De novo hoxe en
Ribadetea levantounos a voz de alarma da cama. Días anteriores no Castro da
Croa fixeran un autentico desterre destruíndo parte de seus parapetos de
defensa e alterando parte do conxunto castrexo que esta protexido por
patrimonio.Os culpables, a CCMM de Ribadetea.
Despois disto púxose
en coñecemento da policía autonómica (que se encargan do patrimonio) as
alteracións no Castro da Croa levanto expediente. Pois ben, apenas dous días
despois voltou aparecer unha pala traballando no castro, sacando xabre para os
camións.
A empresa o parecer
pedira permiso o concello para sacar xabre, estes os puxeran en contacto co
presidente da CCMM de Ribadetea que como non, mandounos a un dos pouco sitios protexidos por
patrimonio da aldea para seguir facendo canteira de forma ilegal, o castro da Croa. Pero o millor de todo e o destino dese xabre,
pois só desprazase uns metros de onde o quitan, indo para o novo paseo que vai
pegado o Tea entre Cernadela (Mondariz) e Ponteareas.
Excavadora hoxe a mañá destruíndo parapetos no castro da Croa.
Este paseo esta
feito con xabre procedente dun importante recinto arqueolóxico protexido por
patrimonio, pero o millor esta por chegar, pois cando me acerco o lugar onde
están facendo as obras máis preto do castro, vexo que se levan por diante un
parapeto de defensa e afectan seu entorno. Non sei porque, pero xa tiña esa
intuición, e o máis bonito que a obra foi fomentada pola propia Xunta, augas de
Galicia e o concello de Ponteareas, que din ter todos os permisos e información
da ruta, tanto que nin sabían que había un castro catalogado e protexido por
patrimonio que leváronse por diante. Agora esta todo nas mans de patrimonio que
foi informado.
Arriba, parapeto defensivo do castro arrasado parcialmente pola nova "senda do Tea"
Neste ambente de
manipulacións, permisos, desinformacións e destrución o final o único que sae
perdendo e o patrimonio e seu entorno natural, que o final de conta, o lado dos
cartos, favoritismo e sacar a foto non vale nada.
En roxo ultimas
alteracións e destrucións no Castro da Croa en 2 anos, de seguir así, nosos
netos porán ver algún resto do antigo poboado fortificado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario