A Chapada de Diamantina e un paraíso situado no interior do estado
brasileiro da Bahía. A conforman unha sucesión de serras onde nacen unha
importante rede de ríos, sendo así un autentico oasis natural rico en
biodiversidade rodeado das áridas terras do interior centro do Brasil.
Río Leçoes o seu paso pola localidade de Leçoes.
O nome Chapada de Diamantina ben de “chapada” pola protección das montañas
e “diamantina” porque era unha rica rexión en diamantes. Conta con un enorme abanico
de atractivos naturais como a cachoeira da Fumasa, o Pozo Azul ou a Gruta da
Torrinha entre outros. Súa principal localidade e Leçoes, de onde parte nosa
primeira ruta polos seus redores, coñecida como ruta dos Serranos polo escuro
río Leçoes e súas cachoeiras (fervenzas).
Vista do centro de Leçoes.
O as augas escuras do río Leçoes por causa de antigos restos de materias orgánicas,
o que fai que sexan moi boas para a pel humana. O río non sempre vai por enriba
da terra, senón que ten tramos subterráneos,este e o caso da zona de Caldeirôes
o pouco de comezar a ruta, onde pódese ver por buratos na pedra o río. Aparte
forma pequenas cascadas e pozas entre as abruptas rochas cunha fermosa vista
sobre a pequena cidade de Leçoes.
Saímos da zona de Caldeirôes comezamos a ascender co cauce do río Leçoes,
chagando así as Salas das Areias, unha serie de covas formadas de pedras moi
erosionadas e distinto tipo de areas e outros minerais, así podemos topar
diferentes cores, arxilas e ata purpurina natural, coñecida aquí como "falso
ouro".
Seguindo o cauce do río nos topamos nunha zona moi pétrea dentro das augas
e unha fermosa mata (flora) nas súas ribeiras, observadores dos rápidos e pozas
do Leçois que se introduce na montaña en forma de canón.
Máis arriba nos topamos cunhas fermosas fervenzas e pozas onde nos damos un
baño moi relaxado nas súas frías augas, tratase da Cachoeira da Primavera e o
Pozo Paraíso.
Cachoeira Primavera
Abandonado o río comezamos a subir por un
escarpado e estreito camiño cara o alto mirador da Pedrinha de Leçoes, no alto
nunha longa estreita meseta percorremos o “Caminho das Mulas”, chamado así
porque era por onde cruzaban antigamente os comerciantes polas montañas coas
súas mulas para chegar a Leçoes e os pobos da zona.
O final da estreita meseta entre as montañas chegamos o mirador da Pedrinha
de Leçois, que e unha gran pedra sobre un impresionante acantilado, onde se
contempla o val do río Léçoes e a propia localidade de Leçois, e por detrás da
montaña a interminable planicie do interior brasileiro.
Unha vez abandoado o mirador comezamos a descender por outro sendeiro de
novo rumbo a Leçois sen antes parar e darnos un baño na fermosísima
Cachoeirinha, unha fervenza cunha poza entre a mata de selva onde meterse
debaixo das súas augas limpa ata a propia alma.
Despois dese divino baño na Cachoeirinha descendemos ata chegar de novo o
punto de saída, a localidade de Leçois. Aquí remata noso primeiro día de ruta, aventura
e actividade na fermosa Chapada de Diamantina, espero que vos gustase. Pouco a
pouco irei publicando diferentes rutas e visitas nesta paradisíaca terra. Un
saúdo dende o Brasil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario