“Cuando
el mismo Cánovas era
Vencido
en Cieza, el distrito de
Puenteareas
permanecía inalterable:
En
todas las elecciones generales
De
aquel tiempo salió victorioso
D
.Saturnino Álvarez Bugallal.”
Esta familia natural de Ponteareas de recursos limitados, en apenas uns sesenta anos foron capaces de escalar escalóns sociais e converterse nunha das familias máis influentes na elite económica e política do estado español. Nunha época onde o caciquismo e as influenzas estaban o día, os Bugallal foron estendendo súas influencias pola Galiza da época o igual que outras familias galegas como os Monteristas, os Gassetistas, os Riestistas ou os Besadistas.
Estatua de Gabino Bugallal en Ponteareas.
Os Bugallal saíron
do anonimato con Jose Ramón Bugallal
Muñoz, notario de Ponteareas que apostou por seu sobriño Saturnino Álvarez Bugallal o cal tiña
unha sólida formación humanística e xurídica, aparte de ter facilidade de
palabra e ser un gran orador.
Saturnino fora
compañeiro de estudos de Murguía, era conservador e conseguiu darlle prestixio
o seu apelido chegando a ser ministro e embaixador. Case o mesmo tempo pero
moito menos relevante naqueles anos tamén seu irmá Benigno Álvarez Bugallal pasou de militar a xeneral, pero non puido
ver o gran ascenso dos Bugallal pois morreu no 1885.
Moi
pouco despois dous sobriños de Saturnino, fillos do notario J.Ramón Bugallal,
saíron elixidos como deputados, tratábase de Gabino Bugallal e Darío Bugallal.
Gabino Bugallal
Gabino Bugallal Araújo naceu no 19 de febreiro do 1861 en Ponteareas, sempre
estivo en formacións conservadoras e no 1886 foi elixido deputado por
Ponteareas, sendo despois por outros partidos xudiciais ata que no 1903 foi
designado ministro, permanecendo así en gobernos conservadores na carteira
ministral. Pero foi en marzo de 1920 onde conseguiu seu máximo auxe, sendo
nomeado Presidente de Consejo de Ministros do estado español provisional
durante cinco días despois do asasinato de Eduardo Dato. Foi nomeado ministro
ata en oito ocasións, presidente das cortes e xefe do partido conservador, coa
proclamación da II República marchou a París, onde morreu o 31 de maio do 1932.
Darío Bugallal
En canto seu irmá, Darío Bugallal Araújo, pasou do
distrito de Ponteareas o Senado deixando a outro irmá no seu sitio en forma de
relevo no 1903, deixando como novo deputado por Ponteareas a Isidoro Bugallal Araújo.
Cando os Bugallal acabóuselle
o apelido por consanguinidade, recurriron a familia por afinidade para seguir
coas súas influencias, así Manuel
Fernández Barrón xenro de Gabino representou Ponteareas. Tamén outro xenro
de Gabino, Luis Usera Bugallal
logrou representación por Chantada e outros distritos, o igual José Estevez Carrera, abogado do bufete
de Gabino que conseguiu o distrito de Ribadavia dende o 1914 ata o 1923.
Isidoro Bugallal
Os Bugallal
conservaron súa vila natal Ponteareas como un fortín, conseguindo logo expandir
súas influencias como se dun imperio se tratase por outros distritos galegos
coma Bande, Chantada, Xinzo de Limia e Ribadavia. Chegaron a ser o máis
parecido a uns señores feudais da época contemporánea, recibindo homenaxes
constantes de outros deputados, sobrevivindo seu imperio a ditadura de Primo de
Ribera.
Teño unha foto no meu poder que pode ter moito que ver coa familia Bugallal.
ResponderEliminarFaga o favor de porse en contacto comigo en "Antonxaque@gmail.com"
Obrigado.
Sería un bo aporte para futuras investigacións Anton Lorenzo, estamos en contacto, saúdos!
Eliminar