Sabías que...
Na parroquia de Ribadetea queren construir unha planta de biomasa que conlevará
· Un aumento do transporte pesado pola carretera, xa que a planta consume 106.920 T/ano,o que supón 293 T/día, supondo que un camión pode levar sobre 14 T de biomasa, sae un toal de 20 camións diarios.
· Un consumo de auga de 25000 litros diarios, ¿de onde a sacarán?, ¿do LIC do río Tea? ou deixarán os pozos sen auga.
· Unhas emisións sonoras elevadas o lado das casas da freixa, a menos de 30 metros.
· Suporá un aumento dos elementos contaminantes na zona, chuvia ácida, chegando os límites permitidos.
· A construción dun edificio de 25 metros de altura nun entorno rural, cunha cheminea de 30 metros de altura.
· A devandita planta non necesita estudo de impacto ambiental, ¿ non son contaminantes?.
· Emítense hidrocarburos aromáticos policíclicos, que conteñen un largo grupo de compoñentes tóxicos, os cales poden ser canceríxenos.
¿Qué fan os partidos políticos para defendernos? Levan o tema a pleno, e non son capaces de falar del, suspenden o pleno. Así é como traballan os noso políticos. Grazas señores do PP e BNG por facer que se suspendera o pleno.Sacada do blogue "Lume negro".
No hay comentarios:
Publicar un comentario