Aqui pondremos unha lista das especies máis emblematicos deste val o mesmo tempo que os máis ameazados a desaparición.
Primeiro comezaremos cos invertebrados, destacando asi o Caracol de Quimper e ó Capricornio Maior, que bem sendo un insecto de caparazón e cornamenta. Despois dentro das libelulas máis destacadas habitan neste val a Macronia Splender, a Oxgastra Curtisii e a Gomphus Granslinii.
A esquerda Macronia Splender, dereita arriba Oxgastra Curtisii e abaixo Gomphus Granslinii.
Agora pasando os vertebrados comezaremos polos anfibios e réptiles máis destacables, asi temos nos anfibios a Salamandra rabilonga, a cal só se conserva nos vales da cornisa cantabrica e atlántica do noroeste da península, sendo o Tea un dos principais espacios desta especie na actualidade. Despois temos a tortuga de río, a cal só existe na actualidade na Galiza aparte de no Tea no veciño Louro e no Arnoia (Ourense).
Nos réptiles habitan cada vez máis escasos o fermoso Lagarto verdinegro, o cal os machos na época de celo o macho ponselle o colo azul. Outro réptil típico das augas do Tea e a Serpe de auga aínda que cada vez máis escasa.
Arriba a esquerda Salamandra rabilonga, a dereita a Tortuga de río. Abaixo a esquerda lagarto verdinegro, a dereita a Serpe de río.En cantos os peixes o máis emblematico do Tea e a Lamprea, a cal é típica da gastronomía destas terras. E perceptible tamén cada vez máis a escaseza do Salmon de Salar ou atlántico que cada vez vese moitisimo menos. Outro peixe importante e a Boga, importado fai anos de latinoamérica.
Nas aves hai un maior número de especies en perigo, temos asi nas nidificantes (que aniñan) o Pato Azulón ou anade azulón, moi abundante antigamente pero que agora nom chega as 30 parexas. Poucos Falcóns Abelleiros quedan tamen, entre 1 e 5 parellas, igual que as rapaces Azor (3 a 5 parellas) Gabián (3 a 10 parellas) ou o pequeno falcón Alcotán europeo (5 a 10 parellas).
En canto a aves máis pequenas e pescadoras temos o fermoso Martín pescador (5 a 15 parellas), o Mirlo acuático (10 a 20 parellas) ou a pequena Totovia ca súa destacable crista (5 a 10 parellas).
Outras aves máis pequenas moi consideradas son a anduriña Avión Zapador (10 a 50 parellas), a Curruca rabilonga (20 a 50 parellas), o Zarcero común (20 a 50 parellas), a colorida Oropendola (10 a 30 parellas) ou o nocturno Chotacabras Gris (10 a 20 parellas).
En canto as nom nidificantes destavca o paso da Garza real.
Arriba dereita Gabián, a esquerda Pato azulón. Abaixo esqueda Azor, a dereita Falcón abelleiro.
Arriba esquerda Alcotán europeo, a dereita Mirlo acuático. Abaixo esquerda Totovia, a dereita Martín pescador. Arriba dereita Gabián, a esquerda Pato azulón. Abaixo esqueda Azor, a dereita Falcón abelleiro.
Arriba esquerda Alcaudón dorsiroxo, a dereita Avión Zapador. Abaixo esquerda Chotacabras Gris e dereita Zarcero común.
Por último nos quedan os mamíferos, onde o Tea aínda conta co privilexio de ter nas súas augas o extraño Desman dos Pirineos, tamén coñecido nestes lares como Auganeira ou Toupa de río. Tratase dun pequeno roedor acuático experto buceador que utiliza súas longas patas traseiras pra nadar e bucear, por desgraza esta en alto perigo de desaparecer. situación critica tamén é a da Londra ou Lontra (nutria) e dos morcegos, abundantes en antaño pero que estan desaparecendo a un ritmo alarmante.
Con estes tres mamíferos reatamos nosa lista de fauna privelixiada do Tea, a cal se atopa en grave perigo. Esperemos que a próxima vez que se volte recordalos aínda nom esten extinguidos como o Caranquexo de río nativo, perdido xa nos tempos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario