martes, 12 de octubre de 2010

Prehistoria: Posible dolmen na Picaraña.

Tratase dun posible monumento funerario neolítico pertencente a época megalitica (6.000 o 2.800 a.C na zona atlántica). No concello escaseán este tipo de monumentos neolíticos ou túmulos para aterrar os mortos, coñecidos como dolmens, mámoas ou antas.

Este de ser un destes monumentos sería un dolmen, xa que se encontra desterrado e vese perfectamente súa estructura petrea. De ser asi, comberteriase no primeiro dolmen atopado no concello.

O posible dolmen foi topado completamente por casualidade polo autor, xa que este nom buscaba este monumento senóm outros restos, pero rápidamente esta forma chamou a tención do autor. Decir que este posible dolmen nom se atopa documentado en ningun sitio nin escrito.

Esta situado preto da cima do monte da Picaraña, na súa cara sur onde hai unhas impresionantes vistas sobre o val do Tea e o sol pega todo o día cando nom hai nubes. Tratase dunha rocha semi-plana duns 3 metros de longo, 2 de ancho e 1,5 de espesor que cubre o monumento. Esta atopase apoiada na parte dereita sobre outra rocha moito maior e polo lado esquerdo sobre tres rochas máis pequenas aterradas en forma de columnas. Pola parte de adiante hai unha pequena entrada onde se atopa unha rocha pequena que parece estar solta. Na parte traseira a propia rocha de arriba cae cerrando a entrada o interior. Seú tamaño sería medián dentro dos dolmens atopados na cornisa atlántica.
A simple vista confundiriase con calquer dolmen común polas súas caracteristicas a simple vista.

Destacar que nesa zona do monte da Picaraña tamén hai restos dun posible campamento neolítico, que máis adiante estudaremos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario