Despois de pasar décadas desapercibido,
nestas últimas semanas voltou os medios un antigo asentamento da Idade de Ferro
comezado a escavar e estudar no ano 1933, tratase do castro do Monte dos Cubos
ou Cabeza dos Francos. Situado no concello de Tui dentro do Parque Natural do
Monte Aloia, atopase nunha lomba cun emprazamento moi defensivo naturalmente
cun dominio visual sobre Tui e o val do Miño privilexiado. O segundo nome polo
que é coñecido o lugar, Cabeza dos Francos, dicir que ven derivado a que
durante a invasión francesa tropas napoleónicas asentáronse tamén neste monte,
seguramente porque dende alí podían controlar perfectamente os redores da
cidade de Tui visualmente.
Chegado o asentamento, que
maioritariamente esta inda sen escavar, vemos na cara sur recen limpada e
acondicionada a zona que escavouse, quedando a relucir catro vivendas e restos
doutras por debaixo destas. Mesmo que é muito pouco o que esta escavado, un no
lugar pode observar que o mesmo tempo estudando os restos da pe a muitísimas
hipóteses e posibilidades de cómo foi o poboado que no Monte dos Cubos existiu.
Na primeira vivenda que nos
atopando entrando no recinto, podemos ver que ten forma circular e un tamaño
considerable, o mesmo tempo ten vestíbulo o cal aproveita penedos do entorno
para a estrutura, tendo nunha esquina do vestíbulo un pequeno alxibe para
acumular auga, tanto a vivenda como o vestíbulo non teñen porta. A segunda
vivenda, e case unha replica da primeira, e como a anterior non teñen entrada
ou porta, destaca nesta que na escavación da vivenda pódese ver como o primeiro
metro do que se conserva esta construído en pedra pero a partir de hai para
abaixo, vese que a vivenda era de arxila.
Estes detalles arquitectónicos
a groso modo nos recordan o tipo de construción primitiva común dos castros
galaicos, vivendas circulares de grande a medio tamaño sen porta, aproveitamento
de penedos do entorno para as estruturas ou bases de muros en arxila ou barro.
Pero o mesmo tempo, vendo a aparición de vestíbulos ou alxibes dentro dos
propios, nos fan relación cunha época más avanzada arquitectonicamente na
historia dos castros galaicos, cun auxe entorno os século III-I a.C e un pleno
desatrollo xa despois da conquista romana.
Ademais, por debaixo destas
estruturas pódese ver restos de outras que seguramente serían anteriores, pois
é outro caso típico no territorio galaico, voltar a construír sobre un
asentamento anterior. Recordar que no noso territorio xa teñen habido casos e
existir mámoas, petróglifos, castros, castelo e despois unha aldea sobre o
mesmo asentamento, como por exemplo o castro de Chandaz en Chantada entre
outros, onde despois inda fixéronlle enriba a presa de Belesar, polo que pasou
a ser tamén submarino.
Bromas aparte, parece que
voltar a repoboar o mesmo hábitat puido ter acontecido tamén no Monte dos
Cubos. Despois temos outra vivenda circular, na cal por debaixo fora dos seus
muros aparece outra máis baixa cunha gran pedra no seu interior, e difícil
saber se era un vestíbulo desta última ou outra vivenda máis baixa e
posiblemente anterior. Destacar na vivenda principal no seu interior tamén ten
unha gran rocha nai na cal ten dúas pías cavadas no centro, posiblemente a máis
pequena puido existir para agarrar o pau central da vivenda e a maior, de lar
para o lume.
Outras curiosidades que se
aprecian nas vivendas como na primeira ou dispersadas pola zona son a aparición
de pedras de mediano tamaño que parecen talladas, algunhas de forma cadradas,
outras circulares… Estas poden recordar as lanzadas por catapultas como no que
puido ser o caso do Monte do Castro en Ribadumia, pero a diferenza e que no
Monte dos Cubos non se ven nas vivendas escavadas restos de destrución ou muros
carbonizados por lumes (pois era costume queimar os poboados sometidos a un
asedio a gran escala), si pódese ver restos de carbóns pero parecen de algún
incendio forestal máis recente. Realmente e algo curioso.
Outra cousa a destacar e un
penedo con forma semicircular situado no centro do asentamento, o cal parece
estar apoiado na base sobre outras pedras menores, polo que igual foi levado
ata alí. No penedo vense talladas varias pías seguidas, polo que e muito seguro
que seu uso fora para rituais relixiosos. Tamén onde acaba a terraza principal
do asentamento na esquina sur antes dun gran desnivel, pódese ver unha pedra
que sobresae dende a cal temos unhas incribles vistas sobre o val do Miño e
redores.
En canto a cerámica, pódese
observar algunha dispersa pola zona ou entre muros pero en pequena cantidade.
Destaca que topei o que parece restos dunha ánfora ou cerámica que parece máis
ben pola cocedura e espesura de época romana. Tamén topei outra cunha tipoloxía
máis indíxena, cunha maior espesura e menos dureza.
CONCLUSIÓNS
Unhas das conclusións que se
pode dar despois deste pequeno estudo do Monte dos Cubos, e a hipótese de que
pode ter un inicio de ocupación muito anterior o que oficialmente comunicouse
na súa cronoloxía (do II-I a.C). Parece que si tivo unha reconstrución ou
repoboación entorno os nos séculos II a I a.C cunha nova arquitectura sobre un
asentamento castrexo anterior, pasando logo a conquista romana e estando habitado
parte dese período (restos cerámicos). Pero unha gran curiosidade que debe
marcarse neste poboado no pouco que esta escavado, e a mestura de arquitectura
antiga como vivendas circulares sen porta, aproveitando os penedos dos lugar…
coa arquitectura máis avanzada en séculos como vestíbulos, alxibes… Puido ser o
Monte dos Cubos un poboado que pasou en primeira persoa do seu estado antigo a
un asentamento con novas formas a base de reconstrucións e “reformas”.
FICHA TÉCNICA
Tipo de ben: Asentamento Fortificado
(Castro)
Lugar: Monte dos Cubos
(Tui)
Altitude: 270 m
Cronoloxía: II-I a.C a período romano (seguramente cun
inicio
anterior)
Propiedade: Parque
Natural Monte Aloia
Catalogado pola xunta: Si
Estado de conservación: bo recentemente acondicionado, pouco escavado.
Conserva tradición oral: Si
COMO CHEGAR
Recentemente
sinalizado dende Tui, o máis rápido e saír da autoestrada no desvío a Baiona, o
penúltimo antes de Portugal. Desde este xa esta sinalizado e nunha curva
pronunciada antes de chegar o casco urban de Tui collemos unha estrada que pasa
por enriba da autoestrada dirección Frinxio. Unha vez nesta aldea, o castro
esta marcado cunha gran sinal na entrada dun camiño, o cal temos que seguir ata
un cruce onde aparece un panel indicador con rutas no Monte Aloia e o castro.
Collendo o camiño alí indicado dirección sur temos unha tirada andando de case
2 km ata o poboado, nas cales hai que fixarse nas indicacións marcadas nas
pedras nos cruces. Recomendo visitar o poboado con tempo para recorrer estes
case 4 Km en total con tranquilidade, aparte que non e difícil perderse no
lugar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario