Finalmente “os ratos” actuaron como tales (sen desestimar os ratos) decidindo
aplicar nos montes de Ribadetea herbicidas, sen escoitar os veciños e nin ver
sequera as máis de 200 firmas de veciños en contra dos Herbicidas.
Ante esta “valente” acción da CC.MM (que xa di muito deles) rapidamente decenas
de veciños acudiron o monte a primeira hora da mañá para frear a empresa
encargada de fumigar, estes veciños, os verdadeiros heroes da mañá que sen
apoio da AA.CC e colectivos das augas de Ribadetea (todos lácallos da CC.MM)
loitan por Ribadetea e nosos montes de maneira totalmente desinteresada, o
contrario que o bando das fumigacións.
Xa coa garda civil diante, chegou o presidente da CC.MM que voltou a dar un
recital de educación e saber estar, insultando e gritando, dando unha vez máis
imaxe de inculto, maleducado e ditador, pero nos non estamos o seu nivel. O
finala presión dos valentes veciños logrou vencer en “Mordor” e facer que polo
menos paralícese a fumigación de herbicidas ata nova asemblea, que esperamos
que por fin os supostos “valentes de papel” da CC.MM dea a cara.
PD: Agradecer a Oskar Sombra polas fotos.
RIBADETEA RESISTE OS HERBICIDAS!! A UNION FAI A FORZA E NOS SOMOS A FORZA!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario