O castro da Croa atopase na parroquia de Ribadetea no lugar da Croa, no barrio da Barxela. Este asentamento fortificado característico da Idade de Ferro e un dos xacementos arqueolóxicos máis notable e destacable do concello de Ponteareas. Atopase na ribeira dunha curva do Río Tea, erguéndose nun poderoso outeiro parapetado coa superficie chán na súa cima cuns 40 metros de altitude.
Pero o que máis destaca deste asentamento e seu característico sistema de defensas entorno este outeiro basado nunha serie de parapetose e foxos que alteran o entorno. Este singular sistema defensivo o redor do outeiro o fan del un destacado castro a nivel galego dentro dos castros desas características.
Vista a algúns dos parapetos e foxos do recinto.Pero o que máis destaca deste asentamento e seu característico sistema de defensas entorno este outeiro basado nunha serie de parapetose e foxos que alteran o entorno. Este singular sistema defensivo o redor do outeiro o fan del un destacado castro a nivel galego dentro dos castros desas características.
Este espectacular complexo de liñas defensivas chegan a case uns 300 metros do outeiro fortificado, o cal seria o recinto habitacional do poboado. Na parte noroeste do poboado pódense contar ata 13 parapetos sucedidos, aínda que algúns se atopen deteriorados polas pistas forestáis e repoboamentos. No extremo sureste distinguense 12 contando un deles con máis de 90 metros de lonxitude, mentres que outros non pasan dos 15 metros. Pero os máis impresionantes atopanse na cara sur, onde atopanse unha serie de parapetos e foxos esaxerados contando un deles con 125 metros de lonxitude e chegando na súa cima a anchuras de 20 metros.
Recinto central parapetado en forma de meseta circular.En canto o outeiro principal, e unha especie de meseta circular parapetada por unhas impresionantes alturas cunha media dos 10 metros, chegando en casos a 12 metros. A súa cima e totalmente chán, e baixo ela atoparianse aterradas as antigas vivendas dos poboadores deste castro. Decir que o contraste da zona habitacional coa desproporción da extensión das liñas defensivas e brutal. De acceso o outeiro conservase unha rampa que posiblemente sexa a orixinal da época pola parte sur. Tamén pola cara norte cara o río pódense apreciar rebaixes dos parapetos, polo que seguramente orixinalmente o poboado tendría outra saida cara o río, a día de hoxe moi deteriorada e cuberta pola vexetación.
Rampa de acceso o outeiro parapetado, onde era a zona habitacional.
Este asentamento esta moi traballado pola man do home, e polas súas características tratase dun castro mineiro, e decir vinculado a extracción de recursos primarios, os cales serian auríferos do cauce do Río Tea. Súa cronoloxía, aínda que o asentamento esta moi pouco estudado correspondería o periodo romano, e decir despois da conquista romana entre os séculos I d.C o V d.C, e correspondería a unha serie de asentamentos mineiros da conca media do Tea, que persoalmente poderianse datar de media entorno o século III d.C o IV d.C. Esta característica de ser un poboado mineiro tendría lóxica vendo seu peculiar sistema defensivo, pois dentro gardariase os recursos extraídos das minas cercanas.
Restos petreos nun parapeto na ribeira do Tea na cara norte.
Restos petreos dun muro aterrado na cima do outeiro parapetado.
Moi importante tamén sinalar que a escasos metros do poboado se atopa a mina aurífera da Croa, a cal claramente estaría vinculada coa actividade do poboado, nalgunhas zonas as estructuras están moi preto, polo que tampouco sería descabelado vendo a dirección dalgúns canles de auga da mina cara os parapetos, que algúns destes poidesen ser inundados coa intención tal vez dunha millor defensa ou outros fins. Destacable tamén nos redores do poboado na ribeira do Tea, xusto na parte máis inminente o outeiro parapetado pódense ver na ribeira do río unha especie de poza, esta situase na curva do cauce pero parece alterada cara a orilla. Ten unha profundidade notable a comparación do cauce normal e súas augas son moi escuras, facendo nestas un remuiño que da voltas de seguido. A poza e moi famosa en Ribadetea como o “Remuiño da Croa”, pois ali dicese que se te metes non saes pois te tragan as augas pola corrente en forma de remuiño. Posiblemente esta poza poidese ser un posible embarcadeiro do castro, pois e moi posible que subisen dende a mina o castro os recursos en barcas ou mesmo sairan do poboado vía fluvial.
Remuiño da Croa, posible embarcadeiro na ribeira inminente o poboado.
Añadir importantemente que nos últimos anos este espectacular poboado veuse afectado gravemente seu recinto protexido pola man humana, facendo no interior deste desterros (para quitar xabre) e pistas forestais danando seriamente algúns parapetos, asi como reenchendo parte do recinto con outros tipos de terras.
En canto o folclore e lendas a zona e bastante rica, chegando lendas a día de hoxe como a do remuiño da croa, que nos di; “Ali baixo as augas do río era onde os moros (mouros) escondia o ouro e tesouros que roubaban para logo ir buscalos e levalos…”.
Desterre feito no xacemento arqueolóxico que danou varios parapetos asi como o entorno.Para chegar e moi fácil, pois situados na carretera PO-2703 que une Ponteareas con Pazos de Borben, a altura da parroquia de Ribadetea, pasados a igraxa parroquial a uns 200 metros coller un ramal a dereita na que esta sinalizado o campo de futbol, dende este seguindo dirección o campo de futbol collendo sempre a dereita chegamos a este. A partires de este voltar coller nun cruce a dereita e seguindo uns 150 unha pista asfaltada estreita, no medio dunha curva coller a segunda pista forestal de terra a cal logo combertida nun camiño, a uns 50 metros nos dara co poboado. Decir que se atopa moi preto da praia fluvial da Croa.
FICHA TÉCNICA
LUGAR: Lugar da A Croa, A Barxela, Ribadetea
ALTIDUDE: 40 metros
COORDENADAS: LONX: 80º 31´04” LAT: 42º 12´25”
TIPOLOXÍA: Asentamento fortificado (Castro)
DATACIÓN: Idade de Ferro – Romano
CLASIFICACIÓN DO SOLO: Solo rústico de protección do patrimonio
PROPIEDADE: Privada (varios donos) e privada mancomún
No hay comentarios:
Publicar un comentario