viernes, 25 de marzo de 2011

Viaxes do autor: A Baixa Limia, por terras do Xurés seguindo a "Vía Nova" romana.

Esta viaxe a terras do sur da provincia de Ourense foi realizada principalmente para vistar a zona arqueolóxica da Serra do Xurés, por onde transcurria unha importante calzada romana, a Vía XVIII, a cal unía a capital do Conventus Bracarum, Bracara Auguata (Braga) coa capital do Conventus Asturum, Asturica Augusta (Astorga). Tamén e coñecida como a "Vía Nova", o cal este nome sae en varios gravados da calzada.
Vista o val do Río Caldo en Baños do Río Caldo, Lobios.

Esta vía foi construida entorno os anos 79-80 d.C durante o imperio de Vespiano e seu fillo Tito, recorría 210 millas (330 Km) entre ambas cidades romanas, no século III d.C saía no itinerario de Antonino. Foi construida con fins comerciais, e nela había varios puntos de rutas de ouro, coma na zona oriental norte da provincia de Ourense e o sur da provincia de Lugo. O longo do seu trazado a vía estava señalizada con "miliarios" para saber as millas recorridas, concentra un gran número delas, tanto no tramos galaico-leonés coma no portugués, sendo asi unha das vías romanas europeas que máis conserva. Tamén tiña o parecer once mansións ou mansios, que eran para o hospedaxe do viaxeiro, algo asi como as estacións de servizo actuais.

O primeiro punto en visitar foi moi preto da fronteira con Portugal, no concello de Lobios e no Parque Natural da Serra do Xurés, os miliarios de Portela do Home. Aqui nos atopamos con case cunha vintena de miliarios, algúns chegan os 2 metros de altura. Recordemos que os miliarios eran como as señais da época para saber as distancias, xunto a estes atopase un pequeno tramo da Vía Nova perfectamente pavimentado. Pouco máis arriba xusto na fronteira con Portugal atopase o porto de montaña de Portela do Home, nome que nos bem da época romana e que era moi común nas súas vías, vindo este nome de "porta", que neste caso referiase seguramente a entrada no val do Río Caldo.

Miliarios de Portela do Home e Vía Nova.

Decendemos despois cara o val do Río Caldo, río chamado asi polas augas termais que poseé, bem aproveitadas xa dende época romana e posiblemente os anteriores castrexos. No descenso pola OU-312 cara a Vila Termal de Torneiros nos topamos o outro lado da estrada e do Río Caldo cunha espectacular cascada que baixa polas montañas do Xurés, o que fai que sexa unha parada obligatoria no mirador da estrada para observar tan fermoso paisaxe. Xusto polo lado da cascada o outro lado do río discorre tranquilamente a antiga Vía Nova, a día de hoxe combertida nunha popular ruta de sendeirismo.
Cascada na Serra do Xurés

Unha vez chegados a Vila Termal de Torneiros, nos atopamos co enorme Balnearío do Río Caldo. Pegado o río hai un fermoso paseo con termas de valde, o que merece bastante a pena relaxarse nas quentes augas das termas para relaxarse. Seguíndo o paseo río arriba, a pouca distancia nos topamos co seguinte punto arquoloxico da viaxe, as ruinas romanas da antigua masio ou pousada dos Baños do Río Caldo.
Vista a Vila Termal de Torneiros máis paseo.

Esta masio que tamén pudo ser posteriormente un vila romana, foi construida na época baixa-romana. Nela conservase o antigo balneario romano asi como seu sistema de calefacción de hipocaustro, no cal aprobeitaban as augas quentes para dar calor pasando estas por debaixo da solo habitacional, para iso fixeron un sistema de subplanta apoiada con arcos feitos con ladrillos. Este tipo de hipocaustro e moi similar o usado na Vila romana de Angoares, da cal xa nom temos restos, polo contrario esta mansio e a mellor consevada da Galiza.


Restos dos antigas termas da masio de Baños do Río Caldo

Decir que tamén nestas terras se conservan restos de mamoas e dolméns, os cales espero visitar noutra ocasión. Abandoando xa as terras da Serra do Xurés seguindo a antiga N-540, agora a OU-540 seguindo o val do Río Limia nos diriximos a Bande, dirección Celanova. Ali antes de chegar a Bande, na parroquia de Baños de Bande, onde antigamente había outro balneario nos atopamos cos restos do antigo campamento romano de Aquis Querquenis, tamén coñecido como a Cida. Este campamento está a orillas do embalse das Cunchas, moi preto da antiga "Vía Nova". Este antigo campamento militar romano xunto o da antiga cidade de Lugo é o de Sobrado dos Monxes (A Coruña) som os unicos que conservamos na Galiza. Data dos séculos I-II d.C, seguramente foi construido para vixiar a antiga Vía Nova, recordando que seguramente por esta baixaria ouro das zonas cercáns o Sil e o Courel. Ten unha extensión de 3 Ha, e súa estructura e a clásica romana rectangular con dúas vías paralelas no interior.

Seguramente nel se asentarián tropas auxiliares reclutadas entre os indixenas para vixiar a zona mandados por un centurión romano. Xusto o lado do campamento hai restos dunha antiga villae ou vila romana, onde seguramente viviria este centurión ou pretor. Decir que o problema de este campamento e que esta pegado o embalse das Cunchas, polo que cando este suben as augas do embalse seus restos som completamente tapados, mítica gran obra de inxenieria moderna.


Ruinas do campamento romano de Aquis Querquenis, Baños de Bande.

O rematar de visitar este campamento romano, acaba aqui a nosa visita a zona arqueolóxica romana da Baixa Limia. De novo collemos a OU-540 dirección Celanova e seguimos rumbo Ponteareas. Agradecer os que teñen o valor de aguantarme e acompañarme nas viaxes, xa que se agradece moito a compañia, aqui acaba esta viaxe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario