Nova invistigación pola Serra do Galleiro buscando as mámoas alí existentes, pola toponimia sabemos dun area onde supostamente nom habra unha soa, senóm moitas máis. Asi temos o topónimo no monte de Ribadetea antes de chegar o Viveiro da "casa dos mouros", vulgarmente coñecida como casa dos moros. A uns 3 km pasando Cillarga topamonos con outro, tratase do barrio de "Mouro" da parroquia de Padróns, o cal está na subida o monte do Galleiro.
Monte do Salgueirón por enriba de Cillarga, Serra do Galleiro.
Como sitio clave para atopar algunha mámoa e investigala elexiuse as faldas do monte Salgueirón (633 m), xunto enriba de Cillarga. Aqui un grupo de rapaces máis un arqueólogo toparan unha mamoa fai tempo. Estas faldas posuén unhas vistas privelixiadas sobre o val do Tea e un campo moi aberto para observalo, aparte que estan orientadas cara a saida do sol, e decir tal como lles gustaba os antigos neolíticos da Galiza para aterrar seus defuntos ou mesmo facer petroglífos.
Vistas a dúas posibles mamoas, xusto debaixo poderia aber unha terceira moi deteriorada.
Decir que na subida cara a parte máis alta do Salgueirón topeime con dúas posibles mámoas aliñeadas e sobresaindo no terreo, é ata outra posible terceira moi deteriorada polos pastizais e repoboación e talas o longo dos anos. Está tamén se atopa aliñeada coas outras dúas, pero o contrario que as outras dúas que estan moi próximas esta nom ten súas vistas amplias o val.
Dúas posibles mámoas alineadas deterioradas e con moi dificil acceso polas toxeiras na subida o Salgueirón.
Restos dunha posible terceira mámoa moi deteriorada aliñeala coas outras dúas, mesmo asi esta e a que menos posibilidades ten de tratarse dun túmulo funerario.
Seguíndo o ascenso o Salgueirón cara unha lomba preto do alto que parece sospeitosa pola súa forma, topamonos con singulares formacións petréas, algunhas de elas poideron ser talladas polos antigos habitantes destas serras, como moitísimos pequenos lagares que poideron ser cavados na pedra. En canto a petroglifos, aínda que parece un sitio perfectos para atopalos, nom topei resto deles, nin sequera as miticas "coviñas", as cales son máis faciles de topar e son moi comúns nestas terras, pero este nom era o motivo desta expedición polo que quedara para outra cun maior detemento neste apartado.
Acercandome a cima do Salgueirón chegamos a famosa lomba que xa parecia sospeitosa dende abaixo e topamonos con algo magnífico, con unhas impresionantes vistas o val do Tea a as terras de Mos e mesmo as Illas Cies moi lonxe pola outra cara, topomanos cunha máis que probable fermosa mámoa. Nom sei se tratase dunha atopada anteriormente, pero seus restos som bastante claros.
Situación da máis que probable mámoa do Salgueirón.
Esta ten unha clara forma de "mama" sobre o terreo, ademáis de estar rodeada de fracmentos de
cuarzo leitoso, recordemos que os neóliticos soián cubrir as antas funerarias con terra e cuarzo. Esta zona ardeu fai pouco polo que e moi facil ver estes fracmentos de cuarzo brancos os cales cantan moito xa dende lonxe. A mámoa parecese moito as de Gargamala (Mondariz) na forma, pois posúen na súa parte elevada un pequeno rebaixe, o igual cas de Gargamala.
Vistas a mámoa e súa elevación en forma de pequena lomba sobre o terreo, tamén se poden observar os restos de cuarzo leitoso (branco).
Pequeno rebaixe na cima da mámoa, moi parecido as de Gargamala, Mondariz.
Dende esta mámoa nas súas privelixiadas vistas podense ver a perfección as dúas posibles anteriores alineadas na serra co val do Tea e Montes da Paradanta de fondo. Decir que esta última mamoa dende abaixo ten que ter unha femosa estanpa no anoitecer, pois o día da expedición estaba moi anubado, pero súa situción entre unha cima superior e o Salgueirón, sin ningunha montaña nim por detras nim por diante é estando situada cara o amancer polo val do Tea e o anoitecer cara da Ría de Vigo, ten que ter unhas espectaculares vistas na posta do sol dende o lado do val do Tea, pois o sol morrera xunto enriba dela, seguramente será un fermoso espectaculo que nom foi feito sin querer polo antigos poboadores do Galleiro.
Vista dende a mámoa das outras posibles duas aliñeadas co val do Tea de fondo, tamén se pode ver os restos de fragmentos de cuarzo.
Vista da mámoa coas outras dúas posibles o fondo (rodeadas en roxo).
Decir que xunto esta mámoa e as outras dúas posibles, sumando as supostas da "Casa dos mouros" máis a de "Mouro" moi próximas que aínda estan por atopar, fan pensar num campo funerario neólitico nesta zona da Serra do Galleiro moito máis amplo do que se pensaba. Tentaranse facer máis expedicións deste tipo dirixidas agora cara as zonas de Mouro (Padróns) e Casa dos mouros (Ribadetea) coa intenión de topar máis restos de túmulos funerarios, e asi poder estudar a posible influenza neólitaca na Serra do Galleiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario