Situámonos a máis de 500 metros de altura na cima do
monte Pedraquetiña, que ten a súa cota máis alta pertencente a parroquia de
Toutón no concello de Mondariz, pero nesta máxica montaña sobre o val do Tea e seu
afluente río Borbén tamén lindan as parroquias de Borbén pertencente o concello
de Pazos de Borbén, e Parades pertencente o de Ponteareas.
É a escasos metros da cima onde se atopa este peculiar e incrible
monumento patrimonial moi marxinado a día de hoxe, tratase do “Penedo da Campá
ou Campana”. Veciños da zona contan, que no alto da Pedraquetiña
existe unha pedra, que antigamente se a batías cun pau, soa como unha campá
dunha igrexa.
Seguindo esta pista, chegamos a famosa pedra, a cal
quedou moi danada por traballos de cantería e unha escavadora fai uns anos. Mesmo
así, tivemos o pracer en situ como se pode ver no vídeo, de probar esa son con
forma de eco que soa se bates nela nuns buratos que ten na parte de abaixo. Ese
buratos ou orificios, furan de forma artificial o penedo no centro, e dicir
foron feitos a posta para que esta pedra, situada estratexicamente a máis de
500 metros sobre o val do Tea e Borbén, soara como unha campa.
Pouco se sabe do orixe e poucos coñecen a día de hoxe
esta pedra, pero topamos cunha importante pista no folclore e ledas da zona,
onde o parecer no alto do monte Pedraquetiña habitaba nos “tempos dos mouros”
unha fermosa moura. A lenda desta moura e moi común a doutras partes da Galiza,
pois os mozos tentaban subir o monte para vela e namorar a esta bela rapaza,
que vivía no alto “nunha pedra”, que era o único que tiña, de hai o nome do
monte “Pedraquetiña”.
Como noutros monumentos patrimoniais moi similares como “o
Catabún” en Budiño (Porriño), ou o “Penedo da Campá” de Troáns (Cuntis), tamén
nos falan as lendas de mouros, polo que é moi posible que os habitantes dos
antigos castros dos redores (Toutón, Xunqueiras..) traballasen e utilizasen
este tipo de pedras para comunicarse, alertar ou avisar. A isto hai que
sumarlle o lugar estratéxico no que atopase, no cauce medio do val do Tea e do
val do río Borbén.
Vista do penedo o val do río Borbén.
En canto o estado de conservación deixa muito que
desexar, aparte de atoparse marxinado e se valor total na actualidade. O penedo
en si fáltalle un anaco, no cal aínda se pode ver a marca dun barreno de
canteiro que o rompeu. Por se fora pouco, fai una anos unha escavadora o desprazou
e volcou do seu lugar orixinario, que era xusto debaixo asentado sobre unhas
pedras de base postas artificialmente. En ambas dúas accións agresivas contra
el, a ninguén practicamente importoulle nin ninguén protestou.
Marca de barreno de canteiro no penedo.
Lugar onde posiblemente estivese orixinalmente situado o penedo.
Tamén destacar que ten na súa superficie un petróglifo actual
relixioso, que ten tallado no penedo unha cruz latina de gran tamaño coas
letras en maiúsculas MT e PV, xunto coa fecha (seguramente de cando o gravaron
na pedra) 1928. Este resto, e unha forma de “cristianizar” o que era dos pagáns
mouros.
FICHA TÉCNICA
Tipo de ben: Monumento indefinido
Lugar: Monte Monte Pedraquetiña (Toutón-Mondariz)
Cronoloxía: Descoñecida (Idade de Ferro-Bronce??)
Propiedade: Privada (Mancomún)
Catalogado pola xunta: Non
Estado de conservación: Malo, moi danado e sen protexer.
Conserva tradición oral: Si
No hay comentarios:
Publicar un comentario