A ponte situase num precioso recuncho da parroquia de Angoares. Seu tamaño e reducido e conserva tres arcos, dous de forma circular da construcción orixinal e un pequeno rectangular que poido ser de orixe posterior, seguramente para alimentar unhas das cales que posué para levar a auga os muiños que se atopan moi próximos. Nom conserva soportes que servirán de barandillas os lados, pero suponse que na época si os teria, pero si conserva o adoquinado perfectamente da ponte, aínda que semi-aterrado pola terra acumulada no seu pavimento.
Recordando que Angoares e unha parroquia histórica e que xa temos noticias desta dende a alta idade media, que anteriormente posuía unha vila romana pola cal pasaba unha arteria da antiga vía Braga-Iria Flavia (Padron), é de saber que este debería ser un importante punto de comunicación da época. No século XII Angoares xa posuía a igrexa parroquial actual sobre unha igrexa anterior, o que nos indica que era un núcleo de poboación fixo e debería de estar ben comunicado.
Posiblemente esta ponte comunicaría ata tres posibles vías como aínda marcan a día de hoxe os antigos camiños que ali se conserva, un vido do sur, de terras portuguesas, que comunicaba con outro vido da zona de Vilasobroso pola parte do este, onde xuntos cruzaban a ponte cara Anguares e a ponte dos Remedios e das Partidas para seguir outras rutas.
A ponte aínda e moi utilizada polos veciños da zona para cruzar o río Uma, e ata se pode cruzar en coche. O seu entorno, o cal e moi ribeireño aínda se usa como praia fluvial, pero atopase moi avandoado. Xusto en frente da ponte conserva unhas fermosas cascadas, as cales tal vez o seu orixe foi na construcción da ponte para desviar a auga do río. A cada lado da ponte tamén conserva perfectamente duas canles as cales levaban a auga os muiños que se atopan moi preto. A día de hoxe atopanse en estado ruinosos e cubertos pola vexetación, aínda que auga segue transcurrindo polo seu interior como en antaño, unha magoa que se atopen asi.
Fermosas cascadas xusto enfronte da Ponte do Cabalón.
Restos dos antiguos muños a só uns metros da ponte.
FICHA TÉCNICA
LUGAR: O Cabalón, angoares
ALTIDUDE: escasa
COORDENADAS:
TIPOLOXÍA: Ponte
DATACIÓN: Medieval
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Moi boa
CLASIFICACIÓN DO SOLO: Que se sepa sen protexer
No hay comentarios:
Publicar un comentario