De novo as mafias privadas e do goberno voltanse unir as mans para seus propios bens, e como sempre é o mesmo o que sae mal parado, o medio ambente.
Pois aínda nom pasau, pero apunto está de voltar levar outro golpe máis noso monte, esta vez na parroquia de Leirado en Salvaterra de Miño, e en menor medida na de Taboexa, As Neves.
Todo comezou fai un mes máis ou menos, cando se detectou num piñeiro unha enfermidade que provoca un gusano o cal denominan “nematodo”, o parecer e contaxiosa. Decir que esta enfermidade vexetal xa se deran casos en Portugal e nom fixeron a carnicería que estes “especialistas” tentan facer. O caso é que viñeron especialistas da Xunta e dixeron que había que talar todas as coníferas num radio de entre 500 e 3.000 metros, quedando o final estipulado en 1.500 m, e decir unhas 400 Ha, unhas 130 veces máis ou menos o castro de Troña pra facerse unha idea. Todo isto sem dar case explicacións os veciños nim facer moita investigación, xa que claro Galiza ten tanto monte que unha calva máis nom se nota, o problema e que esa forma de pensar un día acabarase, pois xa nom habrá máis.
Algúns veciños empezaron a venta dos piñeiros a prezos case de valde, pois teñen un plazo cortísimo para súa venda, mentres que outros nom saben bem o que vai acontecer. As talas xa comezaron estes días e as incineracións, polo que poideronse ver fogueiras elevándose sobre Leirado. Añadir que se incinerou xa o único piñeiro que deu positivo, máis uns 15 que o rodeaban os cales nos análisis nom deran positivo. A empresa “publica” (que nom sei que ten de publica) SEAGA puxose xa mans a obra neste suposto “saneamento” dos montes de Leirado.
O certo e que cando isto remate, quedara unha zona totalmente desolada de 400 Ha, coa consecuenza da marcha dos seus animais, uns veciños que quedan sem monte, a desertización, aparte de que veremos cando chova e faganse riadas, pois nom hai nada que as conteña, logo pasa o que pasa e nos queixamos, pero claro os que executan estas ordes normalmente viven en apartamentos da costa.
Tamén esperemos saber en curto plazo para que serviu esta tala, o típico soe ser estradas novas, un viñedo novo, unha canteira… e o maior problema é que sempre saen ca súa, nos engañan mil veces e seguimos a corriente felices e sem facer nada.
Este fermoso piñeiral desaparecera.
Primeiras talas e incineracións en Leirado
No hay comentarios:
Publicar un comentario