miércoles, 26 de enero de 2011

Parroquias: Celeiros, baixo a sombra dos piñeiros mansos

Parroquia que se atopa o leste do concello, lindando cos municipios de Salvaterra de Miño e o das Neves. Conta con 227 habitantes e ten unha extensión de 2,5 Km/2.

Ten un notable relevo accidentado pese nom ter alturas significativas. Atopase en camiño entre o val do Tea e os montes da Paradanta, atravesada polo Río Uma, o cal crea un fértil val.

Destaca a vista na zona centro da parroquia dous xigantes piñeiros mansos centenarios que posée, o cal un pasa dos 30 m de altura, chamado Piñeiro manso dos Candeira, o cal esta catalogado entre árbores senlleiras da Galiza.

En canto a arquitectura relixiosa, destaca a igrexa parroquial adicada a San Fins datada do século XVIII. Decir que esta asentada nunha acrópole na cal habia un castro, agora xa case desaparecido, só conservando restos das terrazas e parapetos de defensa.
Moi interesante tamén xusto o lado da igrexa, no cemiterio, o panteón da familia Candeira. Foi construido no 1.871 por Jose Cerviño Garcia ou Ignacio Cerviño Quinteiro. Destaca enriba dos dous sarcofogos unha estatua, con un reloxo, relevos, incripcións... que fan deste panteón un dos mellores monumentos galegos da arte funeraria galega asi como canteira.
Tamén conta Celeiros con dous cuceiros, un cercano a igrexa e outro no barrio de Soutelo.

En canto a historia, nom temos datos da presenza prehistorica, pero suponse que esta zona sería transcurrida polos prehistoricos posto que nas veciñas parroquias de Cumiar e Guillade si os hai.
En canto a Idade de Ferro si hai constancia do castro xa mencionado debaixo da acropole que no que se atopa a igrexa, conserva aínda algunhas terrazas e parapetos polos redores da acropole.

Tampouco hai datos medievais, pero vendo a fertilidade do río Uma neste tramo e a cercania a o Castelo do Sobroso, o máis probable e que as terras de cumiar pertenceran a este señorio.
no século XVIII construese a igrexa, polo que seguramente asentarase xa un núcleo significativo de poboación polos redores.
Debeu ser tamén destacable a familia dos Candeira, posto o munumento funerario do siglo XIX que lles construiron, pois o parecer eles doaron as terras onde se atopa o cemiterio para seu uso como tal. Tamén preto de ali, onde se atopan os dous piñeiros mansos centenarios, lles chaman dos Candeira, asi que é de supor que esa explanada combertida agora nunha area recreativa lles pertencián tamén.

Na zona do barrio de Soutelo pasa o río Uma, o cal esta bastante avandoado nesa zona, pero aínda asi conserva seu encanto natural é de augas limpas rodeado de un paisaxe verde de pastizais, leiras, viñas... todo num entorno rural que merece a pena ver.

Piñeiros mansos centanarios xigantes dos Candeira.
Igrexa parroquial de Celeiros, construida no século XVIII.
Bonito rincon cun lavadoiro e fonte.
Panteón dos Candeira, dos máis significativos da arte funeraria tradicional galega.
Cruzeiro do Barrio do Soutelo.

2 comentarios:

  1. Dato: Xa hai constancia de Celeiros nun documento que data do 18 maio do 1074, o documento conta que Hermesenda Méndez doou as igrexas de San Fins de Celeiros e máis a de Guillade a Aderico o bispo de Tui

    ResponderEliminar