martes, 23 de julio de 2013

Non os herbicidas en Ribadetea, crónica dunha asemblea

Entorno case dous centenares de veciños de Ribadetea din en asemblea que non os herbicidas nos montes comunais sobre os acuíferos da aldea. No anterior sábado día 20 a AA.VV de Ribadetea convocou unha asemblea cos veciños de Ribadetea para falar da aplicación de herbicida nos montes mancomúns, e de paso tentar convencer os veciños “do san” que son os herbicidas nos nosos montes. Para elo trouxeron dous enxeñeiros da Xunta que defenderon imparcialmente que os herbicidas non son malos para a natura, seguindo a liña típica polo “progreso” de seu lgar de traballo, a Xunta.  

Ante isto os veciños voltaron a dicir que non queremos herbicidas nos nosos montes e que non facía falta que manipularan tanto os herbicida, pois os coñeciamos ben. Xa en debate un enxeñeiro traído pola AAVV para defender o uso de herbicidas decidiu marchar anoxado, o que causou aplausos entre os veciños da aldea, só defendido o enxeñeiro por a AAVV e principalmente seu presidente.

Os veciños, xa co debate centrado totalmente na contra dos herbicidas, propuxeron alternativas naturais para acabar coa acacia sen usar herbicidas e danar o monte, así como avisaron do perigo dos herbicidas na saúde humana e seu impacto nas augas e natura.


Para rematar, seguramente vendo que non teñen apoio na aldea a AAVV dixo que ía dimitir nos seguintes días, non asumindo así súas responsabilidades ante os veciños. Recordar que por segunda vez, que é xa unha vergoña, os que queren aplicar os herbicidas, a Comunidade de Montes, non asistiu ningún representante para escoitar os máis de 100 veciños que acudiron para dicir que NON OS HERBICIDAS, dando así mais fe da súa falta de compromiso, responsabilidade e respeto cos veciños e Ribadetea. Tampouco asistiu ningún representante da traída de augas vella, que serían dos máis prexudicados no caso de aplicar herbicidas e se filtrasen nos acuíferos que teñen debaixo, pero a estas alturas, xa sabemos que pe coxean a maioría dos colectivos de Ribadetea. 

Pero o final, o mellor, cada vez somos máis os que dicimos, EN RIBADETEA HERBICIDAS NON GRAZAS.

Ponteareas Historia Viva, unha vez máis, comprometida cos veciños do O Condado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario