Ponteareas, primeiro concello libre de herbicidas
Aposta por métodos mecánicos ou biolóxicos non contaminantes nos espazos públicos e promocionará cursos formativos sobre agricultura ecoloxica.
Ponteareas será o primeiro concello galego en estar libre de herbicidas, cando menos, nos espazos públicos. Así o aprobou por unanimidade o pleno municipal que aposta polo uso de métodos mecánicos ou biolóxicos non contaminantes e sen dano para a saúde e o medio ambiente.
Todos os grupos do concello tamén acordaron a promoción de cursos formativos sobre agricultura ecolóxica e libre de químicos nas parroquias para favorecer a sustentabilidade e a saúde da cidadanía de Ponteareas, así como o mantemento da calidade da auga.
Contaminación de augas
No plento tamén se debatiu a preocupación dos veciños da parroquia de Ribadetea en relación coa posible contaminación das augas para consumo humano pola aplicación de herbicidas.
A este respecto, acordouse por unanimidade que se garantirá a saúde dos veciños solicitando á entidade que pretende realizar a aplicación de herbicidas en puntos de captación de augas veciñais métodos de control alternativos e non químicos.
A prohibición, realizada por iniciativa do Grupo Ecoloxista Adenco, foi trasladada a todos os colectivos e entidades políticas, sociais e veciñais do concello ademais da outros organismos como a Deputación de Pontevedra, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Insfraestructuras e o Ministerio de Fomento por ostentar competencias na conservación de espazos onde se aplican tratamentos con herbicidas.
O grupo ecoloxista considerou estes acordos como "moi positivos" aínda que anunciou que esixirán o cumprimento das prohibicións e acordos animando aos veciños a denunciar calquera actuación de vaia en contra do pactado.
A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.
FONTE: Galicia confidendcial
No hay comentarios:
Publicar un comentario