Aínda que seguramente existirián outras pontes ou pasos máis tradicionais na súa arquitectura da época prerromana, é despois da chegada dos romanos quem marca a arquitectura das pontes do val do Tea e fixeron que chegaran ata o día de hoxe seus restos, tantos físicos como simbolicos, tóponimos ou culturais.
No val do Tea sabemos que pasaría algún tipo de vía de comunición na etapa romana, hai quen asegura que pasou A Vía XIX que comunicaba Braga con Astorga, ou unha rama desta pola cantidade de pontes que hai na bisbarra e os restos de comerzo que apareceron nos castros cercans ou mesmo na vila romana de Angoares.
Pero agora centraremonos nas tres que pensase que existiron no concello feitas polos romanos, que estiveron nestas terras entorno o século I d.C ata o V.
A máis destacable sería a Das Partidas, na parroquia de Moreira. Esta e a que conserva máis posibles restos e estructura romana, aínda que sería moi remodelada na Idade Media e seguramente en épocas posteriores.
Logo nos chega a Ponte dos Remedios, que se atopa na propia Ponteareas, esta nos chega moi remodelada a nosos días, con moi poucos restos romanos. Foi remodelada na Idade Media e posteriormente notablemente.
Por último nos queda nomear a desaparecida Ponte das Cons, a cal descoñecemos a día de hoxe cal sería a súa ubicación. Esta ponte sería derrubada ou bem pola man humana (invasións, saqueos...) ou por causas naturais (subidas do Tea, abandono...). Som moitas as teorias que a situán entre as parroquias de Fozara e Pias, no lugar que ocupa actualmente a Ponte Caneira, moi preto do antigo poboado castrexo da Cividade de Caneira. Tamén hai quen fala que estaria entre Fozara e Padrons, moi cerca da localización da anterior, pero sem restos que o demostren.
Esta alta densidade de pontes no concello nesta época fainos pensar que o val do Tea sería unha importante ruta de paso e comercial, aparte de estar bastante poboado nas orillas do Tea entorno o I-V d.C.
Ponte Das Partidas, na parroquia de Moreira.
Ponte Dos Remedios, no barrio da Ponte (Ponteareas)
Ponte Caneira entre Fozara e Pias, da cal de di que foi construida sobre a derrubada Ponte das Cons romana.
Ponte Caneira entre Fozara e Pias, da cal de di que foi construida sobre a derrubada Ponte das Cons romana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario