O Poço do Diabo
(Pozo do Demo) atopase na Chapada de Diamantina a 22 Km da localidade de Lençôes.
Tratase dun descenso pola montaña escarvado na pedra polo río de augas escuras
debido a ter elementos orgánicos nas súas augas. No seu descenso forma pequenos canóns así como tobogáns naturais.
O camiño baixa
dende a estrada pegada a marxe do río cos seus rápidos no medio dunha paisaxe
fermosa. A uns 15 minutos río abaixo chegamos o lugar coñecido como “Poço do
Diabo”, tratase dun salto de auga abrupto de gran altura en forma de fervenza caendo
nunha gran poza de augas escuras.
Se descende a poza
por un estreito camiño que ten unhas vistas espectaculares sobre a fervenza e
poza. Dende a fervenza a o final da poza hai un tira-liña para os máis valentes
que fai un descenso espectacular dende a altura da fervenza as augas da poza.
Unha vez abaixo,
abraiado pola beleza do entorno, que millor cousa que darse un baño nas escuras
augas da poza acompañado polo meu pai, as cales están muito frías, pero unha vez dentro delas entre o
son da mata (fraga) de fondo e a tranquilidade do lugar, pódovos asegurar que
limpa ata a alma.
Despois do
relaxante baño de pureza, abandonamos este lindísimo e máxico lugar escondido
nun pequeno recuncho do interior do estado da Bahía, seu encanto e presenza
sempre serán recordados no meu interior como unha doce lembranza.
Foto de familia xunto a meus pais despois de pasar unha xornada en grande.
No hay comentarios:
Publicar un comentario