e dicir, romano. Dicir que esta e unha hipótese
do autor.
Fermoso entorno nos restos da ponte.
CURIOSIDADES DESPOIS DAS CONS
Despois de que a finais do século XVIII a ponte en ruínas derrubarase, seus
restos pétreos baixaron arrastrados río abaixo, neste caso sendo o autor de
Ribadetea (río abaixo), sempre chamoume a atención que na cascada da praia
fluvial da Croa o igual que na cascada de Gelas ou depositadas no propio río,
existan pedras talladas. Isto sabendo que a ponte derruíuse fai pouco máis de
200 anos, e lóxico que seus restos aínda consérvense nas cascadas ou nos muíños
das ribeiras do Tea. Outra curiosidade e que tras desaparecer a ponte o camiño
seguiu río arriba, construíndose despois a ponte do Caneiro, entre Fozara e
Pías. En Padróns tras o cambio de ruta, o novo trazado chamouse “Rúa Nova”,
nome que aínda conserva ata o día de hoxe. Recordar ademais que o outro lado da
ponte, o barrio de Puntacóns pertencente a Pías, no pasado cando existía a
ponte pertencía a parroquia de Padróns.
Serpe fotografiada nas pedras da ponte saíndo do Tea
FICHA TÉCNICA
Tipo de ben: Ponte Lugar: Pontecóns,
Pías
Cronoloxía: Romana/Medieval? Propiedade: Pública/Privada
Catalogado pola Xunta: Si (GA36042096)
Protexida pola Xunta: Si, protección integral (PI)
Estado de conservación: En ruínas dende antes de finais do século XVIII, fecha
na que o parecer unha riada tirou practicamente toda a estrutura que
conservaba. A día de hoxe só conserva o extremo da marxe de Pías e moi cuberto
pola vexetación, o cal esta cercada por unha finca privada que dificulta o
acceso.
Tradición Oral: Atopándome neste momento no Brasil, quédame par outra o
voltar este campo pendente de ledas
folclore.
Contorno: O millor sitio para observar os restos da ponte e do de
Padróns, onde atoase a praia fluvial coñecida por muitos nomes, como “río de
Padróns” ou do “Cristo do Piñón”, este último nome ben por unha romaría no mes
de agosto onde pasean o santo en barca polo río, todo no barrio de Chan da
Gándara.
COMO CHEGAR
No hay comentarios:
Publicar un comentario