lunes, 9 de marzo de 2015

Mondrico, da fundación de Mondariz os paquetes de tabacos Celtas

Mondrico, un antigo nobre de orixe xermano do Reino Suevo da Gallaecia, apodado "O Bravo" foi segundo a lenda o fundador de Mondariz nos tempo do rei Resismundo fillo de Maldrás (que realmente encaixaria co o rei Remismundo). Este articulo esta basado no libro "Lendas, contos e outros relatos de Mondariz e o Balneario" escrito por Xoan Xosé Pérez Labaca.

Imos resumir un pouco esa lenda e que nos conta no seu libro Labaca, aínda que esta mezcle datas e etapas históricas, pero o interesante aparte da lenda e que se mezclamos o nome de Mondrico coa terminación que ben do xermano -iz (que posiblemente significa pertenza ou de alguén) nos sae  Mondariz, ou como di a lenda antigamenente, "Terras de Mondrico".

Mondrico era fillo de Andrico e Tornela, que residían na capital do Reino Suevo, Braga, os dezaoito anos decidiu participar en apoio a corte de Braga contra as revoltas Aunensis, a cal no libro segundo a lenda data no 561, data que para encaixala na historia habría que quitarlle 100 anos e situala no 461 durante o reinado de Remismundo. Aquela revolta fora provocada o parecer por antigos aristócratas galaico-romanos que non querían perder seus privilexios das terras ante o dominio suevo, o lugar da revolta foi probablemente nas terradas dos redores da antiga cidade de Tui, inda que algúns estudosos a sitúan na zona de Ribadavia, eu persoalmente ata engadiría a posibilidade do val do Tea.

Remismundo, rei da Gallaecia do 459 o 469.

O certo e que a Mondrico foille moi ben na loita e unha vez que conseguiron sofocar a revolta, foille concedido o privilexio nobre de poder levar sempre en calque lugar a espada no cinto, escudo redondo e casco. Despois disto Mondrico coa súa xuventude e valentía viva andivo pola Gallaecia dun lugar a outro na procura de aventura. Rematando no que na lenda chama Varda (A Guarda), onde namorouse da filla do gobernador desas terras Garderico, a fermosa Sabaxiana, a cal xa estaba prometida o gobernador das terras do val do Tea, Antróñico, o cal gobernaba dende o antigo castro de Tróñica (Troña).

Polo seu estatus de ser o máis nobre dos que se atopaba na Varda, seu gobernador Garderico mandoulle levar súa filla Sabaxiana ata Troña, para ser tomada por seu prometido Antróñico, isto partiulle o corazón a Mondrico, pero por súa nobreza decidiu aceptar a levala. 

No camiño fixeron noite na zona das Gándaricas de Budiño (Gándaras de Budiño), onde ambos uniron súas ialmas. Retornado o camiño a Troña seu amor fíxose real, e o chegar Mondrico cegamente namorado retou a Antróñico polo amor de Sabaxiana. Este indignado maldeciuno, pero como tiña condición de nobre tivo que aceptar seu reto, pero coas súas condicións. 

Segundo a lenda Mondrico tiña que derrotar dous dos seus máis feros guerreiros, e despois se sobrevivía a el nunha loita sen casco nin escudo, de conseguilo o millor tirador de fonda de Troña lanzaría unha pedra e a dúas distanzas máis lonxe do tiro podería asentarse con Sabaxiana. A loita foi feroz pero Mondrico conseguiu vencer a ambos guerreiros e despois o propio Antróñico, o cal coa súa espada na cabeza perdonou a vida pola súa nobre decisión de aceptar o reto.


Mondrico e Sabaxiana foronse dirección a pedra e chegaron a un lugar onde unha fonte clara de augas cristalinas, onde Mondrico bebeu e despois berrou cos brazos o ceo, "¡aquí neste sitio, quédanse Mondrico e Sabaxiana! ¡esta fonte deitará auga para min e para os meus! ¡estas son, dende agora, as miñas terras! ¡Terras de Mondrico!"

Mondrico asentouse o parecer na zona do Castromao, nos redores de Mondariz na estrada que vai do colexio a antiga Ponte de Cernadela. A seu asentamento achegaronse algúns guerreiros os cales levaron tamén súas familias creando un prospero núcleo de poboación.  Mondrico fecundou unha estirpe, a cal en tempos de San Martiño de Braga (Martiño de Dumio) por intervención directa deste converteuse o catolicismo. De Mondrico segundo conta Labaca surxíu este cantar popular nestas terras:
Esta é a terra dun home
que loitou por ser feliz
terra de Mondrico, O Bravo,
fundador de Mondariz.

Na foto lugar actual do Castromao.

Desta lenda de Mondrico e a fundación de Mondariz, e de destacar de forma interesante un aporte que engade Labaca, o cal di que nos anos vinte do século pasado escavando Pericot e Cuevillas na zona do Castromao de Mondariz atoparon a figura esculpida de Mondrico. Esta nun principio foi depositada no museo Etnográfico de Pías (Pías, Ponteareas), onde perdeuselle posteriormente a pista para logo ser topada na posesión dun boticario catalán coleccionista no ano 1954, morrendo este sen descendencia perdendose de novo súa pista. Agora sábese con certeza segundo Labaca, que se atopa nunha colección privada dun acaudalado americano en Sausalito, San Francisco (EE.UU), unha magoa pero isto por desgraza non e estrano co noso patrimonio galaico.

Pero o curioso, e que a figura de Mondrico serviu de modelo pola mala información ou documentación de algunha persoa, a cal pensou que era celta e non de estética xermana como modelo ilustrado dos paquetes de tabacos Celtas, antiga marca de Tabacalera S.A. Non e fascinante a onde chegou Mondrico!


No hay comentarios:

Publicar un comentario