lunes, 10 de enero de 2011

Prehistoria: Molde de Machado tipo Barcelos de Guillade

Neste contexto falaremos da aparición dun molde de fundición tipo Barcelos aparecido no monte das Carballas na parroquia de Guillade.

Este hallazgo corresponde a Idede de Bronce, a cal está dividida en tres fases, a inicial do 1.800 ao 1.500 a.C, na cal se atoparon varios depósitos de armas de bronce coma o de Roufeiro na provincia de Ourense. A segunda, que abarca dende 1.500 ata o 1.200 a.C, onde destaca os machados tipo Barcelos, os que se apareceron nalgúnhas partes do territorio do norte de Portugal e na Galiza, no que tratase dunha maneira común de fabricar machados. Por último o bronce final, do 1.200 ao 700 a.C, coincidindo seu final cos inicios da cultura castrexa e cos contactos con pobos mediterráneos e centro europeos, nestes últimos desenvolviase a cultura “dos campos de Urnas”.

ASENTAMENTO DO BRONCE MEDIO EN GUILLADE

Este posible asentamento situase no lugar das Carballas na parroquia Guillade. Está enclavado nun pequeno estreito val, que está a medio caminño entre Os Montes da Paradanta e o val do Tea.

Foi descubeto o abrir una pista, no que se descubriu un solo arcilloso con restos de carbón e algunas pedras traballadas, que en conxunto formarían parte de una vivenda. Nas cercanías foi onde atopariase o molde do machado tipo Barcelos e algúns restos de cerámica. Aínda que o sitio e rico no que en materiais se refire, aínda se espera un estudio da zona pa poder datar precisamente o asentamento e súa función.

Nota do autor: Esta noticia descoñece o autor da súa datación e onde se atopa na actualidade o molde, pois parece que quedou todo bastante tapado o igual co asentamento.

Espero en próximo visitar o lugar e ver como se atopa a zona, seguramente nom quedara ningún resto a vista, pero ver o entorno e as súas cualidades para poder imaxinar porque os habitantes neoliticos ponteareáns o elixiron, e poder asi comparar con outros atopados nos redores e na comarca e poder ver as semellanzas para un mellor estudo.

Un saudo, o autor.


Machado común do tipo Barcelos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario