Paredes e a
parroquia máis pequena do concello, contando con 62 habitantes e 2,1 Km2 de
superficie, cunha altura entorno os 130 metros sobre o nivel do mar. Atopase
enclavada nunha marxe bastante pronunciada do fechado val do río Borbén. Pese
ser a máis pequena, Paredes garda un gran encanto tanto tradicional como na súa
paisaxe típica rural galega, das mellores do concello. Divídese en tres núcleos
de poboacións ou barrios, que son O Picouto, O Ramallal e Touceda.
Vista o barrio do Picouto.
A alta humidade do
val e grazas a existencia aínda de bastante gando, fan que seus redores sexan
de praderías verdes entre o río e os montes máis na montaña.
Seu principal
monumento e súa igrexa parroquial, a cal conserva importantes restos románicos
do século XII, pero outros moitos debéronse perder o parecer na gran
remodelación que tivo no 1875, da cal aínda conserva unha placa de recordatorio,
grazas a todos estes restos vemos que Paredes ten unha longa historia como
entidade de poboación.
Formas de cabezas de animais e outras na arquitectura da igrexa de San Cibrán.
Baixo os redores da
propia igrexa podemos ver tumbas moi antigas de pedra, moitas aínda conservan
súa fabrica medieval, polo que posiblemente aparte pódese tratar dunha necrópole
medieval.
Tumbas posiblemente medievais nos redores da igrexa.
Tamén entre súas
vivendas podemos observar antigos soportais que marcan datas como 1885. En
canto a muíños de auga, faláronme de cinco, pero seguramente puido haber máis,
algún deles son o do Couñago e do Medio, o da Ponte ou o muíño dos Cans.
Múiño do regueiro da Fraga.
Por último dicir
que estás ladeiras fan un fermoso balcón sobre o río Borbén das cales se admira
do outro lado a Serra do Galleiro. En canto súa toponimia, Paredes, pode vir de
varias formas, eu persoalmente creo que pode vir pola súa arquitectura de “zona
socalcada con antigos muros”, pois esa e a forma que presenta algunha das súas
zonas máis antigas como o Picouto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario