Dor e raiba no corazón, iso e o que sentimos muitos despois de tratar de protexer, dar a coñecer e querer a Serra do Galleiro e seus montes. Un lume que durou case dous días como un inferno asola montes das parroquias de Padróns, Ribadetea e Xinzo chegando en zonas como Mouro e Parada moi preto das casas.
Asesinos do medio natural plantaron primeiro tres focos na zona de Mouro (Padróns) desplazandose en toda a noite e día seguinte polos fortes ventos dirección sur as terras de Ribadetea e Xinzo polos montes e faldas da Serra do Galleiro, tendo que intervir unidades de reténs e aéreas de toda, incluido tamén o exercito Galiza. Esperemos que a estes "enfermos" algún día a mai natura retornelle o golpe.
Agora toca comezar de novo nestas terras queimadas unha vez máis, pero recordar e advertir que este ano pódese voltar moi negro pola nova lei de montes, a cal aprobaron recentemente o Consello de Ministros onde a partir de agora as terras queimadas poderanse recalificar. Ata agora, a anterior lei de 2003 non o deixaba facer ata trinta anos despois do lume neses terreos, pero agora e tristemente unha vez máis, unha minoría da sociedade pero moi poderosa (políticos e demais) voltan demostrar que non importalles protexer os montes nin coidalos, senón sacar beneficios e diñeiro deles con estas leis absurdas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario