Era un dos castros cun
dos maiores sistemas defensivos de toda a cultura castrexa galaica, de estilo
mineiro e cunha mina romana a menos de 50 metros del, e estaba na miña aldea,
Ribadetea.
Digo estaba, pois
nos últimos anos mentres un grupo de veciños intentamos impulsalo para coñecelo
e posto en valor, facendo rutas guiadas, articulos en internet, publicando en
revistas veciñais. Os demos, profesionais da destrución e acabar con todo, destruírono
máis en cinco anos que en 2000 que ten de existencia.
Eses demos teñen
nome (os mesmo do famoso herbicida), e tratase da propia CCMM de Ribadetea, que
co apoio dos seus lacaios como a AAVV e demais convertéronse no peor inimigo da
natureza e patrimonio en Ribadetea cando eles eran quen o debían protexer.
Primeiro reencheron
con terras a zona central do poboado, logo fixeron camiños sen sentido polo
interior dos parapetos destruíndo este, e a última que tiñan feito era un
enorme burato acabando cun dos principais parapetos, pero esta xa pasa todos os
limites, queren facer agora un aeroporto? Pois non ten sentido máis que facer
dano a escavación que fixeron, facendo desaparecer parapetos enteiros.
Dende aquí muita
dor e gañas de chorar, estes demos non pararán nunca e sen respeto e nin sequera
propolo en asemblea co resto de veciños. Agora, o castro da Croa necesita máis
apoios que nunca, pois pasou dun pequeno florecer e a ser coñecido, a estar en
plena extinción por mor dos ratos, ratos que agora agachan as orellas e non
saen das alcantarillas …
ISTO NON PODE
SEGUIR ASÍ, SOS CASTRO DA CROA
Vista da zona que agora desapareceu cos parapetos xa danados.
Outras zonas xa afectadas nos últimos anos.
Nova zona que desaparece do castro marcada en roxo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario