Hoxe 27 de agosto do 2013 na miña parroquia, Ribadetea (Ponteareas), o noso
monte voltou sufrir e chorar por mor duns mensaxeiros da morte que aínda
utilizan a lei do salvaxe oeste as costas de todos os veciños, tratase da
Comunidade de Montes de Ribadetea.
Despois do conflito que vivimos na aldea por mor dos herbicidas
actualmente, onde a CC.MM, a AA.VV e outros colectivos da aldea como das augas
defenderan fumigar con herbicida nunha parcela de mais de 12 Ha no noso monte,
mentres os veciños nos opuñamos a esa barbaridade, hoxe nos espertamos sabendo
que estaban fumigando eles mesmos co herbicida Garmón GS (que só o poden
aplicar empresas especializadas) nun corta fogos entre Cillarga e Mouro.
A CC.MM de Ribadetea herdeira dese caciquismo primitivo do rural galego,
decidiu por súa conta como se do salvaxe oeste se tratase sen nin sequera falar
cos veciños fumigar a maquina de sulfatar de forma totalmente desprevida os nosos
montes.
Pero como na última vez, madrugadores e comprometidos como verdadeiros
heroes da aldea, algúns veciños voltaronse pegar o madrugón e subiron as saías
da Serra do Galleiro, no lugar onde estaban “traballando” para protestar, podendo
gravar un vídeo co que se abriu unha denuncia contra os responsables desa
barbaridade.
Nese vídeo pódese ver un señor xubilado da CC.MM de Ribadetea cunha maquina
de sulfatar as costas (maquina da morte) e tres operarios dos montes, os cales
son uns mandados (xa seguramente teñen bastante con aguantar os demos). A tan
só 35 Km do maior incendio da Galiza neste momento, sen cercar o monte e
sinalizar o veleno, sen ningún tipo de protección nin traxes, utilizando
desbrozadora nesta época, sen permiso... se pode ver no vídeo certo señor da
CC.MM, xubilado fumigar coa sulfatadora herbicida, mentes os operarios cortan
eucaliptos e os recollen.
O vídeo da muita pena e impotencia, amin persoalente que estou moi lonxe me
parte un anaco da alma, e máis cando se trata da aldea onde creceu e criouse un
mesmo, a cal a considero un paraíso. Esperemos que agora os responsables o
paguen caro con todo o peso da xustiza. O vídeo podédelo ver no facebook no
Grupo de Chentrails Galicia ou O Condado Historia Viva.
Nos arrepiamos cando escoitamos falar de Monsanto e demais, pero neste caso
temos os demos na casa, polo que por muito que nos mintan e enganen en
Ribadetea deberiamos saber a estas alturas que “o que demo é, demo se queda”. Pero o pior non son eles, senón os
palurdos pro-caciques que os defenderan a morte mesmo así, mentres noso monte
sufre e chora en silenzo, pero nunca se pode perder a esperanza en Ribadetea,
pois se algúns nestes meses cambiaron, tod@s podemos cambiar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario