Os enigmáticos restos de este Castelo están situados no alto do Monte do Castelo entre as parroquias de Guláns (Ponteareas) e a de Cans (O Porriño), preto de Couso. O alto deste monte é onde se emprazaba o antigo Castelo de Miravel, asentado no popularmente coñecido como “o Penedo de Beethoven”, pois no alto atopase unha pedra coa forma do pianista tocando o piano, moi visible dende a autovía das Rías Baixas e a N-120 o seu paso.
Tratase dunha fortaleza medieval situada no alto do monte, de moi difícil ascenso pois o monte e moi empinado e pedregoso, tanto que algúns tramos hai case que escalar. No alto atopanse uns xigantescas penedos sobre os cales se estructuraría a fortaleza. Dende esta se percibe gran parte do val da Louriña ata case súa desembocadura no Miño.
Pimeira posible entrada a primeira muralla.
Antes de chegar a esta zona central a uns 150 metros máis abaixo nos atopamos con dúas grandes pedras que parecen talladas con foma de porta, e decir que moi posiblemente sería a porta da primeira muralla defensiva do Castelo. Subindo dende esta polo difícil ascenso o alto nos topamos con un estreito paso entre dous penedos xigantes, este paso era a antiga porta de asceso a dentro da fortaleza. A entrada atopase completamente rodeada de fosos cavados na pedra, polo que a única entrada o recinto. No paso entre as dúas pedras podese ver a perfección nas pedras as marcas das dúas portas que tiña a fortificación, pola forma das marcas parecía que se tratarián de dúas portas elevadizas.
Entrada a fortaleza, podese ver claramente nas pedras as marcas das dúas portas que poseíu.
Pasando pola entrada que está xusto debaixo do penedo onde se situaba a torre do homenaxe, accedemos o que sería o patio de armas, dende este vemos unha privelixiada visión sobre o val da Louriña. Acercándonos cara onde se situaban os antigos fosos, nos topamos cos restos da muralla cavadas na pedra, nela apreciamos como era a estructura deste Castelo, onde a muralla tería entorno a un metro e medio de ancho. Dende a pequena explanada do patio de armas observamos unha monumental forma granítica que se eleva sendo a parte máis alta do monte, nesta e onde se situaban o alxibe e a torre de homenaxe.
Restos das pedras que estuveron asentadas na muralla que rodeaban o patio de armas cavadas na rocha.
Subindo a esta última parte, observamos un enorme alxibe cavado na pedra, ten forma de bañeira rectangular xigante de pouca profundiade, polo que a súa orixe pode ser esa función, de bañeira e nom de alxibe. Nos seus redores nos topamos cun sistema de regadíos para encher a bañeira aproveitando a auga das choivas, tamén os restos de onde se asentaban os muros cavados na pedra para protexer este emplazamento. Xusto enriba desta nos topamos cun enorme penedo rachado que sería onde estaría a torre do homenaxe, o cal e inaccesible a súa parte alta.
Vista o patio de armas coas elevacións graniticas onde se asentaban a torre de homenaxe e o alxibe o fondo.
En canto a orixe de este Castelo e bastante enigmatica e descoñecida, pois posiblemente xa na súa parte alta onde se asenta o patio de armas e alxibe poido existir un pequeno castro, aprobeitando asi súa terraza, seus fosos e pedras para a construcción do Castelo. Pero o que chama máis a atención deste e o enorme alxibe en forma de bañeira que posué para o reducido tamaño desta fortificación, esta poido ser realmente unha bañeira e nom un alxibe nos seus inicios, isto nos fai pensar que seu primeiro orixe como Castelo nom foi cristián, senóm musulman.
Vista o gran alxibe, o que no seu orixe poido ser unha gran bañeira de orixe musulman.
Os musulmans ou moros eran moi hixiénicos e gustaban dos baños de auga, o contrarío co mundo cristián da época, polo que seu primeiro orixe e posible que fora islamico. Se fora este seu orixe falariamos de unha fortaleza insolita e única na Galiza, cunha posible datación entre ó 716 d.C (que foi cando Abdelaziz, fillo de Muza, pasou por estas terras destruindo Tui) e a década dos 740 ó 750, que e cando Alfonso I reconquista estas terras máis súa capital, Tui. De existir neste curto emplazamento temporal, estaríamos falando dunha pequena fortaleza no alto que sería a base da posterior, pero estaríamos ante un dato importante, pois esta zona tería por aqueles revoltos tempos os suficientes habitantes e características militares para os musulmans tiveran que levantar este enclave fortificado.
En canto a posterior fortaleza (sempre contando que a musulman existise), construiriáse sobre a anterior séculos despois, seguramente entre os XII-XV en plena Galiza feudal. Esta pertencería a unha serie de castelos que vixiaban o val da Louriña os cales a día de hoxe nom se conserva ningún, falamos dos posibles Castelo do Monte do Galiñeiro (Gondomar), Castelo do Faro de Budiño (O Porriño) e Castelo do Monte Aloia (Tui). Estes seguramente controlarían as vías de acceso a Tui e servirían de control entre as diferentes casas nobiliarias da zona.
Restos da edificación o resor do alxibe cavada na pedra que protexia esta zona e a torre do homenaxe.
O fin do Castelo tamén o descoñecemos, posiblemente nas revoltas irmandiñas ou simplemente polo avandono deste. Súas pedras seguramente foron levadas polos veciños en tempos posteriores para a construcción de novos fogares, construcción relixiosas, muros e lindes nas leiras e montes dos redores.
FICHA TÉCNICA
LUGAR: Monte do Castelo, Cans-O Porriño/ Couso, Guláns-Ponteareas
ALTIDUDE: 355 metros
COORDENADAS: LONX:
TIPOLOXÍA: Asentamento fortificado
DATACIÓN: Medieval (posible anterior Idade de Ferro)
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Moi alterado, con apenas restos visibles
CLASIFICACIÓN DO SOLO: Solo rústico de protección do patrimonio
PROPIEDADE: Privada (mancomún)
No hay comentarios:
Publicar un comentario