martes, 14 de enero de 2014

Un cambio da forma de vida, cultura castrexa no V a.C, I parte

Situándonos nunha liña cronolóxica entre a idade de Bronce final e o inicio da idade do Ferro galaica, entre o cambio da vida en poboados simples o ar libre a expansión e progresión da cultura castrexa en poboados fortificados e alterados artificialmente do entorno natural. Posiblemente ese asentamento máis forte a un lugar fixo teña relación cun crecemento dunha agricultura máis intensiva en terras máis profundas, deixando nun segundo plano a recolección.

 Pode ser que preto deste período, cunha crise global na Europa de falta de recursos para a metalurxia apareza unha etapa de intranquilidade e escaseza, polo que o saqueo convertese nunha vía de riqueza e facilidade nos malos tempos. No caso galaico, xa antes do V a.C que e cando se expande a cultura castrexa, temos asentamentos fortificados característicos desta cultura. Puido ser que nestas terras xa existise a necesidade nalgúns casos como castros costeiros que practicaban comerzo con ricas culturas distantes de fortificarse para protexer esa riqueza, ou tamén pode que sexa o inicio dunha sociedade guerreira vinculada o estatus do guerreiro, neste caso temos premisas de que puido ter que ver non só con riquezas materiais senón tamén co gando, polo que romarías ancestrais que chegan os nosos días como o rapto do gando na “rapa das bestas” puido ter un orixe neste período. Pouco a pouco iremos analizando por partes este período para poder facer un pequeno estudo que nos acerque a como puido ser esta época de cambio.


Castros anteriores o século V a.c ou que comezan seu inicio nese século.

Pero xa antes do século V a.C comeza no territorio galaico a forma de hábitat en recintos ou asentamentos fortificados do exterior, alterando o terreo de forma artificial con foxos ou terrapléns de terra para unha millor defensa. E máis, consta destacar que algúns importantes asentamentos con estas características chegan a este período xa abandoados ou deshabitados.

Son os casos por exemplo de asentamentos moi antigos como Terroso (Mos) que data como inicio no século VIII a.C e polo final VII a.C xa estaba abandoado, pese ser avanzado para época con muros e vivendas en pedra, destaca a aparición dunha fouce xa de ferro e non de bronce. Outro caso parecido ocorre co castro de Penalba (Campo Lameiro) o cal data do século VII a.C e chega a este período xa deshabitado. Pero un dos casos máis descoñecidos e tapados que presenta unha importanza de primeiro orde sería o caso do xa desaparecido castro da Punta dos Muros, na A Coruña. Este antigo asentamento xa desapareceu para sempre baixo as obras do Porto Exterior da Coruña, pasando a ser só un recordo do que puido ser un dos primeiros castros coñecidos e  avanzados da Europa Atlántica.                                                                                      
Este castro que se atopaba nunha península datou cunha fecha de inicio no século IX a.C, tendo seu maior auxe no VIII o VII a.C. Estaba totalmente construído en pedra cunhas vivendas alongadas adaptadas o entorno natural e con algo peculiar, non había practicamente restos de comercio pese ser costeiro, nin de agricultura ou outras actividades económicas, só unha, a metalurxia do bronce. Súa función pode ser que fora esa, un asentamento excepcional para seu tempo cunha autentica industria e actividade  da metalurxia do bronce no seu interior, tal vez estamos falando dun pobo guerreiro? Pola súa situación, datación e carácter puido ser esta a patria do enigmático Breogán?

Vista aérea do que era o antigo asentamento fortificado da Punta dos Muros.

Por outra banda, hai outra serie de poboados antigos que non só pasan o V a.C, senón que medran seu desenvolvemento e ata algúns chegan a pasar a etapa da conquista romana. Destacar entre os máis antigos que chegan a este período o castro costeiro do Neixón Pequeno (Boiro), o cal ten un inicio entorno o VIII a.C con restos dun importante comerzo púnico e fenicio. Moi similar ocorre co castro da Lanzada, o cal data cun inicio tamén do século VIII a.C e tamén cun importantísimo comerzo cos púnicos e fenicios, chegando a posuír no seu interior unha autentica factoría comercial nunha estrutura de gran tamaño similar a unha vivenda que se desterrou no seu interior.

Outros castros costeiros similares que van aparecendo na paisaxe galaica, moi vinculados o comerzo con pobos estranxeiros son o de Punta do Muíño de Vento ou illa Toralla en Vigo, o de Âncora en Portugal ou Taramancos en Noia. Estes castros tal vez tenden a fortificarse precozmente a comparación dos de interior pola necesidade de protexer e defender eses bens comerciais ante ameazas exteriores, tanto de terra (indíxenas) como de mar (foráneas).


Vivenda do castro da Punta do Muíño de Vento, que se atopa agora no interior da casa do mar de Vigo.

Outros castros igualmente antigos pero que parecen depender doutros factores similares para seu asentamento son os do sur do territorio galaico, o que hoxe ben sendo o norte de Portugal. Neste caso temos castros moi antigos como Roriz (Barcelos) ou Penices (Braga) que poden datar nun inicio entorno o X-IX a.C pero cun hábitat máis de val.  A diferenza que as augas tranquilas das Rías Baixas, estes poboadores buscan o val con vías fluviais para asentarse ante as bravas augas abertas do Atlántico, así podemos destacar os vales do río Cabe e Ave nun  primeiro plano, e logo os do Miño, Limia e Douro.

Estes castros teñen un desenvolvemento agrícola seguramente maior, o que fai un incremento demográfico facendo que nos séculos VII e VI a.C aparezan nesta franxa sur entre o Miño e o Douro muitisimos novos asentamentos fortificados, como Coussorado (Paredes de Coura), Terroso (Povoa de Barzím) ou Santa Luzia (Viana do Castelo) os cales presentan un tamaño considerable e un nivel de urbanización maior.

Vivendas reconstruídas na cividade de Coussorado.  

Por último para rematar esta pequena introdución con outra serie de asentamentos que aparecen cun inicio de fortificación esparcidos polo interior do territorio galaico, sobre todo en vales non distantes da franxa costeira e cunha maior tendencia a zona sur. Son os casos de Troña (Ponteareas), A Graña (Toques), Castromao (Celanova) ou Borneiro (Cabana de Bergantiños) que datan cun inicia anterior o século VI a.C. 

Posiblemente estes novos poboados colleran exemplo dos costeiros nalgúns casos, noutros tal vez por estatus sobre outros poboados do entorno e gardar riquezas no seu interior, ou simplemente por inseguridade ou carácter máis guerreiro dos seus poboadores. A maioría neste caso sobrepasarian a barreira do século V a.C e mesmo este tipo de hábitat, sobre todo en zonas estratéxicas en vales fluviais aumentaría e expandiríase por case todos os vales do territorio galaico dende unha franxa costeira cun maior auxe no sur cara terras interiores e do norte.. Algún importantes puideron comezar a súa actividade neste período  como Seceda (Cualedro) ou Monte do Castro de Vigo e o de Ribadumia.

Este pequeno estudo son unha hipótese e a nivel persoal.
Jhonathan Zúñiga Puga



No hay comentarios:

Publicar un comentario